Mostrando entradas con la etiqueta abellas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abellas. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de junio de 2012

Coas abellas

O martes 26 fomos en autobús a Apípolis en Pontevedra, e os nenos e nenas completaron o traballo feito no mes de xuño:
Vestiron o traxe de abelleiros e foron atender ás abellas, cociñaron galletas con mel, elaboraron velas e comprenderon a importancia das abellas para os seres humanos e o medio no que vivimos.
As nais e demáis "acompañantes" aos obradoiros non fomos, pero a exposición e as salas recorrímolas todas con Sita, Estefanía e Mariló facendo de improvisadas monitoras.











A comer fomos ata Cotorredondo, que a calor caia sobre nós como unha lousa.

Pasamos a tarde á sombra, falando e xogando e regresamos a Vide.

Ata a acampada! 

miércoles, 20 de junio de 2012

As abellas de Antón

Hoxe pola mañán fomos ata a casa de Antón, porque Antón ten abellas.
Acompañáronnos Ana e Mariló, as nais de Samara e Saúl.
O pai de Antón esperábanos para explicarnos como viven as abellas.

Explicounos como eran as colmeas, como se organizaban, como se recollía o mel... tocamos as colmeas, os paneis coa cera, a roupa do apicultor, o afumador... e logo achegámonos ás colmeas para ver como as abellas obreiras entraban e saían traballando.

E logo Edorta, o pai de Antón deunos a probar o mel.
Que mel tan rico!- dicíamos todos, e  seguimos comendo os bocadillos que Edorta nos tiña preparado.

Como parecía que quería chover, démoslle as gracias ao pai de Antón e marchamos correndo de volta para a escola, que aínda había camiño que facer.

Cantas cousas aprendimos das abellas!
Gracias Edorta.




domingo, 17 de junio de 2012

ABELLAS

Hai unha semana que estamos a investigar e aprender sobre as abellas. En Vide hai varias familias con colmeas, e a semana que ven iremos ata a casa de Antón onde o seu pai esnsinaranos as súas colmeas, logo o día 26 de xuño iremos ata Apípolis a pasar o día. Mentras seguimos aprendendo e bailando a danza das abellas.

 Premendo na IMAXE, enlazas coa páxina de recursos que elaboramos: