Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Sabela e as zocas máxicas

Seguindo cos libros de ciencias en galego para pequenos, que aínda que poucos, hainos e moi bos, aquí temos unha magnífica proposta de agasallo de Nadal:

"Sabela e as zocas máxicas", que tamén podemos atopar na biblioteca.
Está publicado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro dos recursos didácticos para educación infantil do Proxecto Terra:

"Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos."


lunes, 1 de diciembre de 2014

As marcas dos animais

Nunha eira tan seca como a de "libros de ciencia" en galego para os máis pequenos , a editorial Baía ven de publicar un libro que non pode faltar nas nosas biliotecas, e que é un bo agasallo de Nadal para nenos e nenas:

"As marcas dos animais", con texto de Geneviève Caramel e ilustracións de Graziella Antonini, e  de seguro que aos maiores tamén lles interesará porque:

. Sabes quen é o mais rápido dos insectos?
Sabes cal é o animal mais lento?, e o máis rápido?....


lunes, 17 de noviembre de 2014

Xaime e as landras

"Xaime e as landras",Tim Bowley e Inés Vilpi, editado por Kalandraka , vai ser o noso proxecto de traballo, porque nós como Xaime imos plantar landras, e os carballos que agromen delas plantarémolos no baldío.

Escollimos este conto da biblioteca e mais "O carballo" de Calros Silvar, editado en Baía





Xa temos as landras recolectadas do carballo de Isabel, a nosa veciña. Un carballo ENORME e moi san , na beira do camiño que vai á escola e que enche o chan de landras .


viernes, 17 de octubre de 2014

Números nos contos

Levamos uns días "investigando" na biblioteca buscando libros que nos permitan contar: 1,2,3,4...., primeiro, segundo...., ou que no seu título apareza un número.
Hai moitos, así que preparamos unha pequena exposición con eles e fixemos unha lista cos libros que máis nos gustan.
Fixemos grandes cartaces cos números e pasamos moito tempo a xogar con eles e ordenanando os libros polo número do título.
Como non se me ocurríu antes?



martes, 16 de septiembre de 2014

1,2,3

Sabes que hai moitos contos que teñen un número no título?
Pois si.
Fixemos unha viaxe pola biblioteca e descubrimos unha morea de contos cun número no título,
pero de todos os números o que máis lle gusta aos autores e o número.....

3 TRES 3


e seguro que quedarón algúns máis.

De entre todos,  escollimos "Os tres osos", e con el imos comenzar a traballar.

Para facer ganas , despois de lelo vimos o video:

miércoles, 5 de febrero de 2014

China: libros de infantil na biblioteca.

 Están á túa disposición na Biblioteca:

Os sete irmáns chineses. Rodolfo Castro. Editorial OQO

Os sete irmáns chineses  eran seis, ou eran cinco, vivían preto do mar e ninguén os podia distinguir porque eran todos iguais. Para non confundirse, súa nai chamáballe Li a todos, pero cada un era diferente.



Lian. de Chea Jian-Hong. Editorial Corimbo.

Lo é un pescador que un día axuda a unha velliña a cruzar un río, ela, regálalle unhas sementes da boa sorte. Das sementes naces lotos, e entre os seus pétalos está Lian, unha cativa con poderes. Estes poderes poñerana en perigro e Lo deberá rescatala.




.

Yo, Ming, de Clotilde Bernos. Editorial Kókinos.

O avó Ming  podía haber nacido Emperador e vivir rodeado de criados e riquezas, pero menos mal que non foi así, porque a el gúastalle vivir na súa aldea. falar co seu amigo Liam e sobre todo, levar á escola todas as mañáns á súa neta Nam.









Un jarrón de la China. Begoña Ibarrola. Editorial SM
Perteñecía a un pobre labrego e levaba na sua familia moitos, moitos anos, pero un día tivo que vendelo a un comenrciane para poder comprar comida.





La reina Trotamundos en China.Montse Ganges. Editorial Combel.

A raíña Trotamundos cóntanos a súa viaxe por China co seu cabalo viaxeiro.



China, grandes secretos para pequenos viajeros.  Scott Forbes. Editorial Loney Planet.

Este libro os nenas e nenos de infantil téñeno que "ler acompañados", pero...
.....sabías que en Pekín hai moitísima calor non verán e un emperador, hai uns catrocentos anos tivo a 10.000 traballadores durante 14 anos cavando para cosntruir un lago artificvias e así "refrescarse"?








lunes, 3 de febrero de 2014

Chu e An

Como no conto de Rodari  "Un e sete" - si, aínda seguimos con el- só había nenos, eu decidira "adaptalo" e así apareceu en París unha nena : Adele, e en Nova Iorque outra, Emily. Tamén  fixen que algúns dos pais se convertisen en nais para que o "cadro" quedara máis completo.

A pesares diso, cando chegamos a CHU, que vivía en Shanghai, unha das primeiras preguntas foi:

-É neno ou nena?
 Eu propuxen que decidiran eles, e comenzou a discusión.
- Pois eu digo que é neno- Marcos-
- Debe ser nena, porque hai moi poucas, só dúas- Samara-
-É verdade- Saul- ten que ser nena.

E foi nena.

Eu quero pensar que a Rodari lle parecería ben a "miga" que pode ter o seu conto.

E agora estamos a buscar nomes chinos de nena e neno e a coñecer un pouquiño de Shanghai .

De entre todos os nomes , escollimos  AN, que significa PAZ 





martes, 26 de noviembre de 2013

Novidades Outono

Estamos a piques de desmontar a exposición  NOVIDADES DE OUTONO que servíu  para achegarnos aos novos libros da biblioteca.


De entre todos , recomendamos estas "novidades"


"A historia dos bonobos con lentes",  de Adela Turín e Nella Bosnia, tiñámolo en castelán e agora temos a oportunidade de lelo en galego gracias á editorial  Kalandraka




Polo difícil que é atopar libros informativos en galego para os máis pequenos, recomendamos a colección  O MEU  MUNDO da  Editorial Monterrey  : "O olfato"   "O oído" "O tacto"   "A vista"





De Patasdepeixe Editora, "O libro dos opostos" , cheo de lapelas para levantar e pestanas para turrar delas.



Debuxar con...Joan Miró", da editorial Gallimard Jenesse, un libro para xogar mentras se aprende a debuxar como Miró.



"La librería ambulante", de Christopher Morley, en editorial Periférica, un libro para ler "as maiores" cun sorriso na boca







miércoles, 3 de abril de 2013

Día Internacional do Libro Infantil

Como hoxe a Biblioteca estaba de celabración- o 2 de Abril é o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- fíxémoslle un agasallo:

Unha caixa chea de LIBROS  SORPRENDENTES,  e de entre eles dous moi especiais, pois están cheos de posibilidades:

"ANIMALARIO", de Angeles Navarro en Editorial Combel. un libro para ler, para buscar, para pensar e para xogar, que ademáis inclúe un xogo de memoria e outro para inventar animais fantásticos:




e un libro novo de Hervé Tullet: "Juego de la escultura", en editorial Phaidón., que como todos os libros de este autor é sorprendentiiiisimo: podémolo converter nunha escultura:



Xa vos seguiremos contando.

viernes, 15 de febrero de 2013

Seis barbudos

No mes de xaneiro traballamos ao redor do libro "Seis barbudos" , un precioso conto de OQO que serve para decatarnos de que guiarnos polas apariencias só nos  leva  a equivocarnos coas personas.
O conto gustounos tanto que fixemos un conto novo.
Ademáis  serviunos tamén  para aprender a escirbir  unha morea de palabras novas:
BARBUDOS
ATA LOGO!
PAN
TENDA
CHOURIZO
PALLASOS
GLOBO
CONTO.....
xogar aos oficios e as tendas,  e contar para arriba e para abaixo quitando unha.

De remate coas fichas traballadas en Unitaria de Vide elaboramos un conto novo para levar para casa e lerllo á nosa familia.
Quedounos la mar ben.

miércoles, 30 de enero de 2013

Vicentiño e as árbores da paz

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o día da paz, e nós , aínda que un pouco fora de tempo, plantamos as landras nas botas para que na primavera crezan nelas uns fermosos árbores da paz.
Xogamos a darnos moiiiiitos bicos e apretas, limos o conto "O carballo con botas" e coñecimos a historia

dun paxaro, Vicentiño, que descubríu que nas polas dos carballos aniñaba unha palara: PAZ.
Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas from PAI Música on Vimeo.


lunes, 10 de diciembre de 2012

Contos do camiño

Coa faltiña que nos facía ter películas e contos en galego en DVD para os nosos nenos e nenas!, xa temos para agasallalos neste nadal :

"Os contos do camiño"

Unha carpeta con 3 DVD que OQO filmes ven de poñer no mercado e xa temos na Bilbioteca.

Nove relatos tradicionais e contemporáneos do catálogode OQO pero esta vez en soporte audiovisual:

- Pedra, Pau e Palla.
- Rato Tom e Rata Tomasa.
- Un gato na árbore.
- A pota que trota.
- A tartaruga que quería durmir.
- Corre corre, cabaciña.
- A bruxa regañadentes.
- A cousa que máis doe do mundo.
- A grande viaxe.





miércoles, 5 de diciembre de 2012

Adela Turín

Como veñen de publicarse POR FIIIN!! en galego dous librosde Adela Turín e Nella Bosnia: , na editorial Kalandraka:


podemos aproveitar para facer un fermoso agasallo de Reis a todas as Margaridas e Clementinas que sairán do "recinto reservado" a descubrir o mundo, acariñalo, aprecialo e cambialo.

domingo, 2 de diciembre de 2012

No soy perfecta

Á nosa Biblioteca comenzaron a chegar unha chea de libros MARABILLOSOS!!!, algúns deles volos imos ir presentando para que os teñades en conta na carta dos Reis:

Este é un deles, adicado

"Aos cativos e adultos que deixaron de buscar un mundo perfecto" porque "as transformacións perfectas non se poden desfacer" e saben que "a perfección ten un grave defecto: adoita ser aburrida"

"No soy perfecta", autor e ilustrador: Jimmy Liao, editorial Bárbara Fiore.



martes, 20 de noviembre de 2012

El Monstruo

Un marabilloso libro que trata a violencia de xénero dende outra mirada, a dos fillos testigos dela:
 "El Monstruo" de Daniel Martín e ilustrado por Ramón Trigo, que está publicado na Editorial Lóguez.

