jueves, 25 de abril de 2013

Na lagoa do Inferno

Onte pola tarde- unha preciosa tarde de primavera- fomos de "paseo con libro", ata  a lagoa de Medáns, tamén coñecida como a "lagoa do Ollo do Inferno" ou "lagoa dos Sapoconchos".
O libro para ler era, como non, "Arturo e Clementina" e volvimos a escoitar as lendas que falan das campás perdidas.

Unha magoa comprobar como os accesos á lagoa estaban tan cheos de maleza que ata impedían achegarnos a ela, e por suposto, albiscar aos sapoconchos.

Pero aínda así foi unha moi boa tarde, que repetiremos outro mércores aproveitando o bo tempo.

Paseos con libro: o Ollo do Inferno on PhotoPeach

lunes, 22 de abril de 2013

ABCDElibros

Hoxe presentamos o noso novo blog das tarefas:

ABCDElibros


A primeira letra/libro foi:

S de SACAPENAS, apadriñado por Saúl .

Saúl, como Bieito, o protagonista do libro, tampouco durmía ben porque tiña moitas preocupacións, por iso decidimos facer un sacapenas para el, e de paso outro para cada un de nós.

Este foi o resultado do traballo

domingo, 21 de abril de 2013

Abril dos libros


En Abril, o mes dos libros, recuperamos o proxecto de traballo cancelado cando o proxector  da pizarra dixital deixou de funcionar.

Xa temos novo proxector- prestado pola Unitaria de Rubiós- e levamos unha semana facendo este blog:


 que queremos "inaugurar" o luns, 23 de Abril, día Internacional do Libro.
Na Biblioteca os nenos e nenas escolleron libros e logo seleccionámolos segundo a primera letra do título para ir completando o abecedario. Cada libro/letra ten "padriño/madriña", que será o encargado/a de presentala letra e mais o libro facendo a entrada no blog, con axuda, ou sen axuda.
Estes son:

S
Sacapenas
Saúl
N
Nadarín
Noa N.
V
(A) Vaca condesa
Noa
R
Ra e  rato
Daniela
L
Lúa
Brandán
U
Uxía vai de compras
Ruth
H
Historia dunha árbore
Iago
Q
(A) Que sabe a lúa
Marcos
T
Tres osos
Antón
F
Fernando Furioso
Alba
CH
Chucho Cacho
Soraya
G
(O) Gato lambón
Iris
M
Malea Balea
Uxue
X
Xanardán e a becha
Diego
E
Elmer
Samara
O
Onde está?
Samuel


miércoles, 10 de abril de 2013

Adeus a Jose Luís Sampedro


                                                                                           vía Biblospazos

Aquí o especial que apareceu no País
Aquí a recopilación feita no  IES San Paio

As Unitarias na Biblioteca de Vide

En Abril , mes dos libros, o alumnado das outras dúas unitarias do Concello, Rubiós e Taboexa, xunto coas súas mestras achegáronse ata a Biblioteca de Vide para pasar un día de clase diferente: un día bibliotecario.
E así foi, nenos e nenas mergulláronse na biblioteca e os seus libros, escoitaron contacontos, compartiron libros sorprendentes, e pasou a mañán tan axiña que cando nos decatamos xa era hora de marchar.
E cada un marchou para  a súa casa coa bruxa do campanario e da cova de enfrente, cos círculos amarelos que se transforman en azules, e sobre todo, cunha morea de novos amigos e amigas.

Ata o próximo día!


Festa bibliotecaria

O sábado pasado recibimos unha vez máis a un grupo de "bibliotecarias/os" amigas.
Logo da visita "obrigada" á Unitaria de Vide e a súa biblioteca, reunímonos todas, e "todo" na Casa da Auga ,e alí, bibliotecarias, pandereteiras e visitantes, compartindo lamprea e tortillas, empanada e requeixo, conversas e cantos, fomos deixando correr unha tarde  que todas e "todo" recordaremos, e cando o desánimo se achegue a nós, este recordo daranos azos para seguir adiante, porque non estamos sóas, compartimos amizade, saberes, aprendizaxes....

