
Dende hai anos temos "adoptado" un carballo que está perto da escola, no linde de varias veigas. Era un carballo pequeno que saía entre as silveiras e nestes anos converteuse nunha fermosa árbore. Chamámoslle "O NOSO CARBALLO", e visitámolo regularmente. Polo outono para recoller landras e ver como amarillean as súas follas, no inverno para ir observando as polas núas, e na primavera para ver como as novas foliñas da cor do ouro van sáindo dos gromos ata ir cubrindo todas as polas.
Este ano, o noso carballo segue empeñado en conservar todas as súas follas dunha cor verde rabiosa, e deci

dimos "documentar" as visitas con fotografías e cun pequeno diario.
Visitamos o "Noso carballo" unha vez ao mes, e fixamonos
- na arbore
- no que hai debaixo da árbore.
É a segunda visita que lle facemos, e debaixo do carballo as chuvias do outono tíñannos preparada unha sorpresa:
Por entre as landras e as follas secas asomaban unhas froriñas de cor morada,
cólquicos- azafrán salvaxe-, e unha chea de cogumelos.
Saray e Mateo, que son moi observadores, explicáronnos como se relacionaban u

ns e outros:
- Este cogumelo é moi amigo desta flor. Por iso están xuntos. E estes dous están enfadados. O cogumelo mira para outra parte- dicía Saray.
- Pois todos estes cogumelos- uns que nacían apiñados sobre a madeira apodrecida- son irmáns e están xogando ás peleas- explicounos Mateo.
Jose pensaba que todos, cogomelos, landras e flores estaban xogando debaixo do carballo, que era a súa nai. Elena dicía que o carballo era o pai, non a nai..... e así seguiron.
Ao chegar á escola propúxenlles buscar no libro de plantas o cólquico e mirar as fotos dos cogumelos, pero unha vez máis eles tiñan unha proposta mellor.
- Iso o facemos mañán profe, que onte dixeches que nos ías ensinar unha foto dunha toupeira e aínda non a buscamos no "jujel"- dixo Saray- E si queres eu lle aprendo aos "pequenos" a escribir TOUPEIRA.

Está chupado. É igualiño que TOMATE.
- ¿Igualiño?- saltou Elena- ¡ja! tomate NON ten A.
Estaba claro o que HABIA que facer: adicar o tempo que nos quedaba ás toupeiras. Así o fixemos.
E cando recollíamos para marchar para casa Kike fixo este comentario:
- Uf, que ben o pasei hoxe!Xa sei que os cogumelos teñen PÉ e SOMBREIRO!
¿HAI QUEN ENTENDA A ESTES NENOS?