Mostrando entradas con la etiqueta coeducación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coeducación. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de marzo de 2014

8 de marzo

Este 8 de marzo chegounos a escola a contrapé. Aínda nos remataramos de dixerir o proxecto traballado, China,  a festa do Entroido coas súas vacacións,  iniciando o novo proxecto sobre Miró, cando tiñamos xa diante esta celebración.

Pero é un día que non podemos deixar pasar, e apresurámonos a acudir á Biblioteca e montar unha pequena exposición para visibilizar os libros de xénero e coeducativos, que ademáis de poder levar prestados nos "Contos de pola noite", poderán ser utilizados  na "Hora de ler"; e durante a semana que ven, o alumnado escollerá de entre eles os que a mestra, eu, leerá en voz alta na " Hora do conto", ou eles se lerán uns a outros nos pequenos momentos de lectura que sempre buscan nos tempos libres.

E si son "boíños" veremos algúns videos de contos que temos en "Contos para ver e ler" e non temos na Biblioteca, como

 El Príncipe Ceniciento

SuperLola  ou

Una feliz catástrofe

E eu quero homenaxear neste día a dúas mulleres mestras: as irmáns Cossettini, que na primeira metade do século XX puxeron en práctica, contra vento e marea, un modelo de escola diferente  que hoxe,  coa LONCE cabalgando en lontananza,sigue vixente máis que nunca,





E unha cousa máis:
Cando eu era moza saín á rúa para reclamar a supresión do delito de adulterio, reivindicar o dereito ao divorcio e máis tarde o dereito das mulleres para decidir sobre o noso corpo. Logo, cando vin medrar a miña filla nunha sociedade con estes dereitos acadados, nunca pensei que as miñas netas terían que sair de novo á rúa, e correr diante dos "grises", en defensa dos seus dereitos como mulleres.

Pero parece que vai ser que si.

Por iso mañán, eu, a miña filla e as miñas netas, estaremos en Santiago defendendo  de novo o dereito das mulleres a un aborto libre e gratuito.

martes, 8 de diciembre de 2009

Daniela

Navia, Amara, Saray, Irene, Arianna, Noemi....





Vía Coeducación

lunes, 30 de noviembre de 2009

PRINCESAS E PRÍNCIPES

Chegou xá a Biblioteca A2 o libro" La Cenicienta que no quería comer perdices" que as autoras, Numila López e Myriam Cameros adican a

"... todas las mujeres valientes que quieren cambiar su vida y a todas aquellas que la perdieron y nos iluminan desde el cielo".

Tiñamos a versión dixital, pero agora podemos tocalo, repasalo, levalo na carteira, lelo polo principio, polo final.... Contáronnos que se pode atopar en catalán e en euskera, ademáis do castelan , claro, pero en galego...en galego.... pois non.

Este conto, que como explican as autoras, tiveron que autoeditalo porque ninguha editorial se facía cargo, movilizou a moreas de personas, sobre todo mulleres, a través de foros de internet, portales web e blogs, e tal foi o seu éxito que Planeta agora , si se decidíu a publicalo e xa está en todas as librerías.

Como di Alicia Puleo no seu blog:

"....Originariamente escrito para adultas, creo, sin embargo, que puede ser un hermoso relato para niñas y niños que reciben una educación en la libertad, la autoestima, la igualdad y la sensibilidad hacia los demás seres vivos."

viernes, 27 de noviembre de 2009

AZUL E ROSA

A semana pasada chamoume polo teléfono a Bruxa do Campanario cando estabamos en clase para dicirme que nos mandaba dende Brasil- onde ela pasa o noso inverno- unha moneca de YACI, e houbo un "pequeno" debate.
Que se era, que se non, que se eu son unha metireeeeeeeeeira.
Todo porque cando Saray colleu o teléfono a bruxa xa colgara.
¿E que culpa teño eu diso?
Menos mal que ao día seguinte cando entramos na escola alí estaba o paquete con xogos e a moneca.
Saray aínda rosmou un pouco:
- Pero a Bruxa do Campanario non existe.
- Por favor!- dixenlle eu toda ofendida- e logo quen nos mandou isto desde Brasil?
Pareceume que diante deste "alarde" de lóxica xeografica, Saray, e @s demáis, quedaron convencid@s, pero para asegurarme, o luns, cando cheguen á escola van atopar na porta unha caixa chea de libros "noviños do trinque" e unha nova mensaxe da devandita bruxa.

Na caixa estárán uns libros publicados en galego e para os máis cativos, e que tratan os estereotipos de xénero.

É a colección Lila Lilaina de Edicións A Nosa Terra:

- Azul e Rosa.
- Roi quere ser mamá.
- Carlota e o príncipe azul.

A autora e ilustradora é Ana Pillado Veiga.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

¡QUE NON TE ENTERAS DE NADA!

