domingo, 29 de junio de 2014

Allariz

A excursión de fin de curso foi a Allariz.
Tiñamos tres visitas programadas:
O ecoespazo "O Rexo", coa granxa escola, a aula mediambiental e o paseo pola fraga pintada por Ibarrola.
A asociación Andrea, onde traballan con asnos en terapia para persoas discapacitadas.
A Exposición Internacional de Xardíns
 e por suposto un paseo pola vila.
Como programamos a saída unha vez remataron as clases, as nenas e nenos da escola sempre poden ir acompañados das súas familias, irmáns, curmáns, avoa, pais.... e tamén o exalumnado.

E foi así que fomos unha chea de nenos e maiores que disfrutamos dun marabilloso día en Allariz, coas ovellas e os paseos pola mañán, no xantar á beira do Arnoia, cos burros e os xardíns pola tarde, pero sobre todo o que non esqueceremos foi a nosa experiencia na Asociación Andrea.




miércoles, 25 de junio de 2014

Fogueira de San Xoán

Que fogueira a deste ano!
Vese que xa temos moita práctica e como veña unha boa noite- que veu- a fogueira arde tan lixeira que todos quedamos pasmados a mirar para ela.
Pola  tarde fixemos o meco- quedou precioso- e logo,  a pouco un grupo de "voluntarias da motoserra", colléronlle gusto ao traballo e caseque deixan o plataneiro sen polas e as xestas en perigro de extinción, pero pagou a pena....

E cando a fogueria veu a menos as pandereteiras pequenas puxéronse a cantar, non unha senón unha morea de cantigas que deixaron abraiados a doos, e aos seus pais e nais cheos de fachenda.





jueves, 19 de junio de 2014

Leitugas

Non podíamos mrchar de vacación sen probar as leitugas da nosa horta. Este ano tivemos unha colleita cativa pero aínda así chegou para degustar unhas exquisitas leitugas preparadas en ensalada ao xeito "creativo". Velahi vai a proba






miércoles, 18 de junio de 2014

Tarde de festa

Como todos anos, co aguinaldo recollido cantando os Reis en Vide e As Neves, facemos unha festa con hinchables e unha merenda chegando o fin de curso.
Esta vez, como viña una semana de moita calor, decidimos facer a festa en A Chan de Vide cun hinchable enooorme que tiña unha piscina e auga para todos os participantes. Menuda festa de nenos e nenas molladas ! E menos mal que logo había merenda, porque de tanta natación todos os nenos e nenas estaban mortos de fame. Non quedou nadiña!






viernes, 13 de junio de 2014

domingo, 8 de junio de 2014

O libro dos cientificos e científicas

Con todas as fichas, coma sempre, fixemos un libro de Unitariadevide, para compartir coas nosas familias, e recordar o traballo feito:


jueves, 5 de junio de 2014

Científic@s no Instituto de As Neves

Os científicos e científicas de Vide foron ata As Neves.

Tiñan unha cita cos científicos e científicas do Instituto de As Neves.

Visitaron á Biblioteca, onde había unha exposición de Libros de Ciencia, e o LABORATORIO.
Alí, participaron nun obrdoiro, onde @s "maiores" fixeron unha chea de experimentos asombrosos.
Unha mañán cientificamente perfecta.




martes, 3 de junio de 2014

Tarde de Fiadeiro en VIde

Unha fermosísima tarde de sol  na Carballeira de A Chan de Vide,

As cantareiras e gaiteiros non pararon de tocar. Ata 22 grupos subiron un tras outro, e  porque xa se botaba a noite enriba, que se non "darían as doce, a unha, as dúas, as tres...." , pois as ganas de tocar, cantar e baillar non faltaban.

E como non, todos os asistentes foron invitados a unha copiosa merenda e ao mellor viño das adegas dos veciños e veciñas de Vide, que un ano máis non se arredaron en aportar empanadas, tortillas, chourizos, bizcoitos.... de TODO!!

Esa tarde, todos eramos da "Comisión de Biblioteca", máis de 40 mulleres, novas e vellas, nenas e mozas, "armadas" coa camiseta pintada de pandeiretas e unha bandexa na man, repartindo comida,vendendo rifas, cantando, bailando... e aínda con folgos para, xa á noitiña recoller a carballeira e deixala de novo coma un primor.

Os mozos da "Asociaición Cultural Vidensen",  co bar para recaudar para as festas,  Chema, pendiente da megafonía, Gabriel presentando, Bruno coa electricidade, Jorge coa "infraestructura", Edorta no viño e Pepe, que recorreu  as parroquias veciñas anunciando o Fiadeiro.

... e as "fiadeiras": Carmen, Julia e Preciosa, e as nenas e nenos da "Comisión de Bibliotecari@s" cos Libros de Man en Man .

... e os comerciantes de Vide e As Neves que nos encheron de agasallos para o sorteo.

....e todos os amigos e amigas que acudiron coas súas gaitas e pandeiretas amenizaron esa marabillos

... e a todos os asistentes

gracias, por facer posible esta marabillosa  V Tarde de Fiadeiro en Vide.