jueves, 26 de noviembre de 2009

O año

Xa sabíamos que na casa de Noemí nacera un año que non mamaba da súa nai.
Para que comera, Noemí dáballe un biberón e o añiño estaba saíndo adiante.
¡Que mágoa que chove e non podemos ir a velo!- dicíamos.

Pero a mamá de Noemí trouxo ao "bee...beee...! á escola e tod@s poidemos ver como en canto víu a Noemí botou a correr onda ela .
Noemí deulle o biberón que Ana traía preparado. Como chupaba!!
Cando Noemí se movía, alá ía o añiño atrás dela, como se fose un canciño.

Agora estamos facendo un conto novo:

O año de Noemí veu á escola.
Facía: BEee Beeeee!

Noemí deulle o biberón.
Javi tíñalle medo.

1 comentario:

pandereteira dijo...

Ó ver a cara de Noemi na segunda foto calquera diría que o leva facendo toda a vida...