
Yaci é unha nena que vive na selva do Brasil. Ten unha moneca que ela mesma fixo cunha mazaroca de millo.
Un día agachouna na area e cando volveu a por ela non a atopou.
O que si había, era unha plantiña. ¿que pasaría?
Pasou que nacera millo.
O conto, que parece que se fixera a propósito para nós, témolo na Biblioteca A2 publicado pola Editorial Juventud.
Como a nosa Bruxa do Campanario viaxa decotío a Brasil, ninguén se extranou de que Yaci fora brasileira- xa sei! dixo Jose, Yaci é amiga da Bruxa do Campanario!- e ata houbo quen pensou que a autora era a propia bruxa.
Contar o conto, dramatizalo- é ben doado- facer unha moneca Curumín para cada un ..... foi divertido pero , mira ti, o que máis gustou foi a tartaruga, a que Yaci atopa no río cando vai agachar a moneca. Tod@s querían ser a tartaruga. Noemi explicounos que, como era unh
Por iso o momento culminante da semana foron os videos de mamás tartarugas.
E volvendo a Yaci, Eleniña e Jose non entendían como, se Yaci enterrou unha mazaroca de millo , só lle nacera unha plantilla- a nós por cada grao de millo naceunos unha planta- e houbo unha boa discusión.
Ao final acordouse que seguro que era porque non se lle botara esterco.
E para @s tartarugueiros "La Tortuga Manuelita" da miña admirada María Elena Walsh
No hay comentarios:
Publicar un comentario