sábado, 21 de noviembre de 2009

HORA DE LER E HORA DE ESCRIBIR

Todos os días ao entrar do recreo temos a hora de ler, bueno, os dez minutos de ler,ou facer que len, caladiñ@s e soíñ@s, o que cadaquen escolleu.

Agora ademáis, cando remata a "hora de ler" comenza a "HORA DE ESCRIBIR", pero escribir no ordenador e na Biblioteca, que é onde están.
Non sei canto lles durará pero ten moito máis éxito que a de ler.

¿Como facemos?

Están organizad@s por parellas. Cada parella ten un ordenador fixo e un arquivo onde garda a súa "obra", e durante quince minutos escriben libremente.
Están aprendendo "a toda máquina" a usar o teclado: enter, borrar, ata cambiar de fonte....!

¿Que escriben?¡MARAVILLAS!

Unha parella leva días "escribindo" sumas: 2+3, 5+2....e xa anda dicindo que pasa co "igual", outra escribe palabras curtas e longas tipo: KOL e EOEIUAJADKDKAIY, algunha anda "escribindo un conto"....

Infinitas variacións de ESCRIBIR ata chegar ás dúas pequeniñas que polo de agora andan con LLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLL, e non dan levantado o dedo para cambiar de letra.

Cando anuncio que rematou o tempo sempre se escoita: "un pouquiño máis....!!, pero non negocio. Gardan, pechan o seu ordenador e á aula.
E como estamos na Biblioteca, teñen que falar moi, moi baixiño.

Entre unha cousa e outra non pasa de media hora desde que entramos do recreo.

¿Aínda hai alguén que pensa que traballar nunha Unitaria é unha mágoa?

2 comentarios:

Bibliocervo dijo...

Non!!! Eu penso que é unha chulada!! Eu gardo moi bo recordo dun curso que estiven nunha unitaria con 24 nen@s de 4,5,6 e 7 anos de idade todos xuntos e sen fotocopiadora nen medios audiovisuais. Noraboa polo teu traballo!

olga dijo...

O de que teñan dentro da aula un ordenador para cada 2 e...¡ciencia.ficción! nun cole coma o noso que, todo hai que dicilo, figura entre os ben dotados.
Noraboa por eses escirtores/as noveis!