Esta adaptación do conto permítenos a lectura colectiva - vía pizarra dixital- ao telo pasado a maiúsculas significando as palabras máis repetidas:
Polo agora , ademáis de XAIME, LANDRAS e CARBALLO, quedámonos cos animais- cantos haberá ?- sobre todo porque algúns deles sonche ben complicados, senón mira ESQUÍO.
Ademáis premendo na imaxe, tamén podemos xogar , vía Graxaltic infantil cun Lim con actividades :
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
Mostrando entradas con la etiqueta carballo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carballo. Mostrar todas las entradas
domingo, 23 de noviembre de 2014
miércoles, 19 de noviembre de 2014
O carballo nas botas
Dende que estivo na nosa escola, hai anos, o contacontos Anxo Moure, as botas e zapatos vellos teñen unha nova utilidade: servir de alcoube para landras e castañas.Asi que cando pensamos en facer como Xaime, o neno do conto, e sementar as landras, decidimos facelo nas botas vellas que tiñamos gardadas do ano pasado, para que cando agromen, ter outra vez "carballos con botas"
Etiquetas:
carballo,
ciencia,
xaimeaslandras
martes, 18 de noviembre de 2014
Landras
Coas landras que apañamos andivemos de "matexogos" . Había que escoller as mellores para plantar, e de paso contamos, sumanos e quitamos.... e logo de xogar,
como non chovía fomos correndo ata o carballo de Isabel a facerlle unha visita e tocar a súa pel rugosa, comprobar as ondas das súas follas, e contarlle que as súas landras , cando agromen, ímolas plantar no baldío, onde os cabalos que baixaron do monte comeron os carballiños que xa estaban medrando na plantación que fixo hai tres anos a Comunidade de Montes.
Logo na escola limos o conto e escoitámolo no video que fixeron os nenos e nenas do CRA de Bergondo

ciencias,
matemáticas,
xaimeaslandras
Suscribirse a:
Entradas (Atom)