É o quinto ano que @s nen@s de Vide coas súas familias e amig@s imos plantar árbores no baldío . Así, xa comenzamos a ver como no comunal, pequenas fragas de castiñeiros, carballos, avelairas...van medrando cuns carteliños onde, nalgúns a duras penas, podemos ver o nome de quen o plantou e a data. Este ano o lugar escollido foi a explanada do comunal onda a casa do "francés". Plantamos sesenta castiñeiros , un souto, "o noso" par ir coller as castañas do magosto dentro de cinco anos?.
Seguro.
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Mostrando entradas con la etiqueta vide en verde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vide en verde. Mostrar todas las entradas
viernes, 11 de marzo de 2011
martes, 9 de marzo de 2010
Vide en verde
Onte, que fixo boa tarde, fumos traballar ao monte.
No Coto o monte comunal ardeu hai catro anos, e dende entón, cando chega febreiro imos alí a plantar unhas cen árbores que a Consellería de Medio Rural pon a disposición da Comunidade de Montes.
Este ano fomos tarde, que o tempo non nos deixou, pero plantamos os carballos, castiñeiros, cerdeiras e nogueiras con tanto esmero e cuidado, que de agradecidas que quedaron, van gromar axiña - se os cabalos entenden por fin que non poden comer as arboriñas-.
Esta vez ademáis, fixemos unha plantación de "aviso a navegantes".
Veredes: hai algunhas persoas- "nin idea de quen poden ser"- que como o monte está queimado e hai unha pista moi boa que chega ata alí, están usándoo de vertedeiro.
Xusto ao pé da plantación do ano pasado.
Pois esta vez, @s da Comunidade limparon os restos de construcción e lixos varios, e alí mesmiño plantamos as novas árbores, ademáis de pola beira da pista, barreira moi feble para os tractores, pero barreira a fin de contas.
E tod@s, ne@s e maiores converterémonos en "vixiantes da futura fraga do Coto", que dentro de dez aniños , non máis, temos pensado celebrar alí a festa máis grande xamais recordada en todo o contorno, sentad@s á sombra das frondosas, comendo e cantando, có Miño rosmando alá abaixo, todo Vide espallado polo val, e saúdando aos veciños e parentes portugueses de enfrente.

martes, 17 de marzo de 2009
Vide en verde
E pola tarde quedamos tod@s: nenos e nenas irmáns nais, pais, amigos e amigas ás catro e media da tarde no Coto, o baldío comunal que hai onda o depósito da auga, para plantar castiñeiros, cerdeiras e algún pradairo e bidueiro.Moito do que plantaramos o ano pasado non fora adiante, unhas árbores porque secaran, alguha fora arrincada e outras foron triscadas supoñemos que polos cabalos que andan soltos polo monte.Como estamos moi decidid@s a que o Coto
Eramos moit@s e traballamos lixeiros cos sachos e legóns , puxémoslle os nosos nomes de novo ás árbores recien plantadas e logo baixamos ata a escola onde nos esperaba unha boa merenda á que nos invitaba a Comunidade de Montes.
Foi unha tarde de sol espléndida, na que tod@s disfrutamos traballando, falando, rindo e merendando xunt@s.
Enxertadores
Había que enxertar a viderira da nosa veiga XA, que o tempo,dicíannos tod@s, estaba enriba, pero non parecía que ninguén tivera gana de facer este traballo. Ata hoxe, que Carliños, Jose e Mateo se apuntaron á equipa de enxertadores dispostos a converter riparia en albariño.
Despois si, cando xa estabamos en faena tod@s querían colabourar, pero xa era tarde, dixo Carliños, agora só podedes mirar. Ata Marta e Érika, que na roda de pola mañán dicían que era mellor facer un feitizo que así non había que traballar,ofrecéronse para axudar.
E o enxerto quedou feito,agora a esperar que prenda.
Carliños, Jose e Mateo quedaron moi satisfeitos do seu traballo. E eu deles.

viernes, 29 de febrero de 2008
Un conto novo
Hoxe rematamos o conto de Vide en Verde, quedou así:
HABÍA UNHA VEZ UN MONTE QUEIMADO.
O MONTE CHORABA.
AS NENAS E NENOS DE VIDE
PLANTARON NEL CARBALLOS,
CASTIÑEIROS
E CERDEIRAS.
AGORA DENDE A ESCOLA ESCOITAMOS COMO RÍ.
A Biblioteca A Dúas prestounos a súa maleta de viaxar con libros de árbores,
e nós puxemos un novo conto na Biblioteca.

lunes, 25 de febrero de 2008
contos de vellos

Hoxe pola tarde volvimos a subir ao Coto e seguimos plantando carballos e cerdeiras no baldío.
Mañán na escola remataremos o conto : “ Había unha vez un monte queimado….”

Os carballos, castiñeiros e cerdeiras irán medrando ó mesmo tempo que os nosos nenos e nenas,e dentro de vinte anos habemos de subir de novo, cos nosos fillos, netos ou amigos para, sentados ao pé das “nosas” árbores, contarlles a todos unha historia de vellos que comenzará así:
“había unha vez un monte queimado……"
martes, 19 de febrero de 2008
Vide en Verde

Hoxe pola tarde fumos plantar carballos e castiñeiros no Coto, onda o depósito da auga. Eran setenta as plantas que Medio Rural lle mandou á Comisión de Montes, e foron poucas.
Pola mañán non paraba de chover e chegamos a pensar en cambiar o día, o final decidimos arriscar, e saíunos ben. A tarde foi ben fermosa: o monte cheo de nenos e nenas, nais, avoas, pais.... cavando, rindo, botando regueifas uns ós outros, e mentras, o ceo cuberto de nubes esperaba a que remataramos co traballo.
Comenzou a orballar cando xa recollíamos os legóns e regresabamos á escola, onde nos esperaba a merenda. Son as tardes como esta as que gardas na memoria e repasas con cuidado para non esquecer. Se conseguimos máis árbores subiremos outro día, se non chove. Aínda que...
se chove,deixa chover
se orballa deixa orballare
por máis que chova e vente
carballos imos plantare.
jueves, 14 de febrero de 2008
eu aquí nunca bailei

eu aqui nunca bailei
eu aquí nunca cantei
por ser a primeira vez
non sei como sairei
Pois si, é a primeira vez, e aínda estamos un pouco verdes nesto do blog, pero xa estamos aquí e iremos aprendendo mentras cantamos e bailamos.
O martes 19 volvemos a actividade de "Vide en Verde". Pola tarde iremos plantar cen árbores de frondosas nun baldío da parroquia: no Couto, ó pe do depósito de auga.Os da Comunidade de Montes, logo do taballo téñennos prometido unha merenda. Alí estaremos os nenos e nenas da unitaria con todos aqueles da parroquia que nos queiran axudar: nais, pais, avoas, irmáns, parentes, veciños... e todos cun legón ou un sacho. A cada árbore poñerémoslle como nos outros anos, unha etiqueta co nome do "plantador" ou "plantadora", quen quedará encargado de cuidalo mentras é cativo.
E nesta semana na escola aprendemos os nomes das árbores que imos plantar e as súas características, mentras buscamos información na Biblioteca.
Volvimos a traballar o "elle" con folla de... as curvas coas follas de carballo e os picos coas follas de castiñeiro.Mañán sairemos a facer fotos de carballos, castiñeiros e nogueriras "nais", e volveremos a plantar un carballiño na bota vella para ver medrar outro "carballoconbotas".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)