Mostrando entradas con la etiqueta wangari. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta wangari. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de septiembre de 2011

Wangari Maathai, a nai das árbores

Vimos de saber que o pasado domingo morreu Wangari, a "nai das árbores".
Coñecimos a Wangari co proxecto "As árbores da Paz".

Traballamos co conto "Wangari e as árbores da paz" , fixemos un "Blog das tarefas", creamos traxes de Wangari, recollimos sementes e plantamos árbores e con ela aprendimos de Kenia, dos seus homes e mulleres, da súa vida e os sus costumes, da importancia da defensa da natureza como un medio para o desenvolvemento das comunidades locais e a identidade cultural.

Wangari sempre estará viva para nós. En cada semente que recollamos, en cada árbore, en cada home o muller, neno ou nena que entenda como ela que a defensa medioambiental é un dos camiños para a paz, o respecto e os dereitos humanos.



miércoles, 10 de febrero de 2010

Disfraz de Wangari: FEITO!!!!

Xa dixemos que este - non podía ser doutro xeito- , era o Entroido de Wangari. O colorido e fermosura das súas túnicas chamaronnos moito a atención e o seu pano na cabeza parecíanos do máis favorecedor.

@s nen@s traballaron moito observando os vestidos de Wangari, copiando, diseñando.... e logo plasmáronno nas bolsas de plástico de cores.

O traballo está feito e quedou.......PERFECTO!!!!!

O venres, un feixe de Wangaris pasearán pola parroquia repartindo árbores da paz e cantando "Olelé", por suposto.

Á volta na escola as nais e pais vannos ter preparado un MAGÍFICO XANTAR para agasallar a estes wangaris videnses.

E que non chova.



miércoles, 3 de febrero de 2010

ENTROIDO CON WANGARI

O mes de xaneiro quedounos corto e imos seguir con Wangari ata as vacacións de Entroido.

WANGARI E OS SEUS AMIGOS do Cinto Verde pasearán neste entroido polos camiños de Vide levando pequenas árbores da paz.

Fomos recoller landras debaixo do noso carballo e coas noces que xa tiñamos apañadas de antes fixemos dous alcouves:

Un para "dentro", e outro "fora" na veiga, perto das fabas e das cebolas.

Seguiremos a evolución das sementes para ver onde saen antes. Cando teñamos as plantas hai "diferentes" propostas de que facer con elas: dende ir á feira a vendelas ata regalalas @s veciños para que planten o arboriño no seu eido, ao xeito de Wangari.

Xa se verá, polo de agora seguiremos co blog das tarefas e cuidando dos alcouves.

CONTO DE WANGARI

Gracias as compañeiras e compañeiros das Bibliotecas Escolares, sempre xeneros@s e dispostos a botar unha man e "aprender á que non sabe", fun quen de "construir" este video co traballo das nenas e nenos.

viernes, 29 de enero de 2010

Cantar e contar no día da paz



Mentras preparamos o alcouve onde as sementes de carballo e nogueira irán medrando para converterse en arboriños da paz, cantamos e contamos o conto de Wangari






viernes, 22 de enero de 2010

WANGARI E O COLIBRÍ

Este é o conto que contou Wangari:

Todo o monte estaba ardendo e o incendio espallábase máis e máis.
Os animaís fuxían espantados buscando o río para tentar salvarse.

Nisto viron como un colibrí voaba cara o lume.

- Que cousa máis rara- dicían- ese paxaro está tolo, nós fuximos e el vai cara o lume. Está tolo!
E pararon a ver que
facía.

O colibrí voou ben alto no ceo ata o centro do ince
ndio, e dende alí soltou, con moito cuidado, unha pinguiña de auga que levaba no peteiro.

O colibrí ía e viña, deixando cair cada vez unha pinguiña de auga.
- Ehhhhh!!!!- berráronlle os outros animais- que fas? Estás tolo?
O colibrí, case sen folgos, pousouse na pola dunha árbore e dixolles:

-Eu? Eu estou facendo TODO O QUE ESTÁ NO MEU PODER para parar este incendio.

miércoles, 20 de enero de 2010

COMENTARIOS ÁS ENTRADAS

Hoxe caseque quedamos sen alumnado. Seica hai un "virus" pululando por As Neves.
Como eramos moi pouquiños, traballar no blog foi moi doado.
Aprendimos a ver os Comentarios ás entradas da semana pasada ao blog das tarefas, buscar quen podía ser, de onde, e contestar.

Estaban encantados, e eu moi agradecida ás compañeiras de outras bibliotecas que deixaron o seu comentario .

Tomáronno tan en serio que me decatei que isto era tan importante como o propio proxecto de traballo e tiña que darlle a importancia que merecía.

Isto foi o que escribiron Saray, Jose e Javi:

A María:

PINTAMOS MOI BEN.
VIVIMOS EN VIDE.
VIDE ESTÁ NO PLANETA TERRA.
WANGARI É DE KENIA.
CERVO QUEDA MOI LONXE.
MOITOS BICOS MARÍA.

A Leo:

LEO TES UN NOME MOI RARO.
VEN AO BLOG SEMPRE PERO NON NOS DEAS COLETAZOS.
TEMOS UNHA BIBLIO AO LADO DA CLASE.
TEMOS FABAS NA VEIGA.

BICOS DE JOSE SARAY E JAVI.

A Mateo, que hoxe non veu a clase:

MATEO QUEREMOSTE MOITO.


