Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de diciembre de 2014

Cantares de Reis

Os venres pola tarde ensaiamos os cantos cos que recorreremos Vide e As Neves os días 2 e 3 de Xaneiro.

"As Xaneiras", Panxoliña de Cadrón", os "Reis de Rinlo" e "Ollando pro ceo", son os éxitos deste ano. De seguro que recolleremos un bo aguinado porque cantar, cantamos DIVIINO!



E por si alguén quere aprender unha "nova", non deixedes de cantar e baillar esta panxoliña  de Chouteira: "O cometido"



viernes, 28 de noviembre de 2014

Cantares de Reis


Este é o repertorio deste ano. Incorporamos dous cantares novos:
- Os da manta.
- Ollei para o ceo.

martes, 7 de enero de 2014

Cantar os reis


O venres 3 de Xaneiro fomos cantar os Reis por As Neves, e o sábado por Vide.

O venres saíu moi ben, non chovía e a xente foi moi xenerosa cos nenos e nenas cantadores. Como todos os anos achegámonos ao Centro de Día de Maiores a saudar e cantar cos avós e avoas, e abofé que cantamos.

O sábado en Vide comenzou mal pero rematou ben. Primeiro suspendimos a andaina pola tarde de chuvia e, como estabamos citados na Casa da Auga, improvisamos alí unha sesión de cine e unha festa/merenda para nenos, nenas e NEEENAS, á que nos invitaba a Asociación Cultural Vidense

Xa estaban os pequenos na película cando parou de chover, e as NEEENAS decidiron que había que sair pola aldea aínda que fora un pouquiño e en coches. Deixamos aos máis cativos nos cine e alá fomos: á tenda, áo bar, á carnicería, á perruquería, á casa das familias e a casa duns poucos viciños que nos quedaban de camiño.

Cando regresamos á Casa da Auga , xa anoitecia e os pequenos esperaban por nós coa mesa da merenda posta.

Que fame da o traballo ben feito!!!

E menuda festa de colchonetas imos facer co aguinaldo !!!






viernes, 20 de diciembre de 2013

Un paxe na escola

Como todos os anos, un paxe do Pai Natal achegouse á escola cargadiño de galdrumadas e cun agasallo para os nenos e nenas de Vide.

Esta vez todos discutían se sería "parecido" ao pai de Antón ou ao pai das xemelgas, pero cando apareceu o paxe pola porta da Biblioteca, que como TODO O MUNDO SABE estaba pechada con chave, e non tiña xeito de ter entrado se non fose o "verdadeiro".... quedaron tan abraiados que se fixo  o silencio ata que comenzaron a berrar e aplaudir.

E todos contentos. Tamén o "paxe" que este ano non tivo que sofrir que todos os nenos e nenas estivesen a quitarlle parecidos co pai de alguén.

E houbo agasallos para todos e todas, ata para a mestra.







jueves, 19 de diciembre de 2013

Actividades Nadal

Este é o calendario de actividades para este Nadal.
Non esquezades as citas!!!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Polo Nadal: libros

Que mellor agasallo polo Nadal que un libro para ler, outro para xogar, outro para inventar e outro para bailar?

Abre o boletín e verás as nosas propostas:

martes, 17 de diciembre de 2013

Biblioteca de agasallo

Se poñemos a escola "de nadal", non pode faltar o mellor agasallo de todos:

Velai vai:


lunes, 16 de diciembre de 2013

Escola en Nadal

Este mes todo vai de Nadal, o traballo vai arredor dos contos ,os cantares e tamén xogos plásticos co tema do nadal ou do inverno, e todos, nen@s e mais eu empezamos a inventar, a facer... e era tan divertido que seguimos a facer a a facer...

E como cada día inventabamos algo, cada día a escola quedaba máis bonita.

lunes, 2 de diciembre de 2013

Recursos para o nadal


Chegou decembro e con el o Nadal.

