Xa comenzamos o novo curso, un curso MATEMÁTICO, pero antes imos presentarnos:
Velaquí os protagonistas :
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Mostrando entradas con la etiqueta unitaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta unitaria. Mostrar todas las entradas
domingo, 14 de septiembre de 2014
martes, 21 de enero de 2014
Supermercado
Esta semana temos unha tenda na escola:
"A tenda de Sabela", onde se venden unha chea de productos que os nenos e nenas poden mercar cos cartos da escola.
Os nosos cartos son regletas, e no banco déronlle a cada neno para gastar:
- tres de 1euro.
- dúas de 2 euros.
- unha de 5 euros.
Vendemos galdrumadas, galletas, libros, cochiños, monecos, puzles..... de todo!, e o máis importante: o que se compra , pódese comer ou levar para casa.
Non era doado comprar porque había que pedir a volta, pero axudándose uns aos outros os productos foron desaparecenso
da tenda.

jueves, 5 de diciembre de 2013
Uñas de cores: profe, hai un problema
Chegou Antón a clase coas uñas pintadas, cada unha da súa cor. Pintáraas na casa da súa avoa e viña todo contento. Como houbo alguén que dixo que iso non era cousa de nenos, na roda falouse, e chegaron á conclusión de que pintarse as uñas de cores estaba "guai", foras neno ou nena.Quedamos que para o día seguinte, TODOS, iamos vir a escola coas uñas de colorines. Na hora da saída falamos coas nais e pais e quedou decidido.
Pero o mércores pola mañan, á chegada, Saul achegouse a min todo cariacontrecido:
- Profe, hai un problema...
- E logo , qaue pasa?.
- Pois que os nenos da cidade non se enteran de nada....
- ....?
- Que onte fumos eu, Marcos e Diego á cidade ao cumpreanos do meu primo, e todos se riron de nós por levar as uñas pintadas! Están chouchos! Non se enteran de naaaadiña!
Entón intervén Marcos:
- De verdade que non se enteran. Tampouco sabían onde se poden cazar rás, así que mira ti.
- Profe, vas tes que ir a explicarlles ti as cousas, porque imos ter un problema- rematou Saul.
Diego que ata aquí estaba ao seu, poñendo o mandilón, saca a man pola manga e di:
- E tamén lle explicas o do río Miño!
-........?
E marcharon os tres, Saul e Marcos e Diego, correndo e saltando pola escola adiante .
Eu quedei chantada no chan, mirando para eles.
Pois si que hai un problema......... e iso que a "cidade" era Ponteareas.........
martes, 1 de octubre de 2013
Aldea total
E chegou o día que comenzaron a asfaltar e.....
a parte de diante da unitaria LIBROUSE DE ASFALTO!!!.
As máquinas- sabiamente guiadas- fixeron unha maravillosa curva seguindo a linea orixinal do camiño e deixaron o frente do edificio liberado.
Agora teremos que seguir chamando ao Concello para que seguen a herba cando medre, teremos que pedir axuda a avoa de Samara para podar as hortensias. Ás veces, cando chova moito, haberá pozas, e teremos que poñernos as botas para saltar dentro delas..... enfín unha morea de traballo , pero
que lle imos facer se estamos na ALDETOTAL!!!
Esta vez libramos.
domingo, 22 de septiembre de 2013
Estrada cortada por obras
Cando chegamos pola mañán, isto foi o que atopamos. E maquinaria: enormes palas e excavadoras e todo preparado para asfaltar:
Asfaltar o camiño estaba ben pero, preguntamos ao capazaz da obra, e díxonos que tamén ían asfaltar a parte de diante do edificio
- Precioso aparcamento vaille quedar-, díxome.
- Pero non precisamos dun aparcamento, querémola como está, co seu espacio arredor, con herba, hortensias e árbores, á beira do camiño.
- Pero señora, queda moito máis bonito o asfalto, e máis limpo.
Cumrpría un "claustro urxentísimo", e chamamos ao alcalde.
O alcalde escoitounos- been!- e díxo:
- É un proxecto da Diputación, verei que se pode facer.
Nós esperamos que se poda DESfacer.
lunes, 16 de septiembre de 2013
...como dicíamos onte...
Este curso na unitaria non hai "pequeniños", pois non hai alumnado de 3 anos, e como xa todos son "vellos", entraron o primeiro día pola escola adiante tan campantes.
Eu e as nais estabamos a saudarnos, comentar sobre o novo curso....falar... e nisto, decatámonos que todos os nenos saían correndo pola porta para fora.
-Que pasa?, onde ides?- pregunto eu.
- Imos ver o ceo, para poñer o calendario- dime Antón, e continúa- eu son encargado de día e xa pasei lista. Estamos co calendario pero tes que axudarnos para poñer o día, que non sabemos que número é- e seguíu aos outros.
As nais e eu quedámonos abraiadas.
E o "periodo de adaptación"?
Era para ver. Nós a falar e eles a "dar clase".
Despedímos correndo e eu funme ao contacontos, onde facemos a asamblea das mañáns, e onde
xa todos de volta, estaban sentándose.
Antón díxo:
- Puxemos o cartaz de ceo con sol.
E eu contestei:
- Ben, pois como dicíamos onte.....

