jueves, 16 de febrero de 2012

Marcel Marceau

Xa dixemos que en Vide aprendemos dos grandes, por iso Charlie Rivel é o noso mestre de pallasos.
O vídeo da súa actuación sabémolo de memoria: como subir a unha silla, como tocar a guitarra, como chorar..... aaaaauuuuuuuhhh!!!! asi que  decidimos dar un paso máis e aprender de outro grande mestre, esta vez do MIMO: Marcel Marceau.
Para isto convertémonos nestes días en réplicas de Marcel- asi lle chamamos nós, con confianza- .

Dí Alba que o que máis lle gusta de facer de Marcel, é que hai silencio TOTAL e a Iago o de poder falar coas mans, pero a todos encántalle o doado que é cambiar de triste a alegre: un toque na túa frente ..e listo!

Mañán xogaremos a imitarnos. Habémonos de divertir ben, que levamos unha semaniña que non paramos de traballar.





jueves, 9 de febrero de 2012

Pallaseando

Dicía que estamos a traballar arreo, e é verdade, pero desta vez a traballar chamámoslle PALLASEAR, porque é un traballo con risas, un traballo de pallasos.
Hoxe andivemos a procura de libros de disfraces e de maquillaxe, pedímosllos prestados a biblioteca e estamos a "estudialos".
Iago fixo un descubremento:
- Profe, son libros do 7, porque pintar a cara é como pintar un cadro, verdade?
Verdade, pero mira ti por onde, que eu andaba a teimar porqué na CDU poñía 7, e agora gracias a Iago xa o sei.
Vestímonos de pallasos para "contextualizar" e fártamonos de berrar:

-AAUUUUUUUHHH!!! como Charlie Rivel.













E xogamos cun xogo novo:



Photobucket

miércoles, 8 de febrero de 2012

Pallasos

Este ano polo Entroido decidimos ir de pallasos, o noso disfraz farémolo cunha camiseta branca na que cada neno estanpará as súas mans de cores e unha perruca azul.
Os Pallasos fan rir, e por iso a súa roupa é de broma e pintan a súa cara de risa, así que estamos aprendendo a "poñernos de pallasos"- a frase é de Soraya- e logo xa poderemos "facer pallasadas".
Recollimos fotos de pallasos en internet e estudiamos as cores do seu maqueillaxe, a forma, a roupa, o pelo....
Temos un xogo de pintar pallasos na PDI e estamos a aprender unha cantiga que cantaremos cando vaiamos de comparsa pola aldea. Tamén estamos a facer un mural con doce pallasos moi difícil- hai que pegar 3 botóns da mesma cor pero de cor distinta ao traxe- pero que está a quedar "chulííísimo" e mañán comenzaremos coa primeira tanda de pintar mans.
Temos traballo abondo.






Se queres pintar, preme na imaxe:


Photobucket

E para aprender a facer pallasadas ningún mestre mellor que Charlie Rivel


 

viernes, 3 de febrero de 2012

Que tal pequeniño?

Editorial Linteo ven de publicar unha serie de libros que continúan a serie que comenzara con : "Que tal Vexetal? Alimentos con sentementos".


 Chégannos agora:

 - Que tal vexetal? Alimentos con pensamentos.
 - Que tal pequeniño?
 - Que tal canciño?
 - Comida rápida.
- Guille e botón.


 As froitas, feixóns, pementos.... convertiranse esta vez en todo tipo de animais ou obxectos: unha patacacrocodilo, unha peracocorico, un plátanoavión, un monokiwi, un cochepepino..... Saxton Freymann y Joost Elffers permiten aos nenos e nenas achegarse ao mundo das verduras, legumes e froitas a través da emoción, da sorpresa, da imaxinación e o descubremento.

Contos para ver e contar.






Xa os temos na 
Biblio-
teca!!!


miércoles, 1 de febrero de 2012

Os libros- fillos

Gracias , unha vez máis, a Trafegando Ronseis, coñecimos esta corta marabillosa que nos encantou.
Segundo o alumnado da unitaria, trata dunha biblioteca máxica que tiña un bibliotecario e os libro eran os fillos, pero tiña un fill/fillo máis que os outros porque nacera antes. E o que había de diferente é que os libros voaban e tiñan patas
En defintiva: segundo Uxúe son libros-fillos. Serán?

 E segundo a "miña" traductora online o título é : Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore.
Admítense correccións.
Vos diredes.