Tíñamos o millo, queríamos comer unha bola......había que moelo.
O venres pasado foi a moenda.
Primeiro fomos á casa de Noemi.
Visitamos os animais, vimos o millo gardado no canastro novo, falamos coa avoa e logo o seu avó puxo en marcha a muiñeira eléctrica e m
Nós queriamos moer "como antes", nos muíños que hai onda o Termes, así que seguimos camiño.
Chegamos aos muíños da Ponte onde muiñeiro, o señor Manolo- o "Nené"- xa esperaba por nós.
Puxo o muíño a andar e botou o millo na adella.
E quedamos alí caladiñ@s, prendidos do son da auga ao caer no rodicio, do tiquitaque do tarabelo sobre a moa, do sssuuuuunnnn do millo ao esmagarse..... mentras o chan se
Recollimos a fariña coa vasoira e marchamos a correr, sen peneirala, porque aínda tiñamos un bó camiño ata a escola e a mañán xa marchara enteira.
Só nos deu tempo de despedirnos do muiñeiro e darlle las gracias.
É son unha
Nené, se hai que limpar a levada, avisa, que alá iremos , porque que ese muíño siga en funcionamento é responsabilidade de TOD@S os viciños.
E de paso botamos unha muiñeira. Por iso de respectar as tradicións, claro e porque...
"cantai todas, cantai todas
e que non falte ninghunha
que o cantar e o baillar
non é verghonsa ningunha"
1 comentario:
Súmome ó agradecemento, meu fillo chegou "alucinado" da visita ó muiño.
Ó de limpar tamén me sumo, claro.
Publicar un comentario