lunes, 30 de enero de 2012

Lucía e o Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz traballamos un conto: Lucía e os seus amigos
Coas fichas traballadas, cada un dos nenos e nenas editou o seu propio conto en Editorial Unitariadevide. Ao remate falamos do significado da pomba e do día da paz: PARA RESOLVER OS CONFLICTOS COMPRE FALAR, NON PELEXAR, e para rematar pintamos nas mans unha pomba que levamos para casa xunto co conto.



jueves, 26 de enero de 2012

HERVÉ TULLET

Na nosa biblioteca, o mes pasado UN LIBRO foi o favorito dos nenos e nenas- e das súas nais e pais- para levar á casa. Pero tamén UN LIBRO, foi o que un día tras outro, no recuncho de Biblioteca, tod@s pedían para xogar con el.
E non era de extrañar, porque si pos o dedo no cículo amarelo, tal como te pide o seu autor, Hervé Tullet, non paras de asombrarte. As follas se enchen de círculos, ou desaparecen, ou cambian de cor.....  todo por un dedo.
Con UN LIBRO descubrimos a Hervé Tullet e nas propostas e exposición de libros que a Biblioteca A2 preparou como posibles agasallos de Nadal este autor ocupou un lugar moi especial:
- El libro con mordisco. Editorial CocoBooks
- Colorea y mancha. Editorial CocoBooks.
- La cocina de dibujos. Editorial Phaidon
Onte na reunión da Comisión de Biblioteca comprobamos que moitos nenos e nenas de Vide, algúns amigos e curmáns recibiron por Reis un destes libros de agasallo e os seus pais e nais descubriron con eles un novo xeito de relacionarse cos libros.






ALBA ENFADADA

Hoxe teño que falar de Alba.
Onte chegou xa  con ganas de "festa" e pasou a mañán refunfuñando por todo.
Cando o recreo rematou e eu mandei entrar, ela e outras tres máis decidiron non facer caso e seguir xogando na area. Ao ver que de entrar nadiña de nada, pecheilles a porta e agardei algunha resposta.
As "amigas" fixeron amago de botar a correr e entrar pero entón Alba, cargada de autoridade díxolles:
- Non pasa nada, si non nos abre a porta seguimos xogando.
Samara, a máis pequena, púxose a chorar e entón eu, abrindo a porta díxenlles:
- Podesde dicirme que vos pasa?
Entón Alba, cargada de "santa indignación" berroume:
- Mira o que fixeches!!! Fixeches chorar a Samara!!!
- Eu?
- Si, tiiiiiii. Pídelle perdón!!!
Bueno, entraron, sentámonos na roda para falar , "arreglámonos" todas pero Alba seguíu sen baixarse do carro, así que logo dun rato sen solución posible, díxenlle:
- Mira Alba, imos seguir co traballo e logo, quedámonos a falar ti e máis eu , vale?
Ela debeu imaxinar algo terrible , veu detrás de min e  moi suave díxome:
- Sabes o que pasa? que si non como ... eu morro!!!
Eu seguín andando. Ela colleume da chaqueta, púxose diante de min, e con "paciencia" explicoume:
- Profe, escoitame: EU SI NON  COMO MORRO!!! E SI MORRO...QUE VAS FACER TI , EH????

Agggg! Esqueceuseme dicir que Alba ten catro anos.

Hoxe a súa nai contábame que cando lle preguntou polo "problema" que tivera na escola contestoulle:
- O problema o tivo a profe: fixo chorar a Samara, que é pequeniña.
Pois vai ser que teño un problema.
Pero hoxe Alba foi a primeiriña en entrar do recreo.

martes, 24 de enero de 2012

PAZ: VIDEOS E PRESENTACIÓNS DE CONTOS

Preme na imaxe para enlazar con presentacións e videos de contos relacionados coa paz e a tolerancia indicados para infantil

lunes, 23 de enero de 2012

Actividades PAZ infantil. PDI

Para ter a man actividades axeitadas para os pequen@s coas que podemos xogar na PDI:

Xogos on line
·         Encontra as diferencias
·         Puzles- 9 pezas:
Actividades LIM:
·         Castelo de area. Ceip Outeiro das Penas
·         Entre todos construímos a paz. CEE Terra de Ferrol
·         Casa de Tolos, O abecedario da paz
·         Crebacabezas  pomba Picaso

E para recordar, o conto de Wangari cantado polos nen@s de hai dous cursos:

domingo, 22 de enero de 2012

LUCÍA E OS SEUS AMIGOS- e amigas-

Estamos a traballar co libro da biblioteca "Lucía e os seus amigos" publicado pola Editorial Zendrera Zariquei, de Sandra Desmazières.

Aprendemos as cores e os nomes e comprobamos como todos os nenos e nenas son diferentes, xogan e se divirten xuntos mentras aprenden uns dos outros.

Como nos gusta grabar as voces, fixemos unha presentación do libro e grabamos as voces. Este é o producto deste traballo:



AL FINAL


Os Reis deixaron na Biblioteca da escola unha morea de libros, algúns deles irémolos presentando, como este:



Al final, de Silvia Manclares, ilustrado por M.Brieva e publicado en Kokinos.
Esta é a pesentación de este libro qu eatopamos en El libredón

sábado, 7 de enero de 2012

Cantar os reis en Vide

Pouco faltou para que este ano non poideramos sair a cantar os reis en Vide.
Toda a mañán chovendo e ao mediodía, que parecía que paraba... non: veña a poallar.
Os teléfonos botaban fume.
- Saímos?
- Suspendemos?
- Aínda que chova podémolo intentar.
- Se segue a chover quedamos.
- Pasámolo para mañán...

Ao fin decidimos encomendarnos á bruxa do campanario de @s máis arriscados aparecer na Casa da Auga ás 4 da tarde.
E NON CHOVEU!!!!
Pero só tiñamos un tractor, aínda que para os nenos chegou, alí todos apiñadiños.Iso si, ía adornado de premio.
Os demáis montamos nos coches e recorrimos Vide parando nas casas e lugares cantándolles os reis. Logo na Casa da Auga, un chocolatiño, parra espantar o frío.
...e co aguinaldo que recollimos o noso bote seguíu enchendose.