jueves, 28 de febrero de 2013
Casa de monecas
Charo, a nai de Dimas fíxonos un agasallo:
unha casa de monecas!
e non viña sóa, viña tamén cunha morea de pequenos mobles para que poidésemos xogar con ela.
Pois xa temos traballo para toda a semana, pois non hai quen poida separar aos nenos e as nenas dela, así que, aproveitando o tirón imos traballar A CASA, AS DEPENDENCIAS, e sobre todo traballaremos "os traballos na casa" e "compartir os traballos".
Preciosa casa verdade?

E para traballar, a Biblioteca preparounos estes xogos:

martes, 29 de enero de 2013
A Porta segreda
Hai dúas semanas que na escola de Vide temos unha
MÁXICA PORTA SEGREDA :
un ARMARIO? Non, non..... atrévete a abrir a porta e entrarás no mundo da A3
jueves, 29 de noviembre de 2012
....pero non afoga
O pasado luns fundiuse a lámpada do proxector...Adeus encerado dixital, adeus bloge ABCDlibros, cambia toda a programacíón Sabeliña que isto non funciona, ai! ai!, cantos cartiños vamos a gastar!- seica custan o noso presuposto dun cuatrimestre.
O martes a fotocopiadora deixou de funcionar.
O mércores desapareceu internet - non está conectado, non está conectado, veña a repetirse a mensaxe.
O xoves, hoxe, chámanme de Santiago que teño un "problemiña" co Xade.
Pero tamén......
O martes, ás 9 da mañán chegaron un grupo de nais, unha avoa, unha tía.... armadas de vasoiras, aspiradores, caldeiros e fregonas, subiron á vivenda da escola- esa que levamos anos pelexando por converter en espacio escolar- e durante toda a mañán déronse unha fartada de limpar e fregar. Ata puxeron a funcionar de novo a vella cociña de ferro! Mentras, un pai foi mercar unha cerradura, colocouna e aínda tivo tempo de facer "arreglos varios" de fontanería.
O mércores, a "equipa de limpeza" continuou o traballo ata deixar todo "como los chorros de oro", e a cociña de leña a todo gas, para quentar a casa.
O xoves, hoxe pola tarde, ás nais que non poideran ir polas mañáns e máis eu, pasamos alí a tarde limpando o soto, e recolocando o material.
Para o sábado xa quedaron un grupo de pais para darlle o remate a porta que abrimos para comunicar a escola coa vivenda e solucionar os "problemas da luz"
Non sei que "acontecerá" mañán pero está claro que na Unitaria de Vide é moi dificil afogar.

