O remate do traballo sobre o millo era, como non, facer un bolo, cocelo e... comelo.
Peneiramos a fariña e logo levámola, nunha mochila viaxeira, ata o Souto, onde nos esperaba Isabel para facero bolo.
Misturamos a fariña milla cunha pouca triga, botámoslle un pouco de auga quente, sal, e amasamos un bolo grande e moitos pequenos, un para cada un.
Cocímolos no forno da cociña de ferro e esperamos un pouco.
Logo, cos bolos na mochila, voltamos correndo á escola, puxemos a mesa e comimos un exquisito bolo feito co millo que plantamos, cuidamos, esfollatamos, debrullamos, levamos a moer e cociñamos.
E como aínda nos quedaba un pouco de tempo xogamos a facer casiñas de tiricós.
Desta vez fomos quen de seguir un proceso completo. Quen nos ía dicir que duns grauciños pequenos que sementamos na primavera pasada podíamos tirar tanto rendemento!
lunes 9 de noviembre de 2009
viernes 6 de noviembre de 2009
A Sopa Queima
De entre os libros novos que chegaron á nosa Biblioteca, imos presentar un especial:
A SOPA QUEIMA. Texto de Pablo Albo.Ilustracións de André Letria
Editorial OQO.Pontevedra, xullo 2009.
Como a sopa
queima, María sopra e sopra para enfriala, pedirá axuda a uns e outros ata que por fin pode comela.
Contar este conto deu lugar a unha morea de xogos: soprar como María, como un rinoceronte, como unha formiga, como tres, como catro, como cinco.....
Levar a culler a boca e.....berrar: aaaaaaaaaaaaai!!!! !A SOPA QUEIMA!!!!
Ir facendo da mamá que sempre lle di:
- Pois sopra, María, sopra!!!
E por fin, facer que comemos a sopa: levar a culler a boca, tragar, ummmmm que rica!, repetir, ummmmm delicosa!.... e así ata que xa non queda nada.
Pero aínda quedaba o mellor:

Debuxar e pintar a María, porque María ten a cara REDONDA, o seu nariz está no centro , e por riba, os ollos, un a esquerda e outro á dereita - podes ir ao espello e comprobar que ti tamén- cunhas pestanas ben longas, e sobre cada ollo, a cella. Logo ven a boca. Aquí tes que parar e decidir si María está sorrindo, ou berrando, ou triste.
Despois hai que lle poñer as orellas, outra vez unha a cada lado, e por fin, o pelo.
¿Sabes facer rizos? ¡Pois veña rizos!
Si aínda hai ganas, podes seguir coa camisa de Maria, un cadrado con raias, e os brazos, dous rectángulos......
E que o ilustrador, André Letria, saíuse, tal parece que estaba a pensar n@s nen@s de infantil e dixo:
-¡Esta vez imonos divertir!, e abofé que o conseguíu.
Nós levamos toda a semana divertíndonos con María e a súa sopa.
A SOPA QUEIMA. Texto de Pablo Albo.Ilustracións de André Letria
Editorial OQO.Pontevedra, xullo 2009.
Como a sopa
queima, María sopra e sopra para enfriala, pedirá axuda a uns e outros ata que por fin pode comela.Contar este conto deu lugar a unha morea de xogos: soprar como María, como un rinoceronte, como unha formiga, como tres, como catro, como cinco.....
Levar a culler a boca e.....berrar: aaaaaaaaaaaaai!!!! !A SOPA QUEIMA!!!!
Ir facendo da mamá que sempre lle di:
- Pois sopra, María, sopra!!!
E por fin, facer que comemos a sopa: levar a culler a boca, tragar, ummmmm que rica!, repetir, ummmmm delicosa!.... e así ata que xa non queda nada.
Pero aínda quedaba o mellor:

Debuxar e pintar a María, porque María ten a cara REDONDA, o seu nariz está no centro , e por riba, os ollos, un a esquerda e outro á dereita - podes ir ao espello e comprobar que ti tamén- cunhas pestanas ben longas, e sobre cada ollo, a cella. Logo ven a boca. Aquí tes que parar e decidir si María está sorrindo, ou berrando, ou triste.
Despois hai que lle poñer as orellas, outra vez unha a cada lado, e por fin, o pelo.
¿Sabes facer rizos? ¡Pois veña rizos!
Si aínda hai ganas, podes seguir coa camisa de Maria, un cadrado con raias, e os brazos, dous rectángulos......
E que o ilustrador, André Letria, saíuse, tal parece que estaba a pensar n@s nen@s de infantil e dixo:
-¡Esta vez imonos divertir!, e abofé que o conseguíu.
Nós levamos toda a semana divertíndonos con María e a súa sopa.
Etiquetas:
libros
TIRICÓS
O venres pasado cando fomos ata a de Noemi para ver como funcionaba a muiñeira eléctrica, había debaixo do canasto moitos carozos, e os nen@s puxéronse a xogar con eles. Entón a avoa de Noemi contounos a historia dos TIRICÓS.
Os tiricós son unha especie de graos moi molesto e doloroso que che pode sair nas pálpebras dos ollos. E lle saen a algué
n que, cando estaba a comer, unha embarazada gorentoulle a comida.
Cando xa sabes que te botaron un tiricó e queres anulalo - aquí intervén o millo- colles carozos de millo, fas un casteliño e lle prendes lume dende dentro.
O fume levará o tiricó lonxe, e quedas salvada.
Comentábamos máis tarde esta historia "antiga" a Fabiola, e ela díxonos:
- ¿Antiga?. No verán, cando estaba embarazada e comíamos todos na casa da miña nai sempre dicían:
- Botarlle primeiro de comer a Fabiola , non nos vaia botar un tiricó!!!
Mira ti por onde unha nai, que comía sempre a última, cando estaba embarazada querían que comera a primeira.... non fora a botarlles un tiricó!
A nosas tatarata......avoas, que listiñas eran.

