
"Esa Clementina era unha desagradecida! Non tiña falta de nada...
Unha das nenas- esta vez non vou dicir quen- ergueuse da silla , encarouse a min e berroume:
- NON! CLEMENTINA É MOI LISTA! E TI ERES PARVO!
- Quee?- dixen eu.
- SI! QUE ARTURO É UN PARVO
-¿QUE EU SON PARVO?- contestei convertida de novo nun Arturo alporizado.
- SI,SI, ERES UN PARVO, QUE NON TE ENTERAS DE NADA!- díxome como quen dí ...punto final, e sentouse de novo toda enfurruñada.
Terminamos de ler/ver o conto, falamos de Arturo, de Clementina, de Venecia, de escribirlle outra carta a Clementina ... xogamos.... e a mañán seguíu, pero a miña cara leva todo o día cun sorriso tonto que non dou sacado.
...e que había que ver como se me enfrentou!
2 comentarios:
UN viva por todas as Clemenetinas.
Patricia
Sementa, que algo recollerás. E ti, sementar, vaia si sementas!!!
Publicar un comentario