jueves, 26 de enero de 2012
ALBA ENFADADA
Hoxe teño que falar de Alba.
Onte chegou xa con ganas de "festa" e pasou a mañán refunfuñando por todo.
Cando o recreo rematou e eu mandei entrar, ela e outras tres máis decidiron non facer caso e seguir xogando na area. Ao ver que de entrar nadiña de nada, pecheilles a porta e agardei algunha resposta.
As "amigas" fixeron amago de botar a correr e entrar pero entón Alba, cargada de autoridade díxolles:
- Non pasa nada, si non nos abre a porta seguimos xogando.
Samara, a máis pequena, púxose a chorar e entón eu, abrindo a porta díxenlles:
- Podesde dicirme que vos pasa?
Entón Alba, cargada de "santa indignación" berroume:
- Mira o que fixeches!!! Fixeches chorar a Samara!!!
- Eu?
- Si, tiiiiiii. Pídelle perdón!!!
Bueno, entraron, sentámonos na roda para falar , "arreglámonos" todas pero Alba seguíu sen baixarse do carro, así que logo dun rato sen solución posible, díxenlle:
- Mira Alba, imos seguir co traballo e logo, quedámonos a falar ti e máis eu , vale?
Ela debeu imaxinar algo terrible , veu detrás de min e moi suave díxome:
- Sabes o que pasa? que si non como ... eu morro!!!
Eu seguín andando. Ela colleume da chaqueta, púxose diante de min, e con "paciencia" explicoume:
- Profe, escoitame: EU SI NON COMO MORRO!!! E SI MORRO...QUE VAS FACER TI , EH????
Agggg! Esqueceuseme dicir que Alba ten catro anos.
Hoxe a súa nai contábame que cando lle preguntou polo "problema" que tivera na escola contestoulle:
- O problema o tivo a profe: fixo chorar a Samara, que é pequeniña.
Pois vai ser que teño un problema.
Pero hoxe Alba foi a primeiriña en entrar do recreo.

martes, 4 de octubre de 2011
AMABLE
Estou sentada no banco, á sombra do plataneiro, mentras eles xogan na area.

Saul- 3 anos- sigue enchendo a carretilla da area pero intervén na conversación:
Achégase a min Soraya- 3 anos- e sinalando para o c oche que está aparcado no camiño dime:
- Profe, mira que amable é o outono. Botou as follas por riba do teu coche.
Saul- 3 anos- sigue enchendo a carretilla da area pero intervén na conversación:
- A min gustoume moito iso que inventaches o outro día do outono, que bota as follas para abaixo, e logo as follas se pintan. É moi amable o outono. Si señor.
Alba- 4 anos- ponse de pé, e enfróntase a Saul e Soraya dicindo:
- Iso non é amable. Amable era a "nosa velliña"- a súa bisaboa morreu non hai moito- que sempre dicia: Moitos biquiños para toda a xente. PARA TODA A XENTE !!. Ela si que era amable.
E cada un seguíu coa area.
Cando entremos do recreo paréceme que vou ser moi "amable" con tod@s eles.
miércoles, 21 de septiembre de 2011
CURSO 2011 2012
Comenzamos un novo curso e pola primeira vez só hai alumnado de 3 anos e de catro anos.12 en total e non hai ningún de 5 anos. Son tod@s tan pequeniños!E temos dúas parellas de xemelgos: dúas nenas igualiñas igualiñas, Iris e Noa, e dous nenos en 3 anos, Marcos e Diego, que aínda que parecidos non hai problema e saber quen é quen.
O primeiro día tivemos que "castigar" a nosa esquelete Lola.
Samara,en canto se sentou na roda díxome moi enteira, pero con cara de susto:
- Maestra, castiga a esa nena!!
- A Lola?- dixen eu.
- Si. Mándaa para fora!
Para fora non a mandei pero leveina para ben loxe, na entrada da biblioteca. E desde aquela Samara de cando en vez aínda me recorda que "a nena está castigada, verdade?" Pois si, e dame que vai ter para largo.
E asi estamos:preparados, listos.....XA!!!!
domingo, 12 de junio de 2011
Gatos
Houbo un ano que tivemos pexiños , outro vermes de seda, o curso pasado viña
o año de Noemí á escola a que lle dera o biberón, este curso o can das xemelgas ven todos os recreos a visitalas, pero esta vez, esta vez superamos todas as espectativas:

