Mostrando entradas con la etiqueta fiadeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fiadeiro. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de junio de 2015

Tarde de fiadeiro en Vide

Adrián, que acababa de chegar de Madrid de pasar o seu primeiro ano estudiando "Comunicación Audiovisual", o domingo  pola tarde no fiadeiro xa nos dixera:
- Vouvos facer un agasallo.

E ben que nolo fixo:

Velaí esta:




martes, 3 de junio de 2014

Tarde de Fiadeiro en VIde

Unha fermosísima tarde de sol  na Carballeira de A Chan de Vide,

As cantareiras e gaiteiros non pararon de tocar. Ata 22 grupos subiron un tras outro, e  porque xa se botaba a noite enriba, que se non "darían as doce, a unha, as dúas, as tres...." , pois as ganas de tocar, cantar e baillar non faltaban.

E como non, todos os asistentes foron invitados a unha copiosa merenda e ao mellor viño das adegas dos veciños e veciñas de Vide, que un ano máis non se arredaron en aportar empanadas, tortillas, chourizos, bizcoitos.... de TODO!!

Esa tarde, todos eramos da "Comisión de Biblioteca", máis de 40 mulleres, novas e vellas, nenas e mozas, "armadas" coa camiseta pintada de pandeiretas e unha bandexa na man, repartindo comida,vendendo rifas, cantando, bailando... e aínda con folgos para, xa á noitiña recoller a carballeira e deixala de novo coma un primor.

Os mozos da "Asociaición Cultural Vidensen",  co bar para recaudar para as festas,  Chema, pendiente da megafonía, Gabriel presentando, Bruno coa electricidade, Jorge coa "infraestructura", Edorta no viño e Pepe, que recorreu  as parroquias veciñas anunciando o Fiadeiro.

... e as "fiadeiras": Carmen, Julia e Preciosa, e as nenas e nenos da "Comisión de Bibliotecari@s" cos Libros de Man en Man .

... e os comerciantes de Vide e As Neves que nos encheron de agasallos para o sorteo.

....e todos os amigos e amigas que acudiron coas súas gaitas e pandeiretas amenizaron esa marabillos

... e a todos os asistentes

gracias, por facer posible esta marabillosa  V Tarde de Fiadeiro en Vide.












lunes, 19 de mayo de 2014

Fiadeiro en Vide

Xa  está todo en macha para celebrar o Fiadeiro. Agora só falta que veña bo tempo:

Xa sabes. Estás invitad@

 

martes, 11 de junio de 2013

Tarde de Fiadeiro en Vide

O domingo pola tarde a chuvia decidíu non visitar Vide.
E todas nós agradecímosllo.
Eran as 3 da tarde cando os veciños e veciños de Vide comenzaron a chegar  coa súa aportación para a merenda coa que convidaríamos aos asistentes: tortillas, chourizos, empanadas, bizcoitos, viño branco e tinto.....
E as 5 da tarde comenzou o Fiadeiro.
Todo estaba disposto en A Chan de Vide: a carpa chea de adobíos,  as avoas fiando, o escenario preparado, os gaiteiros Trancalevadas tocando xotas e muiñeiras, a xente enchendo a carpa, as pandereteiras bailando, a "comisión de bibliotecari@s" cos "Libros de Man en Man", as Saíñas listas para sair a cantar......
....e vivimos unha tarde chea de cantos, bailes, pandeiretas e gaitas, mentras probabamos as viandas e o viño.
....e costounos, coma sempre, despedirnos dela ata o ano que ben.
....e quedámonos todas, cansadiñas, iso si, pero cun sorriso nos beizos e o peito cheo de agradecemento aos veciñas e veciños de Vide, coma sempre xenerosos, aos 17 grupos de gaiteiros e pandereiteiras  que nos acompañaron, aos nenos e nenas da Biblioteca.....
... e cheas de fachenda porque un ano máis amosamos que XUNTAS  PODEMOS!

lunes, 3 de junio de 2013

Fiadeiro

O domingo 9 de Xuño, celebraremos a IV Tarde de Fiadeiro en Vide. Niso estamos a traballar.
Parécenos que vai chover pero temos unha MARABILLOSA - e carísima- carpa preparada.

