Mostrando entradas con la etiqueta abrildoslibros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abrildoslibros. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de mayo de 2014

martes, 6 de mayo de 2014

O soño de Matías

Quedaranos un contacontos:



Conto: O soño de Matías
Contacontos: Fátima, a nai dos xemelgos Marcos e Diego.

 



martes, 29 de abril de 2014

As Unitarias visitan a nosa Biblioteca

Todos os anos no mes de Abril-  o mes dos libros- o alumnado das outras dúas Unitarias de As Neves, pasan o día na nosa Biblioteca.
E onte foi ese día
A mañán deu para moito.

  • Na Biblioteca as nenas e nenos de Vide explicaron aos seus compañeiros das outras escolas como se organizan os libros, como se colocan nos andeis, os distintos espacios... e sobre todo, que hai que falar moi baixiño! Logo disfrutaron todo do seu tempo cos libros. Por suposto que o maior éxito lle correspondeu ao andel de libros sorprendentes. Era de esperar.
  •  Houbo tempo para o Contacontos, o libro elexido foi: 

          un precioso conto que permite a participación das nenas e nenos e a súa dramatización de xeito moi             doado. A escola encheuse de:
          miauuu, miauu...! socorro, socorro..!, gua, gua....! e de risas.
          Para rematar fixemos a ficha do libro: Titulo... Autor.... Editorial....

  • E, como na Biblioteca tiñamos preparada a exposición de libros de "Ciencia na Biblioteca", fixemos maxia e transformámonos en científicos facendo experimentos.
Un día cansado pero....completiño, completiño!!!












domingo, 27 de abril de 2014

Miró: o libro


Unha das actividades de "Abril dos libros", foi a elaboración por parte do alumnado da unitaria, dun libro da nosa editorial: Editorial Unitariadevide .


No obradoiro de editor@s, fomos construíndo un libro coas fichas e material elaborado por cada neno e nena durante o desenvolvemento do Proxecto Miró.

Estas foron as tarefas que cada un deles realizou:

-Ordenar e alisar as follas.

- Facer a portada e contraportada.

- Escribir a ficha da primeira páxina.

- Picar as follas pouquiño a pouco.

- Poñer a espiral.

- Numerar as páxinas.




E este foi o resultado:

 

viernes, 25 de abril de 2014

Onde estás caracol?

E chegou o teceiro día de Contacontos:

Conto: Onde estás caracol?
Contacontos: Vanesa, a nai de Soraya.

















como estes días tanto chove como sae o sol hai caracois por todas partes así que fomos á procura deles. Había por todas partes, e apuntamos: debaixo da herba, na pedra.. Logo soltámolos na clase e ...

...sabedes a onde foron?

ao tarro de auga vermella!!!







jueves, 24 de abril de 2014

O meu gato sempre me imita

Pois seguimos cos contacontos, e o conto elexido esta vez foi:

O meu gato sempre me imita.
Contacontos: ANA, a nai de Samara





e levamos de deberes averiguar moitos nomes de gatos. Foi doado porque en Vide hai gatos en todalas casas.





martes, 22 de abril de 2014

A sopa verde

Dentro da programación "Abril dos libros" esta é a semana dos "Contacontos".
Hoxe foi o primeiro:

Contacontos: Edorta, o pai de Antón.
Conto: "A sopa verde"





pero como  somos "científi@s" , tivemos que investigar un pouco , e fomos á horta para comprobar que as leitugas son verdes, a couve é verde, os chícharos son verdes...., pero a decisión final foi que verdes, verdes son..... AS FOLLAS:




miércoles, 2 de abril de 2014

Día internacional do libro infantil


Na Unitaria de Vide, ao mes de abril chamámoslle o MES DOS LIBROS, e aínda que traballemos noutras cousas, a nosa mirada neste mes está sempre dirixida moi especialmente a "celebrar" a nosa biblioteca e os seus libros, por iso non deixamos pasar o día 2 de abril sen facer algo especial, porque é o...



 Día internacional do libro infantil

...e todo o día traballamos xogando cos libros da biblioteca. 

Primeiro escollimos os libros cos que iamos xogar, e como andamos a traballar con Miró, foi natural que ganasen os libros de pintores.

E comenzou o xogo:

Apoiándonos no encerado dixital, buscamos no OPAC :  Miró, Velázquez, Van Gogh, Paul Klee, Picasso... e averiguamos cantos libros tiñamos de cada un deles. Apuntabámolo na ficha e comenzaba a carreira: atopar TODOS os libros que tiñamos. 

Non pensedes que foi doado. Había que buscar, contar os que atoparamos, pensar cantos nos faltaban aínda, volver a mirar na pizarra, comprobar que estaban todos e entón berrar: XAAA!
Logo escribilo na ficha.

....ata descubrimos que o OPAC estaba equivocado, pois tiña contado mal os libros de Van  Gogh.



Pasou a mañan nun periquete e para descansar de tanto correr, sentámonos a escoitar un conto de pintores que nos contou Samara: "O libro máis bonito do mundo".




martes, 14 de mayo de 2013

LÚA

Brandán tiña o L de Lúa, o conto de Kalandraka, pero era un conto tan "tirado"- expresión de Alba- que decidimos "copialo, comelo, tragalo, reproducilo e .....GRABALO"

e así quedou:


 

lunes, 22 de abril de 2013

ABCDElibros

Hoxe presentamos o noso novo blog das tarefas:

ABCDElibros


A primeira letra/libro foi:

S de SACAPENAS, apadriñado por Saúl .

Saúl, como Bieito, o protagonista do libro, tampouco durmía ben porque tiña moitas preocupacións, por iso decidimos facer un sacapenas para el, e de paso outro para cada un de nós.

Este foi o resultado do traballo

domingo, 21 de abril de 2013

Abril dos libros


En Abril, o mes dos libros, recuperamos o proxecto de traballo cancelado cando o proxector  da pizarra dixital deixou de funcionar.

Xa temos novo proxector- prestado pola Unitaria de Rubiós- e levamos unha semana facendo este blog:


 que queremos "inaugurar" o luns, 23 de Abril, día Internacional do Libro.
Na Biblioteca os nenos e nenas escolleron libros e logo seleccionámolos segundo a primera letra do título para ir completando o abecedario. Cada libro/letra ten "padriño/madriña", que será o encargado/a de presentala letra e mais o libro facendo a entrada no blog, con axuda, ou sen axuda.
Estes son:

S
Sacapenas
Saúl
N
Nadarín
Noa N.
V
(A) Vaca condesa
Noa
R
Ra e  rato
Daniela
L
Lúa
Brandán
U
Uxía vai de compras
Ruth
H
Historia dunha árbore
Iago
Q
(A) Que sabe a lúa
Marcos
T
Tres osos
Antón
F
Fernando Furioso
Alba
CH
Chucho Cacho
Soraya
G
(O) Gato lambón
Iris
M
Malea Balea
Uxue
X
Xanardán e a becha
Diego
E
Elmer
Samara
O
Onde está?
Samuel