o año de Noemí á escola a que lle dera o biberón, este curso o can das xemelgas ven todos os recreos a visitalas, pero esta vez, esta vez superamos todas as espectativas:Temos tres gatiños que non teñen nin unha semana!
Apareceron na porta de escola dentro dunha caixa.
Estamos a "investigar" quen foi a "alma caritativa" qu
e os "donou", pero mentras haberá que alimentalos, non?

Sandra, Bea e Rocio, as supernais, deseguida dispuxeron o "atrezzo" e niso estamos, en que "saian adiante"
Entre os nenos e nenas, moita discusión:
Alba: Porque a súa nai os abandonou?
Noa: Ao mellor estaba enfermiña.
Alba: Pobres gatiños A B A N D O N A D O S.
Irene: Igual tivo que marchar a Ourense.
Alba: Pobres gatiños A B A N D O N A D O S.
Mateo: Pero si nós lles damos de comer non morren.
Alba:Pobres gatiños A B A N D O N A D O S.

E Alba seguíu así toda a mañán.
Á hora da saída houbo "un gatiño abandonado" menos, pois Bea a nai de Iago, decidíu "libremente"adoptar un -maaamaaa porfa, mamamama porfaaa- que se chamará Gari.
Aínda nos quedan dous.
jueves, 7 de abril de 2011
Vexo vexo
Estaban @s nen@s a xogar ao "vexo vexo" e apandaba Irene:
- Vexo vexo.
- Que ves?.
- Unha cousa.-
- Que cousa é?
- Unha cousa que empeza por.....BE!
- Bota.
- Nooon!
- Balón.
- Nooon!
- Beso.
- Nooon.
- Pedimos papas.
- VERO!!!!!
Entón Javi dille:
- Non vale!, non vale!!!. Vero empeza por UVE.
Irene achega a súa cara á de Javi e vocalizando di:
- Dixen VE,VE VEROOOO, non dixen U U U U VEEERO.
Javi quedou calado, e u fíxenme invisible.
- Dixen VE,VE VEROOOO, non dixen U U U U VEEERO.
Javi quedou calado, e u fíxenme invisible.
martes, 16 de noviembre de 2010
O brazo de Érika
Caíu e rompeu OS DOUS ÓSOS DO ANTEBRAZO!
A tod@s pareceulles que un óso, pasa, pero DOUS!!!!!, e como era iso de que había alí dous ósos?
Como xa era tarde quedamos que ao día seguinte na escola investigaríamos, e que os que xa van á escola de As Neves investigarían alí.
A ver que pasa mañán, pero por se o tema segue "
candente", que dame que seguro, deixo aquí uns enlaces e recursos, pois mestra previsora vale por oitenta e catro.
Xogo O corpo Humano. Junta Castilla León
Xogo memoria Osos do corpo .
O esquelete humano: Gobierno de Canarias
Esquelete con pasta: Enlaescuelacabentodos
Colorear esquelete: Educima
O esquelete: Vedoque
Títere esquelete: Fichas infantil
Esquelete: Saludalia
martes, 29 de junio de 2010
memoria curso
Xa estamos no final deste curso, e para recordar e leva, compuxemos unha revista.
Certamente pasámolo ben xunt@s, e fixemos unha morea de cousas.
... e as que seguiremos a facer.
Como a nosa memoria pode ser feble, poderemos atopar a testemuña no blog:
Preme na imaxe
Certamente pasámolo ben xunt@s, e fixemos unha morea de cousas.
... e as que seguiremos a facer.
Como a nosa memoria pode ser feble, poderemos atopar a testemuña no blog:
Preme na imaxe
Etiquetas:
Editorial Unitariadevide,
unitaria
martes, 1 de junio de 2010
AS OVELLAS DE ISABEL
- Tes que darlles biberón!, dixeron todos.
- Pero iso é moito traballo, e non teño quen me axude.
- Axudamos nós- ofrecéronse.
E hoxe cumpriron o prometido.
Fomos con Isabel ao prado onde estaban coas outras ovellas e años, a levarlles os biberóns e darlle de comer.
Un chámase Sol, o branco, e outro Estrela, o negro.
Os dous viñeron corrrendo dicindo beeee! beeeee! en canto escoitaron a voz de Isabel a chamalos.
@s nen@s déronlle os biberón a un e a outro, e aínda quedamos un rato sentados na herba mirando para eles.