Xa sabedes,estades TODOS e TODAS invitados a merendar con nós na carballeira de Vide mentras escoitamos como cantan os grupos de pandereteiras e tocan os gaiteiros.




martes, 29 de mayo de 2012

FESTA EN VIDE

O domingo non choveu!!!
....e a tarde de Fiadeiro foi unha festa. Os veciños e veciñas chegaban con tortillas, chourizos, empanada, viño, bizcoitos...., os grupos de pandereteiras e gaiteiros preparaban os cantos e gaitas, e a xente da parroquia e do contorno comenzou a encher a carpa que tiñamos preparada.
Comenzou a festa ás cinco  da tarde e eran as dez da noite e ninguén quería marchar, pero había que ir traballar ao día seguinte, así que.... fúmonos despedindo dunha tarde que todos, novos e vellos non esqueceremos.
As "saíñas", as pandereteiras pequenas non pararon ata conseguir volver a subir ao escenario para disfrutar de novo dos aplausos e aturuxos. Que ben o fixeron!
Mechi, Sandra, Érica e Rocío, veña a preparar fontes de comida para que nós foramos levando a todos os asistentes.
Fabioliña, Noemi e Lucía, na mesa de "Libros de man en man", gobernaron o intercambio como autenticas bibliotecarias, sen pedir axuda a ninguén das maiores.
Julia, Rosa e Carmen, fiaban na lá e non dubidaban en explicar o seu labor a todos os que se achegaban a elas.
Chema e Edorta, pendientes da megafonía.
Bruno, o pai das xemelgas, logo de atender o "equipo eléctrico" foise cos rapaces a organizar o tráfico e o aparcamento, e fixéronno tan ben, que esta vez non houbo atascos.
Lurdes, Fina e Nati animando e guiando o baile, e tanto se bailou, que ao final da tarde xa tiñamos aprendido a bailar muiñeiras e xotas.
Celestino, nas pipas de viño, cuidando que non faltara que beber.
...... e podería seguir nomeando a todas as pandereteiras, a nais, pais, avoas, tias, amigos e amigas, veciños e veciñas que co seu traballo, a súa presencia e o seu apoio consiguen que cada ano en Vide se celebre unha auténtica  "Festa colaborativa": O FIADEIRO DE VIDE. 




Gracias a todos e a todas.

viernes, 25 de mayo de 2012

TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

O vindeiro domingo, a partires das 5 da tarde celebraremos en Vide o III Fiadeiro, unha tarde de festa na Carballeira de  Chan de Vide na que pandereteiras e gaiteiros de toda a comarca poñerán os cantos e a música. e os veciños e veciñas de Vide a merenda e o viño para todos os asistentes. A Biblioteca a2, colabora unha vez máis na organización do evento.
Os nenos e nenas de Vide, ademáis de ter preparada a súa participación como "Grupo de pandereteir@s Saíñas de Lá"- para non seren confundidos coas "maiores"-, este ano vanse facer cargo da mesa de "Libros de Man en Man". Xa teñen preparado un enorme cartaz e as caixas de libros para intercambiar, e unha sorpresa: sortearán entre todos os asistentes unha donación de libros que recibimos nas últimas semanas:  Os 15 tomos da enciclopedia adaptada a LOGSE Océano.

Verémonos na festa.

E si chove, que chova!!!!, que temos unha carpa DESCOMUNAL.




viernes, 19 de agosto de 2011

Exposición


Hoxe á tardiña houbo festa na Casa da Auga. Inauguramos a Exposición Fotográfica do Fiadeiro 2011. Xuntámonos alí para, recordando festa que nos xuntara a toda a parroquia na Carballeira de A Chan de Vide, compartir cantares ao redor dunha merenda.
A Biblioteca repartiu un boletín sobre o Fiadeiro aos veciños e veciñas de Vide que co seu traballo e viandas fixeran posible ese día. Para todos quedarán na Casa da Auga as fotografías expostas.

lunes, 6 de junio de 2011

Fiadeiro

Xa foi o Fiadeiro.

A pesares da chuvia que ía e viña, do trono que estoupo xusto enriba de nós, das carreiras carpa/carballeira e viciversa... a pesares de todo, foi unha boa tarde.