Nesta entrada recollo algúns recursos para traballar na escola:


  • Para traballar O APALPADOR,  enlace a un recopilatorio de videos, cantigas, contos... AQUÍ
  • Para decorar a escola, se premes na imaxe, unhas ideas que recollín na rede:






E preme nesta outra imaxe para atopar enlaces a xogos co tema de Nadal







domingo, 17 de noviembre de 2013

viernes, 11 de enero de 2013

Cantando as Xaneiras

O venres 28 de Decembro, fomos cantar  os reis- ou as Xaneiras?- a As Neves. Como polas rúas non había moita xente- e iso que era o día da feira- fomos de porta en porta e cantamos e cantamos recollendo o aguinaldo,
Como os outros anos, tamén visitamos "aos nosos vellos" no Centro de Día  e repartimos cantares, bicos e apretas. Cantamos no mercado, no centro social, no concello, na librería de Rocío.... non nos quedou lugar sen cantar, e antes de regresar a Vide, descansamos no "bar da praza", onde nos invitaron a "picar algo e beber un refresco".


Unha marabillosa mañán de sol co traballo ben feito.
Despedímonos e quedamos para o venres 4 de Xaneiro cos tractores, para ir cantar por Vide.

E chegou o día e alí estabamos cos tractores de Geni, Bea e Jorge como trasporte, recorrendo Vide. Outra vez o tempo foi benevolente  e unha tarde de sol- xa era hora- acompañou os nosos cantos  por toda a parroquia.



Rematamos na escola nunha "festiña", polo ben que o fixeramos. Agora a esperar á primavera para "investir" as nosas ganancias nunha festa descomunal con clochometas.
E ata  o ano que ben!!!


Eu , de regalo de reis, deixo este "recordo" dos ensaios:


Ola Bruno!

Todos os anos un "Papá" Noel visíta a escola .

Un "Papá" Noel que todos os anos, con moito coidado prepara o saquiño dos agasallos e galdrumadas que repartirá entre os nenos e nenas da escola, arrumba a súa barba, toda espeluxada, comproba que a súa gordura está ben distribuída debaixo do  traxe e do cinto e, unha vez que o espello lle di qu está PERFECTAMENTE IRRECONOCIBLE, chama a porta da escola.

Todos os anos os nenos e nenas de Vide arrumban a súa exposición de libros de agasallo, para darlle ideas ao "Papá" Noel, enchen a escola de bolas e cintas de cores, preparan o libro que van levar para casa, colocan as viandas de Nadal na mesa co mantel e séntanse no contacontos a esperar, mentras cantan panxoliñas e cantos de Nadal.

Todos os anos , chegan as nais, pais, avoas....coa súa cámara de fotos e os seu sorriso para seren testigos da chegada e da sorpresa....

....e como todos os anos en canto a porta de escola se abríu para deixalo pasar

- Ola Bruno!!!!.

Houbo que agarrar ben agarrado ao "Papá " Noel, que a pouco se desmaia do disgusto-

Temos experiencia, porque o ano pasado pasounos o mesmo cando :

- Ola pai de Antón!!!

e o ano anterior, e o de antes......

Estamos a pensar en avisar ao Señor Apalpador, a ver si temos máis sorte, ou a súa novia e  preparar a cámara de vídeo para poder documentar o momento en que entre pola porta adiante e todos os nenos e nenas queden  SEN FALA.




¿Como é posible recoñecer?


miércoles, 19 de diciembre de 2012

Agasallos de Nadal

Como todos os os anos, dende a Biblioteca A2 preparamos  unha escolma de libros  para que o Apalpador, o Papá Noel, os Reis Magos ou quen fore menester prepare os seus agasallos de Nadal para nenos e nenas, mozos e mozas, avos e avoas, nais e pais....
Este ano, cun Nadal "recortado", apostamos por apoiar as editoriais que publican en galego, nunha homenaxe ao seu esforzo e compromiso coa nosa lingua, que dende unha escola rural como a nosa valoramos especialmente, sempre  a procura achegar ao noso alumnado material na súa lingua, na súa fala.

E así propoñemos películas, música, banda deseñada, contos para cativos e menos cativos, novelas....un amplo abano de posibilidades para agasallar a todos os que queremos.


sábado, 7 de enero de 2012

Cantar os reis en Vide

Pouco faltou para que este ano non poideramos sair a cantar os reis en Vide.
Toda a mañán chovendo e ao mediodía, que parecía que paraba... non: veña a poallar.
Os teléfonos botaban fume.
- Saímos?
- Suspendemos?
- Aínda que chova podémolo intentar.
- Se segue a chover quedamos.
- Pasámolo para mañán...

