un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo
mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total"
A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Como no conto de Rodari "Un e sete" - si, aínda seguimos con el- só había nenos, eu decidira "adaptalo" e así apareceu en París unha nena : Adele, e en Nova Iorque outra, Emily. Tamén fixen que algúns dos pais se convertisen en nais para que o "cadro" quedara máis completo.
A pesares diso, cando chegamos a CHU, que vivía en Shanghai, unha das primeiras preguntas foi:
-É neno ou nena?
Eu propuxen que decidiran eles, e comenzou a discusión.
- Pois eu digo que é neno- Marcos-
- Debe ser nena, porque hai moi poucas, só dúas- Samara-
-É verdade- Saul- ten que ser nena.
E foi nena.
Eu quero pensar que a Rodari lle parecería ben a "miga" que pode ter o seu conto.
E agora estamos a buscar nomes chinos de nena e neno e a coñecer un pouquiño de Shanghai .
De entre todos os nomes , escollimos AN, que significa PAZ
Continuamos traballando co noso libro "Un e sete", pero hoxe ademáis para celebrar o día da Paz xogamos "xogos cooperativos", ou xogos de axudar, como lle chaman os nenos , logo, falamos, moito, de como se resolven os "problemas" falando, despois un pouco de encerado dixital:
Un LIM vía EEI Tarrío-Samieira
Outro LIM elaborado por Ana Martínez Rey, vía Actiludis
E de remate modelar e pintar unhas maravillosas pombas da paz que mañán estarán listas.
Levamos unha semana traballando un precioso conto de Guianni Rodari: "Un e sete", publicado en castellano na editorial SM.
Nós adaptámolo, traducímolo ao galego e preparamos un video narrado coas voces de nenos e nenas:
No mes de xaneiro traballamos ao redor do libro "Seis barbudos" , un precioso conto de OQO que serve para decatarnos de que guiarnos polas apariencias só nos leva a equivocarnos coas personas.
O conto gustounos tanto que fixemos un conto novo.
Ademáis serviunos tamén para aprender a escirbir unha morea de palabras novas:
BARBUDOS
ATA LOGO!
PAN
TENDA
CHOURIZO
PALLASOS
GLOBO
CONTO.....
xogar aos oficios e as tendas, e contar para arriba e para abaixo quitando unha.
De remate coas fichas traballadas en Unitaria de Vide elaboramos un conto novo para levar para casa e lerllo á nosa familia.
Quedounos la mar ben.
Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o día da paz, e nós , aínda que un pouco fora de tempo, plantamos as landras nas botas para que na primavera crezan nelas uns fermosos árbores da paz.
Xogamos a darnos moiiiiitos bicos e apretas, limos o conto "O carballo con botas" e coñecimos a historia
Para celebrar o Día da Paz traballamos un conto: Lucía e os seus amigos
Coas fichas traballadas, cada un dos nenos e nenas editou o seu propio conto en Editorial Unitariadevide.
Ao remate falamos do significado da pomba e do día da paz: PARA RESOLVER OS CONFLICTOS COMPRE FALAR, NON PELEXAR, e para rematar pintamos nas mans unha pomba que levamos para casa xunto co conto.
Moitos papeliños pegamos para facer o noso conto de "Pequeno azul e pequeno amarelo", pero cando vimos o conto rematado quedamos tan contentos, que decidimos grabar as voces para contalo.
E pasámolo ben.
O problema foi facer a montaxe. Levoume o seu tempo aprender a facelo, pero ao fin, fun quen de conseguilo.
Aquí queda para que mañán os nenos e as nenas se sorprendan do ben que contan o conto e do lista que é a súa mestra.
Gracias as compañeiras e compañeiros das Bibliotecas Escolares, sempre xeneros@s e dispostos a botar unha man e "aprender á que non sabe", fun quen de "construir" este video co traballo das nenas e nenos.
Mentras preparamos o alcouve onde as sementes de carballo e nogueira irán medrando para converterse en arboriños da paz, cantamos e contamos o conto de Wangari
Hai días que a Unitaria é ese lugar privilexiado onde podes parar o tempo , esquecer as tarefas programadas, calendarios e horarios, sentarte na alfombra e "só" escoitar, dar palabras , mediar e axudar a que os nenos e as nenas resolvan os seus CONFLICTOS.
Porque hoxe no recreo tivo lugar a GRANDE LIORTA.
Dous minutos de labazadas, piñas, empuxóns, berros... e logo..... choros, moitos choros.
Contexto: As nenas decidiron que TODOS ían xogar a pillar, pero os nenos non querían. A elas tanto lles tiña o seu desexo e pilláronos, levaronos ao cárcere....ata que eles marcharon para o cuberto avisando que NON QUERÍAN XOGAR. Elas, teimudas, foron onda eles a pillalos de novo.
....e dous nenos botáronas fora a piñas... e dúas nenas contestaron con labazadas... e... e... e remataron os catro chorando.
E fomos para dentro a "solucionar". Nas primeiras roldas de intervencións todo estaba moi claro: Se os nenos non querían xogar, elas non podían seguir molestando.
PERO:
Elas: Os nenos son VIOLENTOS, porque se nos dixeran "por favor non nos pilledes que non queremos xogar" ben alto, en vez de bater en nós, pois xa non pasaba nada. Eles: Pode ser que llo dixeramos baixiño, pero non nos facían caso e non nos quedou máis remedio que "darlles".
E houbo que seguir fiando.
Pouco a pouco foi quedando claro que unhas por non facer caso cando lles dín "NON", outros por resolver batendo, outras por responder con máis....estaban tod@s metid@s nun lío.