De novo os nosos veciños e veciñas colaboraron poñendo comida e viño- cada casa a súa aportación- os gaiteiros e pandereteiras non se arredaron coa chuvia e cantaron e tocaron, e todos: veciñ@, visitantes, pandereteiras, gaiteiros, amigos e coñecidos, comimos, bebimos cantamos e bailamos toda a tarde.
A megafonía con tanto traballo preparada por Bruno, a tope.
A organización do reparto de merenda e postres: como un reloxio con Sandra e Merchi de "superxefas" e todas nós, ás da camisa naranxa, ás súas ordes.
Lurdes de presentadora, un acerto.
Rosa, Julia e Carmen, as fiadoras, un luxo velas traballar.
Edorta o fotógrafo, todo un profesional.
Concha de Luneda e Emilio e América de Vilar, un privilexio pode escoitar os seus vellos cantares.
E a todas as personas que acudiron a nosa chamada: gracias, moitas gracias,

- Ás pandereteiras da Barca de Loimil.
- Ós gaiteiros de Arbo.
- Ás pandereteiras de Oliveira.
- A os rapaces de "Andar de Can"
- Ás pandereteirs de Vilacoba.
- Ao grupo Foliada.
- Á Rola dos celeiros.
- Aos Parrulos.
- Aos "Chámannos"
- Aos "Un, dous, tres, uxós"
- Ao Caruncho e Benito.
- A "Barafunda"
- A Suso o gaiteiro de Beade.
- A señora Concha de Luneda.
- Aos irmáns Gil de Vilar de Cabeiras.
e por suposto ás Pandereteiras "Saia de Lá" e as gaiteiras e gaiteiros de Vide.

Ata o ano que ben!




lunes, 30 de mayo de 2011

Con treboada e sen Fiadeiro

Eran as dúas e media da tarde do domingo 29 de maio.Todo estaba preparado para unha tarde de Fiadeiro na carballeira de A Chan de Vide, o resultado dun mes de traballo. Todo previsto. Se chove, carpa, se non chove na carballeira.

Os veciños e veciñas comenzaban a chegar. Cadaquén coa súa aportación: tortillas, chourizos asados, empanadas, viño, máis viño, roscóns....

E empezou a chover.

A chover?

A DILUVIAR!!!!

Unha treboada inmisericorde abateuse sobre a Chan de Vide. Lóstregos, trebóns, vento, saraiba e chuvia durante dúas horas e media arrasaron con todo. No medio, homes e mulleres corríamos tentando levar para debaixo da carpa todo o que se podía recoller: escenario, megafonía, mollos de palla, mesas... Pero os ríos de auga decidiron asulagar tamén o espacio que ocupaba a carpa.

Entón démonos por vencid@s. Eran as cinco da tarde.

Co coche dos altavoces fomos por Vide informando que suspendíamos o Fiadeiro e por teléfono avisamos a pandereteiras e gaiteiros amigos, pero non pudemos evitar que unha fileira interminable de coches comenzara a chegar.
E foron dando a volta.

Nós terminamos na Casa da Auga, tocando a gaita e a pandeireta mentras compartíamos tortillas e viños cos veciños que se achegaron ata alí para dicirnos que non había treboada que puidera cós de Vide. Que o vindeiro domingo: FIADEIRO.

E así quedamos: DOMINGO, 5 DE xUÑO, FIADEIRO NA CARBALLEIRA DE VIDE, e si quere chover que chova, que estaremos preparad@s.

Cando á noitiña marchabamos para casa, decatámonos que en toda a tarde ninguén se acordou de sacar a cámara de fotos.

Estabamos demasiado preocupad@s e ocupad@s en cuidarnos unhas a outras, en atender aos que chegaban, en salvar o que puideramos, en mirarnos e saber que seguimos cantando xuntas, e xuntos.

viernes, 27 de mayo de 2011

Biblioteca Pública de As Neves


As nais/pais taxi levaron aos nenos e nenas da escola de Vide ata As Neves, pois hoxe tocaba visitar a Biblioteca Pública. Como pola mañán non está aberta ao público abríronna só para nós.

O que máis lles chocou aos nenos e nenas foi sobre todo non poder coller os libros da zona de infantil libremente, pois ao estar ordenados correlativamente segundo o número que aparecía no "tejuelo" era moi complicado para eles repoñelos.
Logo de ler un conto visitamos o concello e buscamos un lugar onde pegar o cartaz que tiñamos feito anunciando o fiadeiro.

jueves, 26 de mayo de 2011

Cantando en Vilar de Cabeiras


Hoxe fomos ata Vilar de Cabeiras. Quedaramos cos irmáns Gil, América e Emilio. Achegándose aos oitenta anos, estes dous irmáns son unha biblioteca viva de cantares e vellas tradicións. Amables e xenerosos compartiron con nós os seus recordos de cando mozos cantaban e bailaban no serán de Vilar: primeiro unha ribeiran, logo unha xota, despois un salteado e logo un dous pasos. Tiña qeu ser así, dicían mentras cantaban unha cantiga tras outra. Quedamos de encontrarnos no Fiadeiro de Vide, e alí acompañar ás súas voces coas nosas pandeiretas.