De volta na escola buscamos na Biblioteca o libro/canto de Suso Vaamonde e Manuel María, "Os soños na gaiola" e escoitamos " O meu año"
Teño un año branco
como outro non hai.
Teño un año branco
que quedou sin nai.
E por si queredes aprender a cantiga deixamosvos este video:
Etiquetas:
cantares,
literatura,
unitaria,
videos
viernes, 15 de enero de 2010
Deberes
Dende que empezamos co conto de Wangari e o blog das tarefas @s nenos estarán aprendendo pero a mestra...Canto está aprendendo a mestra!!!!.
Xa sabía que os proxectos de traballo son dinámicos, pero agora, co blog pasan cousas como esta:
Eu propoño que "preman" nunhas imaxes porque penso que logo poderemos falar de Wangari, onde vive, de Kenia, a súa paixase, as árbores... e eles deciden que van falar, e falan, e queren ver máis imaxes, e como se escribe... león, elefante, xirafa, e porque un guepardo non é un tigre,e si ó elefante da foto é o pai ou a nai... e dícenlle á profe - a min- :
-Profe garda estas fotos- as dos animais- e logo as imprimes, e tamén podes poñelas aquí - no blog- para telas todas xuntas.
- E tamén lle podes poñer debaixo o nome e así xa miramos nós como se escribe.
- E podes facer unha ficha de fotos.
- E.. e.... e....
E o mundo ao revés. ¿Ou será así o mundo ao dereito?
E marchan para casa avisando:
- Profe, acórdate de facer os deberes.
Acordeime.

viernes, 4 de diciembre de 2009
Como se titula?
A escola convertida nun estudio de arte, e @s nen@s cos dedos uns, con pinceis outr@s, pintaban e pintaban.Ao remate, chegou o memento de contar o que pintaran poñendo un título á súa obra.
Dende que entrou nas súas vidas Miró, os cadros destes nen@s levan títulos do máis "expresivo", tipo : Linea negra voando cando chove- foi o título que lle puxo ao seu José Ángel, así que xa non me sorprendo dos productos da súa imaxinación, pero xa colgáramos a secar tódalas "obras" cando me decatei que Noemi non nos dixera o título da súa.
- Noemi, non nos dixeches como se titula o teu cadro.
- Ah! titúlase OCO.
- Oco de buraco?
- Non profe! Oco de EDITORIAL OQO!
Mudiña que me quedei.
E que menos que colgalo aqui.
jueves, 26 de noviembre de 2009
O año
Xa sabíamos que na casa de Noemí nacera un año que non mamaba da súa nai.
Para que comera, Noemí dáballe un biberón e o añiño estaba saíndo adiante.
¡Que mágoa que chove e non podemos ir a velo!- dicíamos.
Pero a mamá de Noemí trouxo ao "bee...beee...! á escola e tod@s poidemos ver como en canto víu a Noemí botou a correr onda ela .
Noemí deulle o biberón que Ana traía preparado. Como chupaba!!
Cando Noemí se movía, alá ía o añiño atrás dela, como se fose un canciño.
Agora estamos facendo un conto novo:
O año de Noemí veu á escola.
Facía: BEee Beeeee!
Noemí deulle o biberón.
Javi tíñalle medo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)