Sorprendente , verdade?

Cando chegaron as nais e pais a buscalos, proxectamos o blog na pizarra dixital e tod@s estivemos a ler os comentarios e as respostas. Aínda rimos un pouco coas súas saídas, e sentímonos moi orgullosos dos nosos nenos e nenas.

martes, 19 de enero de 2010

Wangari e a diversidade cultural

O swahili é unha lingua bantú falada sobre todo na África Oriental. É a lingua oficial de Kenia, Tanzania e Uganda, pero tamén se fala noutros paises da zona: Congo, Ruanda, Burundi, Mozambique e norte de Somalia. Calcúlase que máis de 50 millóns de persoas falan swahili, pero para a meirande parte delas é o seu segundo idioma, e teñen outro idioma africano como lingua materna. O swahili ven a funcionar como unha lingua franca africana no lugar do inglés colonial.

Wangari Maathari cos anos foi cada vez máis consciente do vínculo esencial que hai entre diversidade biolóxica e diversidade cultural:

" Para dar voz e voto á poboación local, nas reunións do Movemento do Cinto Verde nas zonas rurais empréganse sempre as linguas vernáculas- no lugar do swahili- aínda si é precisa a presencia dun traduct@r" " O renacemento cultural é o único que pode evitar a destrucción do medio ambiente, o único xeito de perpetuar o coñecemetno e a sabiduría herdados do pasado e imprescindible para a supervivencia das xeneracións futuras". "Unha nova actitude cara a natureza permite adoptar unha nova actitude cara a cultura e a súa influencia no desenvolvemento sostible: unha actitude baseada en entender que a propia identidade, o repecto a un e unha mesma, teñen un papel fundamental na vida dunha comunidade e na súa capacidade de emprender accións que beneficien e garantan a súa supervivencia"
vía Revista Medi Ambient

A min gústame esta muller.

E entendo a importancia de promocionar o swahili en Kenia sen esquecer a defensa da propia identidade ao través do respecto ás linguas tribais.

Na escola aprendimos esta cantiga: é un canto tradicional do Congo en lingua lingala.

viernes, 15 de enero de 2010

Deberes

Dende que empezamos co conto de Wangari e o blog das tarefas @s nenos estarán aprendendo pero a mestra...Canto está aprendendo a mestra!!!!.

Xa sabía que os proxectos de traballo son dinámicos, pero agora, co blog pasan cousas como esta:

Eu propoño que "preman" nunhas imaxes porque penso que logo poderemos falar de Wangari, onde vive, de Kenia, a súa paixase, as árbores... e eles deciden que van falar, e falan, e queren ver máis imaxes, e como se escribe... león, elefante, xirafa, e porque un guepardo non é un tigre,e si ó elefante da foto é o pai ou a nai... e dícenlle á profe - a min- :
-Profe garda estas fotos- as dos animais- e logo as imprimes, e tamén podes poñelas aquí - no blog- para telas todas xuntas.
- E tamén lle podes poñer debaixo o nome e así xa miramos nós como se escribe.
- E podes facer unha ficha de fotos.
- E.. e.... e....

E o mundo ao revés. ¿Ou será así o mundo ao dereito?
E marchan para casa avisando:
- Profe, acórdate de facer os deberes.

Acordeime.

miércoles, 13 de enero de 2010

O blog das tarefas

O traballo do mes de xaneiro ímolo contar, a xeito de diario, nun novo blog:

O blog das tarefas.

Eu irei propoñendo tarefas, e @s nen@s irán contando como lle foi, que fixeron.....

Traballaremos nel tres días á semana: mércores, xoves e venres. Cada entrada irase facendo segundo quenda de dous.Eles decidirán que contar, que traballos subir....etc.
A min tócame facer as entradas das tarefas e correxir ao final as súas entradas- como dí Noemi: "axudar" que para iso eres a profe-

Manteremos un enlace no lateral deste blog, e outro no escritorio, para que lles sexa máis doado abrilo pola mañán para traballar nel.

Os dous primeiros días foron un "EXITAZO", a ver si conseguimos chegar a fin de mes igual de ilusionad@s. Eu penso que si, pois o sistema ten moitas posibilidades.
O conto de Wangari, é moi motivador porque o relacionan con experiencias do seu contorno.
Xa o primeiro día que o escoitaron "choveron" as propostas para ir a apañar landras e similares, facer un alcoube, cuidar ás arboriñas pequenas, repartilas entre os viciños....

Nun plis plás descubriron un sin fin de lugares onde lle viña ben unha árbore.

E a roupa de Wangari...

¡¡¡QUE TEEEEELAAAAAS!!!!! ¡¡¡¡¡¡QUE LAAAAAZOS!!!!!!, ¡¡¡¡¡¡QUE GUAAAAAAPA!!!!!!!,

tanto que xa me vexo indo á feira a Ponteareas o sábado para traerlles algo "parecido".

lunes, 11 de enero de 2010

WANGARI


Os reis deixáronnos un regalo especial:
"Wangari y los árboles de la paz, una historia verdadera" da editorial Ekaré, porque este mes de xaneiro iremos plantar- como todos os anos- ao baldío árbores autóctonas, e porque este mes é cando celebramos o día da Paz.
Pois xa temos traballo.
Para empezar eu aporto unha adpatación ao galego do conto:

Preme aquí para velo

Se queres saber máis consulta aquí:

el pais.

green belt movement

womens history

biografias y vidas.

rudax