Este é un avance do libro en ISSU




Adaptación do conto en video elaborado polo  alumnado de Secundaria do Ceip Virgen de Luna




 Monólogo baseado no  conto do Colectivo Légolas que gañou o primeiro premio do concurso "Sal a escena contra la discriminación"





martes, 6 de noviembre de 2012

A Nosa Terra

Á magoa  que sentimos ao saber que a Editorial A Nosa Terra pechaba, xuntouse comprobar que chegaramos tarde á procura dos libros que se "liquidaban". O xuiz encargado do proceso concursal precintou  os milleiros de libros do almacén de Redondela antes de poder ser atendido o noso pedido- señor xuiz, que vai facer con eses libros?-
Adios aos Bolechas, adios aos Contos do Míño, adios á Rata Luísa.... liquidouse , eliminouse, crebou, reventou, escachou......
Pero chamou Rocío, de LER E PUNTO, a pequena librería/ kiosko -e algo máis- que ven de abrirse en As Neves:
-Chegou o meu pedido!- dixo.
Correndo  fomos onda ela e trouxemos para a nosa Biblioteca os títulos que non tiñamos- en nada serán libros de culto, rarezas, libros extraordinarios....!-
O derradeiro día de Octubro, o mes das Bibliotecas escolares, fixemos unha exposición con todos eles- con caveiras para espantar meigallos .
Unha exposición homenaxe a unha editorial galega que xa non está, pero que non estamos dispostos a esquecer.

viernes, 26 de octubre de 2012

O vello e a margarida

O mes de Octubro é o mes das Bibliotecas escolares, e nós queremos agasallar á nosa con este conto de vellos e flores, de bibliotecas e bibliotecarias, de buscar e atopar. Ë unha adaptación en galego do conto "El viejo y la margarita", escrito por Roberto Aliaga e ilustrado por Burudi, que se publicou na Editorial Narval, lamentablemente, só en castelán.


viernes, 4 de mayo de 2012

A casa máis grande do mundo

Antón escolleu o libro: "A casa máis grande do mundo" de Leo Lionni. Editorial Kalandraka.

Contounos o conto dun caracol pequeniño que construíu unha casa tan grande que xa non se podía mover para buscar comida.
E falamos de animais e de casas, de tartarugas e caracois.... de grandes e pequenos....
Cantamos:
Caracol, col, col, pon os cornos ao sol.....
Debuxamos mooooitas espirais como a casa do caracol e escribimos
CARACOL
CASA e
ANTÓN
Buscamos no OPAC da nosa biblioteca os libros que falaban de caracois, e decateime- unha veza máis- que tiña que refacer o apartado MATERIA, pois non aparecían algúns dos libros que sabía que estaban, pero fomos ata a Biblio a procurar neles e alí Soraya descubríu un libro de CASAS no andel de "Libros sorprendentes " que engaiolou a todos:
"Casas del mundo" de Clementine Sourdais, Editorial SM.

E logo de traballar tanto vímolo video "O circo dos Caracois", que lles deu unha chea de" ideas"


viernes, 27 de abril de 2012

Cocorico

Marcos escolleu Cocorico, o conto de Marisa Núñez en editorial OQO, que ano tras ano ven sendo un dos preferidos de todos os nenos e nenas de Vide.
Limos o conto, escoitamos a canción de Almudena Janeiro, vimos o video, pintamos a Cocorico , a súa nai, ao malvado Gato Pelado, xogamos un xogo de galiñas e só nos faltou comernos un bizcoito.

Si premes AQUÍ poderás xogar tamén  a recoller ovos.
E AQUÍ xogarás a buscar o camiño da galiña




Tamén aprendimos unha cantiga de pitiños:
"O galo canta
a galiña chora
polos pitiños 
que durmen fora."
Logo grabámola- quedou moi, moi ben- e para rematar Marcos contounos a súa versión do conto, e cada vez que nomeaba ao Gato Pelado dicía:
- que era malo, malo, malo!.

Aquí queda a voz dos "artistas":





miércoles, 25 de abril de 2012

Lucía e os seus amigos

O conto de Noa foi:
 "Lucía e os seus amigos" de  Sandra Desmazières en Editorial Zendrera Zariquiey.

Esta vez os amigos e amigas que Lucía invitou ao seu cumpreanos, foron os nenos e nenas da clase. Cada un escolleu de entre os farrapos que tiñamos aquel que tiña a súa cor preferida.
Bueno todos menos Samara, que cando se decatou que a única cor que quedaba era a negra enfadouse. Ela quería a cor rosa, como Noa, pero Noa dixo que nanai e a Samara non lle quedou máis que conformarse.
A que disfrutou do lindo foi Noa, tanto, que decidíu cambiarlle o título ao conto. 
Agora o conto vaise titular:

"Noa e os seus amigos e amigas" e así volvimos a montar o conto: