Os dous muíños da Ponte, que Manolo "o Nené" se ocupa de ter en perfecto estado para moer, hoxe traballaron para nós.
Na biblioteca da escola tiñamos moi pouca información, e por iso atendimos moi ben o que o señor Manolo nos contaba para logo poder facer un libro e regalarllo a nosa biblioteca.
A auga do río Termes chega ata o muíño por una levada. A auga ao pasar por debaixo do muíño move o rodicio, e o rodicio move a moa. Na adella botamos o millo, que vai caíndo pouco a pouco e a moa ao rodar móeo, convertíndoo en fariña que cae ao chan, de onde nós a recollimos.
Mentras esperábamos pola muiñada,cantamos e bailamos muiñeiras.
Muiñeria muiñeira
muiñeira ribeirana
muiñeira muiñeira
tococha de mala gana
Maruxiña do forneiro
cando cozas faime un bolo
si mo fas faimo de millo
que eu de trigo non cho como.
Unha noite no muíño
unh anoite non é nada
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada.
Para facer o bolo primeiro peneiramos a fariña e despois botámoslle auga quente para preparar a masa, amasamos, preparamos os bolos e....¡á tixola!
Logo fomos ata Mirenciños a merendar, e alí nos esperaban uns chourizos asados para acompañar aos bolos de millo, que estaban boísimos.
3 comentarios:
Sairá daquí algún futuro/a panadeiro/a ou muiñeiro/a? O que quedou claro e que a que mellor lle da a volta ós bolos de millo e Lourdes, sen dúbida.
Na zona de Ribeira ós bolos de millo chámaselles "parroeira". Simpática palabra.
Bolos de millo e chourizos asados... isa si é unha boa merenda.
Parabéns por tan fermosas actividades!!
Apertas dende Fene
Publicar un comentario