Alguén podería supoñer que ata se aprendeu e bailar a muiñeira?
Pois é de creer.

Gracias compañeiras e compañeiros plambeiras por estar sempre aí.

E o meu agradecemento as "miñas" compañeiras, pandereteiras e non pandereteiras, que tanto cantan como catalogan libros, cociñan lampreas ou bailan a muiñeira,  e sempre, sempre, atentas a facer "piña", a cuidarse unhas a outras, a cuidarme a min.... porque en Vide traballamos e cantamos xuntas!!!



jueves, 4 de abril de 2013

O violín de Paul Klee

Pau l Klee de pequeno aprendeu a tocar o violín. Os seus pais querían que fose músico , e o neno tocaba o violín tan ben que aos once anos xa  era todo un "virtuoso", pero cando rematou o Instituto, Paul decidíu que quería ser pintor, non músico, e marchou a Alemania a estudiar pintura.
E  cando pola mañán escribimos a palabra VIOLÍN:
- Que palabra tan bonita, dixo Iris.
- Como é un violín?- dixo Diego.
- Como se toca?- dixo Marcos.
.......tantas preguntas requerían unha resposta rápida, da que se encargaron Alba e Noa:
Google, imaxes, violín. Escollimos a imaxe que máis nos gustou e puxémonos a "estudiar como é un violín".

Logo you tube, axudounos escoitar un violín e observar como se toca:


UUUFFF! que marabilla!

miércoles, 3 de abril de 2013

Día Internacional do Libro Infantil

Como hoxe a Biblioteca estaba de celabración- o 2 de Abril é o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- fíxémoslle un agasallo:

Unha caixa chea de LIBROS  SORPRENDENTES,  e de entre eles dous moi especiais, pois están cheos de posibilidades:

"ANIMALARIO", de Angeles Navarro en Editorial Combel. un libro para ler, para buscar, para pensar e para xogar, que ademáis inclúe un xogo de memoria e outro para inventar animais fantásticos:




e un libro novo de Hervé Tullet: "Juego de la escultura", en editorial Phaidón., que como todos os libros de este autor é sorprendentiiiisimo: podémolo converter nunha escultura:



Xa vos seguiremos contando.

martes, 2 de abril de 2013

PAUL KLEE, recursos

Seguimos aprendendo sobre Paul Klee, e aquí é onde buscamos información:

Preme na imaxe

Lamiun maculatum

SI SEÑOR!
que hai moito científico/detective/herborista en Vide.

Houbo os que non tiveron sorte:

- preguntaron só a nai, que dixo "nin idea"
- preguntaron á familia e logo a algún  veciño e "nada, nadiña".
- botaron man de internet , xunto coa súa nai e non deron "co demo da planta esa"

Houbo quen "casi, casi.." pero era outra planta .

E por fin, houbo os e as que aplicando un método parecido deron coa solución:

-En internet apreceu unha foto igualiña, igualiña e...era!
-A avoa sabía como se chamaba a planta.

..e así chegamos a : LAMIUN MACULATUM,  coñecida como chuchamel ou estruga morta.

Logo da posta en común, para confirmar o resultado buscamos nunha nova fonte: dous libros da Biblioteca da escola:



e xa podíamos resumir:


CHUCHAMEL OU ESTRUGA MORTA
VIVE Á BEIRA DOS CAMIÑOS.
PARÉCESE Á ESTRUGA PERO NON PICA. 
SE CHUPAS A FLOR SABE DOCE.
SERVE PARA TRATAR A DIARREA, AS VARICES  E AS QUEIAMDURAS.


Para rematar saímos a recoller máis chuchameles e "estudiámolos" con moito cuidado:

- as follas, o talo, a flor, as cores, o tamaño, a forma, o cheiro.....

Puxémolo nunha ficha e ....TRABALLO FEITO!!!!!!!