jueves 5 de noviembre de 2009
OS CANASTROS DE VIDE
Levamos un tempo traballando sobre o millo e como xa contamos, recorrimos a parroquia buscando canastros. Canastros cheos de millo e canastros sen millo, canastros novos e canastros vellos, canastros de catro pés e canastros de seis pés...
Aprendimos moito e recollimos moito material.
Para compartilo decidimos facer un libro para a Biblioteca.
Aquí tamén o compartimos con tod@s vós :
Aprendimos moito e recollimos moito material.
Para compartilo decidimos facer un libro para a Biblioteca.
Aquí tamén o compartimos con tod@s vós :
Etiquetas:
canastro
lunes 2 de noviembre de 2009
SAMAÍN
O sábado pola tardiña a Biblioteca chamou aos nenos e nenas e as súas familias para celebrar o samaín nunha festa na Unitaria.
E tod@s chegaron con cabazas-cocos- e unha presa de castañas para facer tamén un magosto.
Fixemos as caveiras, comimos castañas, chourizos asados aproveitando as brasas, xogamos.... e logo, xa de noite, fomos colocar as caveiras nos balados e nos cruces.
Como dicia Elena, esta noite as ánimas non ían dar entrado en Vide.

domingo 1 de noviembre de 2009
DE MILLO A FARIÑA
Tíñamos o millo, queríamos comer unha bola......había que moelo.
O venres pasado foi a moenda.
Primeiro fomos á casa de Noemi.
Visitamos os animais, vimos o millo gardado no canastro novo, falamos coa avoa e logo o seu avó puxo en marcha a muiñeira eléctrica e m
Nós queriamos moer "como antes", nos muíños que hai onda o Termes, así que seguimos camiño.
Chegamos aos muíños da Ponte onde muiñeiro, o señor Manolo- o "Nené"- xa esperaba por nós.
Puxo o muíño a andar e botou o millo na adella.
E quedamos alí caladiñ@s, prendidos do son da auga ao caer no rodicio, do tiquitaque do tarabelo sobre a moa, do sssuuuuunnnn do millo ao esmagarse..... mentras o chan se
Recollimos a fariña coa vasoira e marchamos a correr, sen peneirala, porque aínda tiñamos un bó camiño ata a escola e a mañán xa marchara enteira.
Só nos deu tempo de despedirnos do muiñeiro e darlle las gracias.
É son unha
Nené, se hai que limpar a levada, avisa, que alá iremos , porque que ese muíño siga en funcionamento é responsabilidade de TOD@S os viciños.
E de paso botamos unha muiñeira. Por iso de respectar as tradicións, claro e porque...
"cantai todas, cantai todas
e que non falte ninghunha
que o cantar e o baillar
non é verghonsa ningunha"
lunes 26 de octubre de 2009
veiga de inverno
Manuel, o pai de José Ángel pola mañán cedo falou con nós:
- Que pasa coa veiga?. Non ides traballala?. Da pena vela toda chea de herbas. Nin tan sequera limpastes os restos dos tomates e das xudias. A veiga non se pode ter asi,hai que atendela.
@s nen@s e eu mirámonos uns aos outros, sen saber moito que dicir, nin que disculpa dar.
E que
Entón, con moita paciencia, explicounos que a horta se traballa todo o ano, o que vai cambiando é o que se pode plantar. Agora, dixo, é tempo de plantar cebolas de inverno, fabas, que xa debían de estar postas, tirabeques, navizas...en fin, plantas que aguantan o frío e veñen para o inverno. Non é moito traballo, eu pásovos a fresadora, e así xa non tedes que cavar a terra, e traiovos as cebolas, que si queredes as poñedes con rede
¿Como dicirlle que non?
Daquela este ano imos traballar por primeira vez a veiga todo o ano.
Nós limpamos a terra- sobre todo Mateo que os demáis tiñan poucas ganas de traballar-, Manuel fresou e trouxonos as cebolas, Isabel deunos semente de fabas e tiraveques e Tereixa ofreceunos semente de navizas.
Se non chove, esta semana a nosa veiga quedará "como Dios manda"
Etiquetas:
veiga
Suscribirse a:
Entradas (Atom)