Mostrando entradas con la etiqueta Van Gogh. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Van Gogh. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de abril de 2011

Libro para Van Gogh

Está rematado o libro para Van Gogh. Fixémolo recollendo o traballo de todos os nenos e nenas da escola. O luns regalarémosllo a A Dúas, e tamén levarémolo de regalo para casa.

Xa rematou En Marzo Pintando, e agora comenzamos: Salvando un Libro en Abril.




miércoles, 30 de marzo de 2011

Mercoresdaduas

Hoxe, coa festa "Dous por unha" inauguramos os "mercoresdaduas".
Como esperamos que chegue o bo tempo , será o día que sacaremos a Biblioteca para fora: paseos con libro, visitas a bibliotecas públicas- xa temos amañado un servicio de nais-taxi para viaxar- actividades na Biblioteca A2 da Casa da Auga....., en fin que esperamos disfrutar, nós e os nen@s de Vide cos libros, coa
música, coas películas e con todas as posibilidades que nos ofrece a Biblioteca.

E foi un bo comenzo. Laura foi a "contacontos" e @s maís pequenos escoitaron prendados dela o conto de "O coelliño" mentras os maiores traballaban no obradoiro de Van Gogh construíndo un cadro-caixa de "Os xirasoles" , logo víu a tarta e as galdrumadas para rematar facéndose fotos de recordo no cadro- tamén a Comisión-

Díxenlles que ían sair no blog, e aquí están.



martes, 29 de marzo de 2011

75 Van Gogh

Hai tempo que acordamos na Comisión de Biblioteca, dado o escaso número de libros publicados de non ficción para o noso alumnado, catalogar na CDU - na zona de non ficción- os contos que trataran claramente un tema.
Deste xeito, @s nosos nen@s teñen máis oportunidades de aprender a
buscar información na Biblioteca seguindo a CDU.
En principio utilizamos un só número da CDU, agás cando é unha materia con moito "uso".

Isto é o que nos pasou co 7. Comenzamos por catalogar no 7: Pintura, Música e Películas, e agora xa temos tres zonas:

75:Pintura
78:Música
79:Películas

A onde ía con estes prolegómenos é a presentar os libros que se poden atopar na nosa bilioteca co:

75 Van Gogh:

"El sueño de Van Gogh". José Luís G. Fincias. Editorial Brosquil
"L´art en puzzles: Les saisons" Editorial Mango
"Los artistas en el mundo: Vicent van Gogh"Editorial Blume.
"La Gran Biblioteca de las tres mellizas: Vicent van Gogh", libro +DVD. Editorial Cromososma.
"Van Gogh para niños. Un viaje con pinceladas de luz. Editorial Susaeta.
"Van Gogh. Art Bobbok. Nova Galicia Arte.
"Camille y los girasoles"Laurence Anholt. Edicións Serre.

Nótase ben que todos os anos ao chegar a primavera acordamonos de Van Gogh.
Non hai outro que teña
tanto coma el.

Dous por unha


Como inauguramos a Biblioteca A2 un 30 de marzo, o día do nacemento de Van Gogh, todos os anos cando chega esta data, celebramos DOUS POR UN, ou UN POR DOUS, é dicir:
celebramos o cumpreanos da Biblioteca plantando xirasoles, contando sobre Van Gogh , facendo un obradoiro, xogando a encontrar libros de arte e pintores no 7.......

Con estes ingredientes máis unha tarta e unhas galdrumadas, todos os anos organizamos unha boa festiña de cumpreanos .

Estades invitad@s.


domingo, 20 de marzo de 2011

Xirasoles


Chega a primavera e a veiga ten que estar preparada para plantar nela.
Manolete, o pai de Jose Ángel xa víu fresala e como "EN MARZO PINTAMOS" e celebramos o cumpreanos de Van Gogh, pedímoslle que fresara unha tira máis para plantar os xirasoles, o noso regalo para Van Gogh.
O venres plantamos as
pipas.
Plantamos as pipas?
Fixemos dous regos mooooooooooooi longos, botamos esterco nos regos, logo botamos as pipas...., coas mans tapamos
con terra e despois....despois pisotearon os reg
os, a terra, as pipas, o esterco e todo o que se
puxo por diante.

Foi a emoción.

Eu, intentando poñ
er un pouco de orden díxenlles:
- Cuidado!!! Estades pisando todo o campo de xirasoles!!!!Que vai dicir Van Gogh???
- Que hai que poñer un c
artel-dixome Noa- para que non se pise.
Quedeime mirando para Noa, a campeona das pisoteadoras e ....que CONTESTAR?
Pois iso, que vale, que o luns faremos a cartaz.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Árbores en flor

Este mes de marzo víu un pouco revirado, e aínda que estamos en Entroido nós "En MARZO PINTAMOS" pero con tanto lío desta vez imos quedar só co noso amigo Van Gogh, pois non nos vai dar o tempo para máis.
E como a Van Gogh gustáballe pintar árbores e flores, logo
de ver os seus cadros saímos por Vide a buscar os árbores e as flores dos cadros.