Chegados a este punto, unha das nenas preguntou con voz toda agoniada:
- ¿E si nos pedimos perdón e falamos, solucionamolo? - Non sei- dubidei eu- non sei. Isto foi MOI GRAVE. Entón choveron as propostas: - Mira como nos damos apretas, e bicos.... e ti non ME BATAS NUNCA MÁIS, e tí TAMPOUCO ME BATAS A MIN, e ti pídeme perdón, e eu douche unha apreta MOI GRANDE........
- ¿Ves profe como solucionamos FALANDO?
E a mellor: - Profe, hoxe AINDA non era o día da paz.
Todo o monte estaba ardendo e o incendio espallábase máis e máis. Os animaís fuxían espantados buscando o río para tentar salvarse. Nisto viron como un colibrí voaba cara o lume. - Que cousa máis rara- dicían- ese paxaro está tolo, nós fuximos e el vai cara o lume. Está tolo! E pararon a ver que facía.
O colibrí voou ben alto no ceo ata o centro do incendio, e dende alí soltou,con moito cuidado, unha pinguiña de auga que levaba no peteiro.
O colibrí ía e viña, deixando cair cada vez unha pinguiña de auga. - Ehhhhh!!!!- berráronlle os outros animais- que fas? Estás tolo? O colibrí, case sen folgos, pousouse na pola dunha árbore e dixolles: -Eu? Eu estou facendo TODO O QUE ESTÁ NO MEU PODER para parar este incendio.
Eu irei propoñendo tarefas, e @s nen@s irán contando como lle foi, que fixeron.....
Traballaremos nel tres días á semana: mércores, xoves e venres. Cada entrada irase facendo segundo quenda de dous.Eles decidirán que contar, que traballos subir....etc. A min tócame facer as entradas das tarefas e correxir ao final as súas entradas- como dí Noemi: "axudar" que para iso eres a profe-
Manteremos un enlace no lateral deste blog, e outro no escritorio, para que lles sexa máis doado abrilo pola mañán para traballar nel.
Os dous primeiros días foron un "EXITAZO", a ver si conseguimos chegar a fin de mes igual de ilusionad@s. Eu penso que si, pois o sistema ten moitas posibilidades. O conto de Wangari, é moi motivador porque o relacionan con experiencias do seu contorno. Xa o primeiro día que o escoitaron "choveron" as propostas para ir a apañar landras e similares, facer un alcoube, cuidar ás arboriñas pequenas, repartilas entre os viciños....
Nun plis plás descubriron un sin fin de lugares onde lle viña ben unha árbore.
Os reis deixáronnos un regalo especial: "Wangari y los árboles de la paz, una historia verdadera" da editorial Ekaré, porque este mes de xaneiro iremos plantar- como todos os anos- ao baldío árbores autóctonas, e porque este mes é cando celebramos o día da Paz. Pois xa temos traballo. Para empezar eu aporto unha adpatación ao galego do conto:
¿Sabías que Gloria Fuertes aos tres anos xa sabía ler, e aos 5 escribía contos e os debuxaba?.Logo os cosía con fío para encuadernalos e facer un libriño.
¿E sabías que aló polos anos 50 organizou a primeira Biblioteca Infantil ambulante que ía polos pobos pequenos levando libros a onde non chegaban por falta de cartos ou polo analfabetismo que daquela existía en España?
Se queres saber máis de Gloria Fuertes podes premer nestes enlaces:
Eu de pequena tamén fun a unha Escola Unitaria ,e a mestra, Dona Carmen, aprendeunos un poema de Gloría Fuertes, que aínda lembro:
¿Donde vas carpintero con la nevada?
Voy al monte por leña para dos tablas.
¿Donde vas carpintero con esta helada?
Voy al monte por leña mi padre aguarda.
¿Donde vas con tu amor Niño del alba?
Voy a salvar a todos los que no me aman.
¿Donde vas carpintero tan de mañana?
Yo me marcho a la guerra para pararla
E como os tempos cambiaron tanto tanto, nesta Escola Unitaria veremos un video para escoitar a voz de Gloria Fuertes recitando. Pero tamén estamos aprendendo un poema seu para recitar todos xuntos o venres.
Xa contamos que estamos a preparar un poemiña de Gloria Fuertes para o día da Paz, eu pensaba que era ben doado, pois son TRES LETRAS MAIS NADA, pero ca! , é máis complicado do que parece. E non é por estar en portugués, non, é poñernos con elas e aparecer os atrancos: todo o mundo a pedir!!!!!!
Que si a queríamos traducida ao portugués. Feito
Que si tiñamos que escoitar o recitado en portugués. Feito
Que si tiñamos que telo grabado. Aprendido e feito.
Que si eu tamén quero grabar. Feito
Que si a temos que escribir. Feito.
Que as temos que debuxar.Feito
Que si temos que facer un colage. Feito.
Que si eu non sei escribir Z. Estamos nelo.
Que si hai máis palabras de 3 letras. Feito
Que temos que aprender todo o poema de memoria. Estamos nelo.
Que si podemos escribilo aos poucos. Imos indo.
Que si porque non facemos un cartaz enoooorme. Veremos.
Que si hai outros poemas tamén destas letras. Tamén veremos.
E agora, agora, veñen con QUEN É ESA SEÑORA!!!!!.
E a culpa foi miña. Para "contextualizar" o recitado enrolleime con: "Había unha vez unha muller que se chamaba Gloria Fuertes, que entrou nunha escola onde había moitos nenos e nenas....."
Deixeillo en bandexa. Aínda non terminara de contar a "historia" e xa tiña a Marta e Érika coa man arriba.