Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Unitariadevide. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Unitariadevide. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2015

O libro das receitas


No mércores da dúas os nenos e nenas aprenderon a ser editores preparando un libro coas receitas do proxecto "Ciencias na cociña" que na escola viñamos traballando dende o mes de decembro.O libro leva no final follas en blanco para que cada quen lle poda ir incorporando as "súas receitas"
Quedou la mar de ben .
E todos e todas marcharon para casa co seu libro, para seguilo compretando.





viernes, 28 de noviembre de 2014

Cantares de Reis


Este é o repertorio deste ano. Incorporamos dous cantares novos:
- Os da manta.
- Ollei para o ceo.

domingo, 8 de junio de 2014

O libro dos cientificos e científicas

Con todas as fichas, coma sempre, fixemos un libro de Unitariadevide, para compartir coas nosas familias, e recordar o traballo feito:


viernes, 9 de mayo de 2014

domingo, 27 de abril de 2014

Miró: o libro


Unha das actividades de "Abril dos libros", foi a elaboración por parte do alumnado da unitaria, dun libro da nosa editorial: Editorial Unitariadevide .


No obradoiro de editor@s, fomos construíndo un libro coas fichas e material elaborado por cada neno e nena durante o desenvolvemento do Proxecto Miró.

Estas foron as tarefas que cada un deles realizou:

-Ordenar e alisar as follas.

- Facer a portada e contraportada.

- Escribir a ficha da primeira páxina.

- Picar as follas pouquiño a pouco.

- Poñer a espiral.

- Numerar as páxinas.




E este foi o resultado:

 

martes, 19 de noviembre de 2013

Para cantar os Reis

Este é o repertorio que levaremos este ano paa cantar os reis:


a cantar!

miércoles, 23 de octubre de 2013

Unha biblioteca chea de ratos


Todos os días, o primeiro que facemos é averiguar que cearon os ratiños da nosa biblioteca.
O primeiro non, o segundo, porque primeiro teño que buscar os ratos- previa sesión de maquillaxe- que están agochados na biblioteca.
E aparecen todos os ratiños, cada un co  libro que lle servíu para procurar unha boa cea : cabalos, nubes, tractores, laranxas, galiñas... un menú do máis extraordinario, porque , como di Diego, da igual o libro que collas, sempre encontras "algo".

jueves, 21 de febrero de 2013

Día de Rosalía

Mañán trasladarémonos ata o Instituto de As Neves , para celebrar xunto co seu alumnado o día de Rosalía. Recitaremos o poema que tanto traballamos: " Vente rapaza".
 Coas fichas de traballo elaboramos un libriño de Unitariadevide e na Biblioteca un boletín informativo cunha pequena biografía de Rosalía e uns poemas, para que as nais/pais e fill@s podan lelos xuntos na casa.


viernes, 15 de febrero de 2013

Seis barbudos

No mes de xaneiro traballamos ao redor do libro "Seis barbudos" , un precioso conto de OQO que serve para decatarnos de que guiarnos polas apariencias só nos  leva  a equivocarnos coas personas.
O conto gustounos tanto que fixemos un conto novo.
Ademáis  serviunos tamén  para aprender a escirbir  unha morea de palabras novas:
BARBUDOS
ATA LOGO!
PAN
TENDA
CHOURIZO
PALLASOS
GLOBO
CONTO.....
xogar aos oficios e as tendas,  e contar para arriba e para abaixo quitando unha.

De remate coas fichas traballadas en Unitaria de Vide elaboramos un conto novo para levar para casa e lerllo á nosa familia.
Quedounos la mar ben.

jueves, 15 de noviembre de 2012

O libro de octubro


Todos os meses "construimos" un libriño de Editorial Unitariadevide- ou  dous- co traballo realizado nese tempo. Cada neno e nena fai o seu e levao para casa.
O mes de octubro, mes das Bibliotecas Escolares adicámolo a "recordar" como nos movemos na zona de ficcion infantil da Biblioteca, a recordar como identificamos os libros e os distintos andeis, onde e como se colocan e se localizan... pero tamén "traballamos" o conto O vello e a margarida  e celebramos o Samaín, por iso o libro de Octubro recolle todo este traballo:



lunes, 23 de abril de 2012

A fábrica das palabras

Para celebrar o Día do Libro, propuxemos un percorrido pola Biblioteca na procura do "o libro que me gusta máis". Cada un dos nenos e nenas tiñan que escoller un só libro , de xeito que iamos contar con 12 libros para ir traballando nas dúas últimas semanas de abril- o mes dos libros-.

Resultoulles difícil escoller, pero logo de dar moitas voltas temos 12 libros, e de hoxe en diente cada día haberá unha entrada do blog adicada ao libro de cada un dos nenos e nenas.

O primeiro foi o de Alba:

"La gran fábrica de las palabras"  de Agnés de Lestrade e ilustracións de Valeria Docampo de Editorial Sleepyslaps.
Este maravilloso libro traballámolo o curso pasado e enchémonos de fabricar e buscar palabras que non  tiñamos que pagar nin tragar. O protagonista chámase Diego, como Velázquez, e o noso Diego estaba encantado.

Recordamos a  presentación que tiñamos feita  cunha traducción ao galego :

A FABRICA DAS PALABRAS

E vimos este video/presentación via "Ole tus libros"

 Como as ilustracións gustaron un montón buscamos máis información sobre Valeria Docampo, a ilustradora.

Aquí están os enlaces:

El baúl que no tenía mi abuela
Valeria Docampo
La señora de los pájaros
Ilustracións


lunes, 30 de enero de 2012

Lucía e o Día da Paz

Para celebrar o Día da Paz traballamos un conto: Lucía e os seus amigos
Coas fichas traballadas, cada un dos nenos e nenas editou o seu propio conto en Editorial Unitariadevide. Ao remate falamos do significado da pomba e do día da paz: PARA RESOLVER OS CONFLICTOS COMPRE FALAR, NON PELEXAR, e para rematar pintamos nas mans unha pomba que levamos para casa xunto co conto.



domingo, 3 de abril de 2011

Libro para Van Gogh

Está rematado o libro para Van Gogh. Fixémolo recollendo o traballo de todos os nenos e nenas da escola. O luns regalarémosllo a A Dúas, e tamén levarémolo de regalo para casa.

Xa rematou En Marzo Pintando, e agora comenzamos: Salvando un Libro en Abril.




jueves, 24 de marzo de 2011

Don e Dona

Rematou a semana da poesía .

O poema de Helena Vilar Janeiro e Xesús Rábade: memorizado- nuns máis quw noutros-
Os libros de poesía na Biblioteca: identificados, localizados, ordenados.
LUGO,DONA LÚA, NOITE, DON GATO, RÍO....: traballadas.
O novo libro de Unitariadevide: feito, ilustrado, titulado, ordenado, escaneado, fotocopiado, cortado, editado....... xa somos profesionais!
? e !: traballado.
Promunciación CHE- de che soubo, e F- de frío, berce fondo- :non foi doado, non.
Búsqueda de imaxes en internet de LUGO,LÚA, NOITE, FRÍO, RÍO e posibles variacións- río Lugo luna- cantidÁ!!!!
Dramatización e recitado do poema: que ben o pasamos!
Grabación das voces: perfecto!!

E aquí deixamos o traballo feito que nos corre o tempo para seguir con Van Gogh.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Pandereteiras

A Editorial Unitariadevide ben de publicar un novo libro: O repertorio das Pandereteiras, coa letra de todas as cantigas que as Pandereteiras de Vide cantan e tocan. Así tod@s poderemos aprendernos as cantigas e cantar con elas.

martes, 1 de febrero de 2011

Día da Paz

Moitos papeliños pegamos para facer o noso conto de "Pequeno azul e pequeno amarelo", pero cando vimos o conto rematado quedamos tan contentos, que decidimos grabar as voces para contalo.
E pasámolo ben.
O problema foi facer a montaxe. Levoume o seu tempo aprender a facelo, pero ao fin, fun quen de conseguilo.

Aquí queda para que mañán os nenos e as nenas se sorprendan do ben que contan o conto e do lista que é a súa mestra.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

A fábrica das palabras


Á Biblioteca A2 chegou un libro: "La gran fábrica de las palabras"que nos vai servir este mes de novembro para fabricar, buscar e coleccionar palabras.
Comenzamos coas palabras amigas de MAGOSTO:
CASTAÑA,
CANDEAS,
LUME.
Axiña atopamos o cartaz de CASTAÑA, fomos entón á procura delas.
Moi perto da escola atopamos un castiñeiro con centos de CASTAÑAS, que recollimos para o magosto do vindeiro domingo, pero cando regresamos a escola decatámonos que non tiñamos CANDEAS.
Buscamos a palabra pola clase e non estaba.
¿Que facer?
Mateo tivo unha idea:
- Buscámola na casa, ao mellor unha mamá comprouna, e mañán traémola para escola.
Acordamos esperar a mañán.

Mentras, eu lles teño preparada unha sorpresa: a adaptación do
conto ao galego para seguir fabricando palabras.

A FABRICA DAS PALABRAS

View more presentations or Upload your own.

martes, 26 de octubre de 2010

Cantando en Samaín

Coa música de Mama Cabra e a letra de "Os esqueletes" fixemos unha adaptación ao galego e quedounos unha canción chulísima para cantar este ano na festa do Samaín e, como é moi longa, para os máis cativos deixámola no numero cinco. É divertidísima de cantar facendo todos os acenos que lle inventamos.
Esta é a "nosa" letra



Tamén fixemos un libriño para levar para casa e ler e cantar coas nosas familias.

martes, 29 de junio de 2010

memoria curso

Xa estamos no final deste curso, e para recordar e leva, compuxemos unha revista.

Certamente pasámolo ben xunt@s, e fixemos unha morea de cousas.

... e as que seguiremos a facer.

Como a nosa memoria pode ser feble, poderemos atopar a testemuña no blog:

Preme na imaxe