Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de febrero de 2014

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o día de Rosalía. Xa tiñamos a porta da Biblioteca preparada para ela e tiñamos tamén unha cesta con camelias para agasallala no día do seu cumpreanos. Recordamos os poemas que tiñamos aprendidos e memorizamos un novo que nos ensinou Marcos:

Adios rios, adios fontes,
adios regatos pequenos.
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.

e outro máis que escollimos de un dos libros da Biblioteca:

Corre o vento, o rio pasa,
corren nubes, nubes corren,
camiño da miña casa.




viernes, 21 de febrero de 2014

Rosalía na porta da Biblioteca

make an animated gif gif creator online
make an animated gif go to www.loogix.com


                                    click here

lunes, 11 de marzo de 2013

Video de Rosalía

Xa temos a "proba documental" do recitado do poema de Rosalía no Instituto de As Neves, gracias ao "Equipazo" de Normalizaicón Lingüística.
Gracias, gracias, gracias.

martes, 26 de febrero de 2013

Con Rosalía no Instituto

E alí estivemos, celebrando o día de Rosalía xunto ao alumnado do Instituto de As Neves, os seus poemas e os nosos poemas, recordando a Rosalía.







jueves, 21 de febrero de 2013

Día de Rosalía

Mañán trasladarémonos ata o Instituto de As Neves , para celebrar xunto co seu alumnado o día de Rosalía. Recitaremos o poema que tanto traballamos: " Vente rapaza".
 Coas fichas de traballo elaboramos un libriño de Unitariadevide e na Biblioteca un boletín informativo cunha pequena biografía de Rosalía e uns poemas, para que as nais/pais e fill@s podan lelos xuntos na casa.


Rosalía de Castro

Aínda non nos deramos borrado da cara os bigotes de Dalí cando xa estabamos visitando- virtualmente,claro- a casa de Rosalía en Padrón , pois un ano máis sumámonos ás actividades  de celebración do Día de Rosalía.
Recollimos na Bilioteca o libro "Parece unha rosa" e "Adiós ríos, adiós fontes" e logo de darlle moitas voltas quedámonos con:

Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente; Minguiño,
Minguiño, vente;
douche, senón
polo demos do dente.
E como estes nenos e nenas de Vide son marabillosos aprenderon o poema nun plisplás e aínda nos deu tempo de ir de "excursión" por Vide na procura de fontes con pilón.

Aquí podedes ver e escoitar  a estes verdadeiros "rapsodas"