Estabamos a ver na pizarra dixital o conto de Arturo e Clementina, eu ía facendo unha lectura/dramatizada, tod@s estaban caladiñ@s, atent@s... cando chegamos xa ao final do conto e eu, facendo de Arturo dicíalle aos "meus" amigos:

"Esa Clementina era unha desagradecida! Non tiña falta de nada...
Unha das nenas- esta vez non vou dicir quen- ergueuse da silla , encarouse a min e berroume:

- NON! CLEMENTINA É MOI LISTA! E TI ERES PARVO!
- Quee?- dixen eu.
- SI! QUE ARTURO É UN PARVO
-¿QUE EU SON PARVO?- contestei convertida de novo nun Arturo alporizado.
- SI,SI, ERES UN PARVO, QUE NON TE ENTERAS DE NADA!- díxome como quen dí ...punto final, e sentouse de novo toda enfurruñada.

Terminamos de ler/ver o conto, falamos de Arturo, de Clementina, de Venecia, de escribirlle outra carta a Clementina ... xogamos.... e a mañán seguíu, pero a miña cara leva todo o día cun sorriso tonto que non dou sacado.

...e que había que ver como se me enfrentou!

viernes, 14 de marzo de 2008

Carta de Clementina

Hoxe a carteira trouxo unha carta de Clementina, o sapoconcho.

A sorpresa foi total. ¿A que "Clementina" se lle ocurríu?.

¡Menudo follón se montou na escola!. Houbo que ler a carta tantas veces que eu pensei que tiñan pensado memorizala. Caseque era hora de sair e el@s, que non, que había que contestarlle á carta. Menos mal que @s convencín para deixalo para a volta das vacacións.
A carta tamén foi leída, e comentada, polas nais, pais e avoas.
Entre elas a pregunta era:
-¿Quen tivo a idea?.
Logo de darlle voltas- e revisar o franqueo do sobre- chegamos a conclusión de foi Clemetina-Estefanía a que tivo a maravillosa idea de mandarnos esta misiva. Moitas gracias "Clementifanía"

Pero agora, xa sabes, tes que vir- tal como contas- de visita á "lagoa do ollo do inferno" . ¡En menudo lío te metiches! Vanche mandar unha carta para preguntarche o día que chegas e irte esperar á lagoa. E van contarche algo moi importante:

Non eres un sapoconcho común - Emys orbicularis- Eres un sapoconcho leproso-Mauremys leprosa-. Foi o que nos dixeron en Medio Ambente dos sapoconchos da lagoa. Así que xa podes escribir o teu nome e apelidos:Clementifanía Mauremys Leprosa.

miércoles, 27 de febrero de 2008

Marea Negra

Onte catro mulleres morreron asasiñadas polas súas parellas en Madrid, Cádiz, Valencia e Madrid.Hoxe, unha muller foi apuñalada en Mallorca e outra en Pontevedra. A prensa falaba dunha xornada negra. martes, mércores, xoves....negros de loito.
Si non queremos ser cómplices desta Marea Negra teremos que ser belixerantes contra os modelos de comportamento machista e violentos en todas as súas manifestacións.
E a escola terá que constituirse dunha vez por todas nun espacio coeducativo, onde nenos e nenas se formen en igualdade.

"Elas son as baixas, as nosas baixas, nunha guerra lenta pero de longo percorrido. Unha guerra na que imos ganando batallas moi devagar. Elas están a pagar o prezo da nosa liberdade e a plena igualdade que disfrutarán as nosas fillas, ou as fillas das nosas fillas."Pepa Bueno en Mujeres en Red


Materiais de consulta:

Guia formativa. Violencia de Xénero. Xunta de Galicia.

Aprendendo a previr a violencia de xénero

Guia practica para Mulleres que sofren violencia.Servicio Galego de Igualdade.


Materiais Coeducación .Servicio Galego de Igualdade.


Recursos e materiais Vicepresidencia Xunta de Galicia.



E tamén

- La violencia de género en las mujeres jóvenes.
- Educar en igualdad
- La intervención escolar en la construcción del género.
- Materiales didácticos para prevenir la violencia de género.
- No te lies con los chicos malos
- Herramientas Didácticas para la lucha contra la violencia de género.


lunes, 18 de febrero de 2008

Arturo e Clementina


Había moito tempo que andaba a procura do libro de Adela Turín: "Arturo y Clementina", e o sábado atopeino. Xa o temos na Biblioteca. Cando rematemos a actividade de "Vide en Verde", comenzaremos con el. En internet atopei multitude de propostas de actividades, tanto para pequenos como para maiores. Si cadra o poderemos traballar na "Comisión de Biblioteca".
Tamén atopei un artigo de Paco Abril que, a propósito deste libro, reflexiona sobre a "atención desatenta". ¡Cantos Arturos! e...¡cantas Clementinas!