Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matemáticas. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de noviembre de 2014

Xaime e as landras. De ler

Esta adaptación do conto  permítenos a lectura colectiva - vía pizarra dixital- ao telo pasado a maiúsculas significando  as palabras  máis repetidas:

Polo agora , ademáis de XAIME, LANDRAS e CARBALLO, quedámonos cos animais- cantos haberá ?- sobre todo porque algúns deles sonche ben complicados, senón mira ESQUÍO.



Ademáis premendo na imaxe,  tamén podemos xogar , vía Graxaltic infantil cun Lim con actividades :





martes, 18 de noviembre de 2014

Landras

Coas landras que apañamos andivemos de "matexogos" . Había que escoller as mellores para plantar, e de paso contamos, sumanos e quitamos.... e logo de xogar,
como non chovía fomos correndo ata o carballo de Isabel a facerlle unha visita e tocar a súa pel rugosa, comprobar as ondas das súas follas, e contarlle que as súas landras , cando agromen,  ímolas plantar no baldío, onde os cabalos que baixaron do monte comeron os carballiños que xa estaban medrando na plantación que fixo hai tres anos a Comunidade de Montes.

Logo na escola limos o conto e escoitámolo no video que fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo








lunes, 17 de noviembre de 2014

Xaime e as landras

"Xaime e as landras",Tim Bowley e Inés Vilpi, editado por Kalandraka , vai ser o noso proxecto de traballo, porque nós como Xaime imos plantar landras, e os carballos que agromen delas plantarémolos no baldío.

Escollimos este conto da biblioteca e mais "O carballo" de Calros Silvar, editado en Baía





Xa temos as landras recolectadas do carballo de Isabel, a nosa veciña. Un carballo ENORME e moi san , na beira do camiño que vai á escola e que enche o chan de landras .


miércoles, 12 de noviembre de 2014

Polo San Martiño


O  día 11 de novembro celebrouse o "Día do Peón", pero nós celebrámolo onte, porque parou de chover un pouco e poidemos sair ao camiño, porque 

Polo San Martiño 
peóns ao camiño.
Polo San Antón,
peóns ao caixón.
Polo San Amaro,
peóns ao faiado

e cando parou un chisco de chover, saímos a todo correr da escola cos peóns na man para facelos baillar no camiño, e algún beillou.

Xa na escola procuramos información sobre o peón, e recollímola de nenas e nenos de outras escolas, que xa tiñan feita a "investigación":


 cantamos, contamos e memorizamos o lengalenga
e  escribimos:

PEÓN
BUXAINA
TROMPO

E antes de marchar para casa aínda xogamos un pouco á mariola e escollimos co

Rei, rei
cantos anos durarei
vintecinco non o sei
un, dous, tres, catro, cinco, ...


porque xogamos.......MATEMÁTICO!







lunes, 3 de noviembre de 2014

Ciencias na cociña

Estamos no mes de Novembro o  "Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas" e nós, que neste curso temos unha escola matemática, biblioteca incluída, e non paramos de contar, medir, comparar, xuntar... imos comenzar a pesar, e que mellor que si facemos

ciencias na cociña


porque na unitaria temos unha cociña, cunha placa de inducción que é unha marabilla, unha báscula, un forno pequeniño, unha nevera do século pasado pero que fuciona... en fin, que estamos preparad@s para investigar cociñando.

E imos cociñar castañas, que temos moitas.

Cando fomos apañar castañas ao castiñeiro da nosa veciña a "Argentina", collimos tantas que nos sobraron moitas despois de facer o magosto, asi que discutimos que facer con elas:

- outro magosto non que chove.
- caldo de castañas non que é moito traballo.
- castañas con leite ummmm non sei , non sei...
- castañas en almibre si, siiiii

agora só nos queda investigar como se fan castañas en almibre.

Mañán empezamos.


viernes, 31 de octubre de 2014

SAMAÍN MATEMÁTICO

Quedamos en que este é un curso matemático non?, pois entón tamén o  Samaín  e o magosto son matemáticos.

Ademais de facer series coas castañas e landras, ordenar os cocos, agrupar as castañas e as landras, calcular que coco pesaba máis.... en fin , todo o que se nos ocurríu, fixemos unhas fichas " de avaliación matemática" para os libros do samaín:










viernes, 24 de octubre de 2014

BIBLIOTECA DE MATEXOGOS

Xa temos unha biblioteca de xogos matemáticos na escola:



e agora tamén una Biblioteca de MATEXOGOS para xogar na PDI, no ordenador, na casa ou na escola, con solo premer un botón:

Preme na imaxe e...LISTO:

jueves, 23 de octubre de 2014

Día das bibliotecas: Matemático !

Como temos unha biblioteca matemática, para o "Día das Bibliotecas" preparamos a lista dos 10 libros máis  matemáticos pois este curso imos

Contar cos contos

Estes son:





Si queres descargar a presentación preme AQUÍ

viernes, 17 de octubre de 2014

Números nos contos

Levamos uns días "investigando" na biblioteca buscando libros que nos permitan contar: 1,2,3,4...., primeiro, segundo...., ou que no seu título apareza un número.
Hai moitos, así que preparamos unha pequena exposición con eles e fixemos unha lista cos libros que máis nos gustan.
Fixemos grandes cartaces cos números e pasamos moito tempo a xogar con eles e ordenanando os libros polo número do título.
Como non se me ocurríu antes?



lunes, 13 de octubre de 2014

Tres osos

Co conto  "Tres osos" pasámolo moi ben ademáis de aprender unha morea de cousas:

Ler e escribir palabras: OSO, OSA, OSIÑO, PAPÁ, MAMÁ, RICIÑOS DE OURO, CAMA.
Ordenar grande mediano e pequeno.
Contar e escibir ata tres, para adiante e para atrás...
Contar o conto unha e outra vez: que pasa agora, que pasa despois... que fixo primeiro.....

E fixemos un panel enorme onde colocamos todo o qeu fixemos e o oque xogamos:




lunes, 29 de septiembre de 2014

Hora de ler: Matemático !

Puxeomos na cesta de "Hora de Ler" contos "matemáticos", que iremos cambiando "cando o público así o decida".l
Polo de agora, Caillou é o gañador indiscutible .


martes, 16 de septiembre de 2014

1,2,3

Sabes que hai moitos contos que teñen un número no título?
Pois si.
Fixemos unha viaxe pola biblioteca e descubrimos unha morea de contos cun número no título,
pero de todos os números o que máis lle gusta aos autores e o número.....

3 TRES 3


e seguro que quedarón algúns máis.

De entre todos,  escollimos "Os tres osos", e con el imos comenzar a traballar.

Para facer ganas , despois de lelo vimos o video: