Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta letras galegas. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas

Este ano é un poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Castro , o homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Nós, aínda que convertidos en científicas e científicos, o tempo se nos escapa das mans, fixemos unha parada porque non podíamos deixar pasar un día tan importante, así que botamos man dos recursos que preparou o Seminario Galán e xogando coas actividades Lim  e as fichas que propón para educación infantil, aprendimos un pouquiño da vida deste poeta, e aínda un anaco dun dos seus poemas.
Logo, como sempre, un libriño de Editorialunitariadevide para levar para casa e compartir coas familias.

 

E sabedes que?
Os nenos e nenas pandereteiras de Saíñas de La, foron invitados a participar no Encontro de Pandereteiras Pequenas, que dentro dos actos do Día das Letras Galegas celebrou a Asociación Ondiñas do Mendo de Leirado. ... e fomos. ... e que ben o fixeron.

 

martes, 21 de mayo de 2013

Noite das Letras Galegas

Na noite do xoves ao venres, 17 de maio, tal como quedaramos ,celebramos na Biblioteca a "Noite das Letras Galegas". Practicamente todos os nenos e nenas da aldea entre 9 e 12 anos acudiron- faltaron Yoel, Noemi e Laura que viaxaran a Portugal- e foi unha noite memorable.

A bibliotecaria, andaba "preocupadiña" porque as espectativas da "comisión" eran tantas, que tiña medo  que se levasen un chasco, pero  conforme ía andando a noite decatouse que era imposible o chasco, porque a alegría e ganas de participar que traían, non podía ser cortada por ninguén: respondían a TODAS as propostas da actividades con un "veña a por outra!" rían , falaban e xogaban, facíanse bromas, pedían máis actividades.... outro ensaio máis!!!

Tiñamos unha pequena obra de teatro para traballar: "Os ratos", adaptación propia, e unha achega de Paqui, a pandereteira: "Touporroutou da Lúa e do Sol" de Vidal Bolaño, adaptación para teatro escolar.

E foi un exitazo iso de converterse en actores, tanto, que foi a actividade que máis tempo nos ocupou da noite, pero tamén xogamos na PDI cos recursos que tiñamos seleccionado, escoitamos música, ceamos, falamos e a iso das tres da mañán fómos durmir - aínda que houbo quen quedou falando ata as "tantas".

Pola mañán o almorzo, caras legañosas, bromas, sorrisos,  ganas de repetir.... e unha cita:

o mércores pola tarde ás 6, para preparar o estreno da obra de teatro.



martes, 15 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Galeguista que destacou en moitas facetas: xornalismo, literatura, coñecemento de Galicia e da súa industria pesqueira... pero sobre todo na defensa da modernidade de Galicia.
O LIM elaborado para infantil polo Seminario Galán foi un recurso excepcional par aprender sobre a súa vida e a súa obra mentras xogábamos, así como o material, tamén dirixido a educación infantil do mesmo Seminario, con fichas para imprimir:
Preme para enlazar:





Mañán o compartiremos coas nenas e nenos de Rubiós e Taboexa que virán visitarnos

Instrumentos pobres

Unha chamada dende o IES Pazo da Mercé e a máquina púxose en marcha: o alumnado da Unitaria estaba invitado a acudir á charla/concerto que Xavier Blanco daría baixo título "Instrumentos Pobres" dentro das actividades organizadas ao redor da celebración do Día das Letras Galegas no Instituto.
As nais e pais, unha vez máis, organizáronse como nais/taxi, e todo quedou preparado.
E alí estivemos, apampados, escoitando a Xavier Blanco interpretando preciosas melodías tradicionais cunha palla de centeo, ou unha vara de sabugueiro, ou como non, coa gaita de cana.
A voz de Xavier chamaba á vaca Pinta mentras as súas mans voaban tocando a muiñeira cunha pedra no legón, e os pequenos rían mentras miraban ás ventás esperando ver aparecer á vaca.
Foi unha mañán memorable.
E agora Noa vai beber petando no cazo e dí:
-Mira!!!, como o profe dos maiores!
E Marcos, especialista en levarse todo a boca, agora fai o mesmo pero.....está tocando a gaita!!!, e   Antón  e Soraya, baten na mesa movendo as mans arriba e abaixo, como facía Xavier, mentras Alba mira para eles dicindo:
- Que ben vos está saíndo!

E eu no medio do barullo penso:


Gracias compañeiros do instituto por pensar en nós!!!

 

miércoles, 5 de mayo de 2010

O conto de Ilda

Do Ceip Frián-Teis, traemos esta adaptación dun conto de Uxío Novoneyra:

Ilda, o corzo, o lobo e o xabaril

Preme na imaxe e escoitao


jueves, 29 de abril de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

TAREFA: DIARIO DA VEIGA 2010



O vindeiro 17 de Maio celebraremos de novo o Día das Letras Galegas, que este ano vai adicado a UXÍO NOVONEYRA, o poeta do Caurel.

Este é un traballo feito polo alumnado de infantil do Ceip Igrexa-Chapela:



E neste video podemos ver imaxes do Caurel e escoitar un poema de Uxío na voz de Emilio Cao.

jueves, 14 de mayo de 2009

Nova presentación

Durante dez minutos, no Portal Educativo da Xunta de Galicia , apareceu esta cabeceira:


É ben sabido o compromiso de Ramón Piñeiro coa lingua galega pero algo pasou, ou algo lle pasou a algúen, que logo deses dez minutos apareceu esta outra cabeceira, que é a que permanece ata o día de hoxe.


De todos é sabido o compromiso de Ramón Piñeiro co desenvolvemento do ferrocarril?
Ou sería da relación educativa entre ferrocaril e escola?
E non podería ser que o que nos conta Don Ramon na primeira cita é algo EVIDENTE, que todo o mundo sabe, non é ningunha novedade, que aínda agora, cando entras na escola, se falas galego, o máis probable e que te cambien ao castelán, mentras que espallar entre todos ós que poden acceder a este PORTAL EDUCATIVO esa "curiosidade tensa" polo ferrrocarril do protagonista do Día das Letras Galegas 2009, ten un certo aire innovador - metodoloxicamente falando, claro-.