Ao fin decidimos encomendarnos á bruxa do campanario de @s máis arriscados aparecer na Casa da Auga ás 4 da tarde.
E NON CHOVEU!!!!
Pero só tiñamos un tractor, aínda que para os nenos chegou, alí todos apiñadiños.Iso si, ía adornado de premio.
Os demáis montamos nos coches e recorrimos Vide parando nas casas e lugares cantándolles os reis. Logo na Casa da Auga, un chocolatiño, parra espantar o frío.
...e co aguinaldo que recollimos o noso bote seguíu enchendose.




sábado, 31 de diciembre de 2011

viernes, 23 de diciembre de 2011

Cantando os reis en As Neves

Hoxe as 10 da mañán xa estabamos na escola dispostas a subir aos coches e marchar a As Neves a cantar os reis. Dixérannos que tiñamos que ir cedo, pois a xente ía á feira a primeira hora.
E alí estabamos as dez e media, chantados na praza do concello, cheíños de frío pero dispostos a traballar arreo e recoller o aguinaldo. Eramos unha morea de xente: nenos e nenas, nais, pais, avós, tías, irmáns....
Malia o cambio de hora na feira pouca xente había, así que fomos de recorrido. Nós veña a cantar, tocando as pandeiretas e as piñas, acompañados os nosos cantos co acordeón de Edorta, o pai de Antón, mentras Bea, a nai de Noa, e Digna, a avoa de Fabi, non deixaban escapar a ninguén sen "pagar aginaldo".
No bar da praza de As Neves invitaronnos a chocolate- que boa falta facía tan quentiño- e nós en agradecemento cantamos e cantamos.
Logo de volta en Vide repartimos as galdrumadas e contamos os cartiños, que gardamos no bote para xuntar e poder alugar unhas boas colchonetas.
Que ben cantamos as de Vide, e que ben o pasamos!
Agora a esperar ao día 4 de xaneiro, que sairemos en Vide.
E que non chova!.



martes, 20 de diciembre de 2011

lunes, 19 de diciembre de 2011

A escola en Nadal.



Sempre en decembro enchemos a escola de adornos e libros. Esta vez ata fixemos a árbore de nadal de nadal de libros, que quedou la mar de ben.
Temos un mural do Apalpador, para non esquecelo saber máis cousas del, e, coma sempres unha exposición con libros MARAVILLOOOSOS!!! que lle poderemos pedir aos reis:

jueves, 15 de diciembre de 2011

Boletín de Nadal

O Nadal é un tempo no que os nenos e as familias intercambian agasallos. Dende a Biblioteca da Unitaria de Vide vos propoñemos estes magníficos regalos :

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Mércoresdadúas

Pola tarde na escola non entraba nin unha agulla.
Nenos e nenas pequenos e grandes, nais, pais, avoas... e ata algunha tía. Tod@s dispostos a ensaiar os cantos que levaremos cando no Nadal vaiamos cantar os Reis pedindo o aghinaldo polas casas da parroquia.

E cantamos, tocamos coas pandeiretas e as piñas- menudo invento- e eu tan entusiasmada estaba que esquecín " o documento gráfico", e iso que tiña a cámara de fotos preparada.
Logo as 7 fun á "Casa da Auga" para abrir a "Biblioteca da Dúas na Casa da Auga" e atopeime que Fabiola xa se encargara ela de abrir e tódolos ordenadores estaban ocupados con xente traballando.

Hai días que todo sae ben.

Deixo aquí a letra da cantiga nova deste ano. Un arreglo "creativo" dun texto que atopamos:


OS TRES CAMELOS

Os tres camelos dos reis
ao chegaren a Galicia
como non viron deserto
morrían os tres de risa

E ao veren tanta auga
nos regatos e nas rías
Que catarro imos coller
como veña unha chovisca!

Melchor tocaba unha gaita
Baltasar un tamboril
o Gaspar que non é músico
alumea cun candil

Os camelos coa risa
montaron tal foliada
que saíu a xante fora
para ver o que pasaba.

Entón dixeronlle os reis
á xentiña do lugar:
deannos o aguinaldo
porque lles vimos cantar.