E atopámolos.Igualiños igualiños.

martes, 23 de marzo de 2010

VAN GOGH


Mentras temos as pipas a remollo para sementalas polo cumpreanos de Van Gogh, imos lendo este novo libro que chegou á Biblioteca A2:

"El sueño de Van Gogh" con texto e ilustracións de Jose Luis G. Fincias da Editorial Brosquil.

O libro non chegou só, que veu acompañado dalgúns irmáns pintores da colección: El sueño de....

Nesta colección podemos ler "El sueño de.... pintores como Goya, Miró, Botticcelli, Gauguín, Botero, Chagall..... escritores como García Márquez ou Garcia Lorca ou personaxes históricos como Simón Bolivar ou o Che Guevara.


Gustanos esta colección, só lle atopo un PERO...

Un pero deses de PERO!!!!!!!


COMO É POSIBLE QUE DOS 21 PERSONAXES OS 21 SEXAN VARÓNS???!!!!!!!

lunes, 30 de marzo de 2009

Amarelo de Van Gogh



Hoxe, 30 de Marzo celebramos o cumpreanos de Van Gogh, e como todos os anos témoslle moitos agasallos.

Sabemos que a súa cor preferida é a amarela, por iso saímos a procura de frores amarelas. O pé da escola atopamos moitos pampillos cos que mañán faremos colares, botóns de ouro, celidonias, que ademáis da flor amarela tamén teñen a savia amarela, e flores amarelas de ruda, de navizas e de toxos.

As pipas de xirasol que plantamos na veiga xa brotaron e están a nacer os xirasoles. Tamén fixemos autorretratos "como os de Van Gogh", pintamos casas amarelas, sillas e ramos de xirasoles. Como dicía Marta:

- Que non se queixe, que este ano leva ben de regalos.




jueves, 27 de marzo de 2008

Xoves de Van Gogh


Xoves de chuvia con Van Gogh.
Cambiamos o paseo que tiñamos programado para sementar xirasoles por quedarnos con Van Gogh na Biblioteca A Dúas. Chovía, pero Á Dúas encheuse de nenas e nenos pintando, visitando o museu virtual de Van Gogh, comparando láminas, adiviñando o título dos cadros, xogando ás pistas...E os máis pequenos disfrutaron explicando TOOOODOOO o que sabían a uns maiores que miraban para eles coa boca aberta pero sen decir nin mu. É que, como dixo David:
- Estes maiores non saben nada, profe. Mándaos a ver a peli das Tres Mellizas.
E Saray, que XA ten tres anos,cando o obradoiro de pintura, dícíalles:
- A cor laranxa tedes que facela vos, e a verde tamén. Estades avisados. Si non sabedes me preguntades a min.
E houbo "unha maior" que fixo un descubremento mentras miraba o vídeo:
- AAAAAAAhhh, por iso se chama "la oreja de Van Gogh"!!!!!!!
E todos os pequenos fixeron ssssssssssssss!!

Pasou o tempo pitando. Pero cando xa marcharan todos decateime de que NINGÚN dos maiores levara prestado un libro.
En fin. Será que tiñan presa e marchaban "ahitos" de tanta sabeduría.

E eu quedeime mirando para o cadro "Noite estrelada" e ¿sabedes?. Escoitei como Neruda me dicia:

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.

Escribir, por ejemplo: "La noche está estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos".

El viento de la noche gira en el cielo y canta

miércoles, 26 de marzo de 2008

Feliz cumpreanos Van Gogh

O 30 de Marzo é o cumpreanos de Vicent Van Gogh, e para celebralo toda a semana faremos actividades sobre este pintor e aprenderemos cousas sobre a súa vida e as súas obras. Como a Van Gogh lle gustaban moitos os xirasois, plantaremos xirasois . O campo de xirasois será o noso regalo de cumpreanos.
Xa aprendimos a escribir o seu nome , o do seu irmán Theo e o do seu amigo Paul. Tamén visitamos un museu virtual e fotocopiamos os cadros que máis nos gustaron. Aprendimos a palabra AUTORRETRATO e a misturar cores para facer aparecer a cor LARANXA e a cor VERDE, como Van Gogh.

Este é un video de AUTORRETRATOS de Van Gogh:



E neste outro vemos cadros de Van Gogh mentras escoitamos unha canción que Don Mc Lean lle adicou a este pintor. Titúlase "Noite estrelada", como o cadro.



Si premes aqui podes ver o caderno da Biblioteca sobre Van Gogh