Fixemos un boletín de ADúas para repartir entre os asistendes ao Fiadeiro coa letra dunha vella historia que América e Emilio cantan ao desafío: A historia do ghaiteiro Farruco. Así tod@s poderémola cantar con eles. É o noso agasallo.

Aquí vos deixamos o boletín a a oportunidade de escoitalos cantando unha preciosa xota: "Baila aquí"





Vémonos no Fiadeiro.

lunes, 31 de mayo de 2010

TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

Era a primeira vez que organizabamos unha festa destas, e comíannos os nervios.
Toda a semana foi un sinvivir de choverá ou non choverá, carpa ou carballeira, virán pandereteiras e gaiteir@s?, haberá comida? que pasa co viño? hai que.... aínda falta.....avisa a....

Traballar, traballouse unha chea.

Pero a parroquia volcouse.

O sábado xa tiñamos recollido tanto viño que paramos de ir, e o domingo, ás 4 da tarde comenzaron a parecer @s vidensense coa súa aportación: tortillas, empanadas, chourizos fritos, pan de millo recien cocido, bizcoitos, filloas, roscóns......

As avoas chegaron coa súa lá e os fusos que recuperaron buscando nos faiados das casas dispostas a aprendernos como era o traballo da fiada.

E logo viñeron pandereteiras e gaiteir@s de Arbo, de Rubiós,de San Cibrán, de Paraños, de Oliveira, de Borobás, de Ponteareas, de Gondomar..... ata de Vigo chegaron a Vide, para acompañarnos nunha tarde que tardaremos en esquecer.

E cantamos, comimos, bebimos e bailamos á sombra dos carballos que os bisavós prantaran, na carballeira de A Chan de Vide.

O domingo pola tarde , a colaboración e participación dos veciñ@s, a ilusión, esforzo e traballo desinteresado de homes e mulleres e a xenerosidade de gaiteir@s e pandereteiras convertiron a carballeira de Vide nun fermosísimo lugar onde tod@s os que estabamos alí, vell@s e nov@s, sentimos o peito enchido do orgullo de ser quen somos e de donde somos : @s fill@s e herdeiros da NOSA TERRA.




O noso agradecemento a:

1. Saia de Lá, gaiteira@s e pandereteiras de Vide.
2. Concha de Luneda
3. Cantareiras de San Cibrán.
4. Cantareiras de Oliviera.
5. Gaiteiros Chan dos Carballos
6. Pandereteiras Remuíño de Paraños.
7. Os Serandeiros de Borobás.
8. Nacho o gaiteiro e compañía.
9. Mestura. Gaiteir@s de Arbo e Rubiós.
10. Lexendarias de Arbo.
11. Os Lajaretas de Atios.
12. Foliada de Castrelos.
13. O mellor de cada casa:Caruncho, Benito e amighos.
14. Os Parrulos de Vigo.
15. Gaiteiros Barafunda de Vigo.

e a todos os homes e mulleres que cociñaron, desbrozaron, segaron, fixeron e colgaron cartaces e pancartas, anunciaron, fiaron, repartiron bebida e comida toda a tarde...... e amosaron que Vide, é un magnífico lugar onde vivir e criar aos nosos fill@s.

viernes, 28 de mayo de 2010

F de Fiadeiro

Como o vindeiro domingo haberá Tarde de Fiadeiro na Carballeira de A Chan de Vide, estamos na escola a traballar a F

de FIAR
de FÍO
de FUSO....

de FIADEIRO.
Tamén vimos a Julia do Neves como fiaba, buscamos en internet fotos de rocas e fusos.... videos de mulleres fiando, cantigas de fiada.....

E non aprenderemos a fiar, que iso leva moito tempo, pero si como se fiaba, como se calcetaba logo a lá e como logo de fiar, soaban as pandeiretas nas mans das mulleres e a festa comenzaba.

Ademáis fixemos un cartaz que pegamos en As Neves, enfrete do Concello, para que o día da feira todo o mundo soubese do noso FIADEIRO.