miércoles, 30 de marzo de 2011

Mercoresdaduas

Hoxe, coa festa "Dous por unha" inauguramos os "mercoresdaduas".
Como esperamos que chegue o bo tempo , será o día que sacaremos a Biblioteca para fora: paseos con libro, visitas a bibliotecas públicas- xa temos amañado un servicio de nais-taxi para viaxar- actividades na Biblioteca A2 da Casa da Auga....., en fin que esperamos disfrutar, nós e os nen@s de Vide cos libros, coa
música, coas películas e con todas as posibilidades que nos ofrece a Biblioteca.

E foi un bo comenzo. Laura foi a "contacontos" e @s maís pequenos escoitaron prendados dela o conto de "O coelliño" mentras os maiores traballaban no obradoiro de Van Gogh construíndo un cadro-caixa de "Os xirasoles" , logo víu a tarta e as galdrumadas para rematar facéndose fotos de recordo no cadro- tamén a Comisión-

Díxenlles que ían sair no blog, e aquí están.



martes, 29 de marzo de 2011

75 Van Gogh

Hai tempo que acordamos na Comisión de Biblioteca, dado o escaso número de libros publicados de non ficción para o noso alumnado, catalogar na CDU - na zona de non ficción- os contos que trataran claramente un tema.
Deste xeito, @s nosos nen@s teñen máis oportunidades de aprender a
buscar información na Biblioteca seguindo a CDU.
En principio utilizamos un só número da CDU, agás cando é unha materia con moito "uso".

Isto é o que nos pasou co 7. Comenzamos por catalogar no 7: Pintura, Música e Películas, e agora xa temos tres zonas:

75:Pintura
78:Música
79:Películas

A onde ía con estes prolegómenos é a presentar os libros que se poden atopar na nosa bilioteca co:

75 Van Gogh:

"El sueño de Van Gogh". José Luís G. Fincias. Editorial Brosquil
"L´art en puzzles: Les saisons" Editorial Mango
"Los artistas en el mundo: Vicent van Gogh"Editorial Blume.
"La Gran Biblioteca de las tres mellizas: Vicent van Gogh", libro +DVD. Editorial Cromososma.
"Van Gogh para niños. Un viaje con pinceladas de luz. Editorial Susaeta.
"Van Gogh. Art Bobbok. Nova Galicia Arte.
"Camille y los girasoles"Laurence Anholt. Edicións Serre.

Nótase ben que todos os anos ao chegar a primavera acordamonos de Van Gogh.
Non hai outro que teña
tanto coma el.

Dous por unha


Como inauguramos a Biblioteca A2 un 30 de marzo, o día do nacemento de Van Gogh, todos os anos cando chega esta data, celebramos DOUS POR UN, ou UN POR DOUS, é dicir:
celebramos o cumpreanos da Biblioteca plantando xirasoles, contando sobre Van Gogh , facendo un obradoiro, xogando a encontrar libros de arte e pintores no 7.......

Con estes ingredientes máis unha tarta e unhas galdrumadas, todos os anos organizamos unha boa festiña de cumpreanos .

Estades invitad@s.


domingo, 27 de marzo de 2011

Pilarita de Camilo, pandereteira


Estabamos o venres pola tarde tocando a pandeireta na escola cando petaron na porta .
Era a nai de Camilo, que hai uns meses se víu a vivir con el e a muller .
-Podo tocar con vós?
- Claro que podes, pasa e séntate !!
- Eu tamén era pandereteira, pero xa hai moitos anos que non toco.

Pilarita- agora chámanme Pilar, pero eu sempre fun Pilarita- ten 97 anos.

Colleu unha pandeireta na man e aínda lle repenicaba á xota e á muiñeira - ai, este brazo non me deixa mover ben a man! - mentras recordaba cantares da súa mocedade - mira que eu sabía, pero agora xa non me lembro ben das letras, cantai vós- e contounos como cando era nova non había serán ao que non fora- faciamos seráns todas as semanas, e alá ía eu, a todos, coa miña pandeireta- e como bailaba e cantaba, ela e as súas amigas.
Nestas, Pilarita empezou a preguntar.
- E a volta? cando facedes a volta?
Nós mirabamonos unha ás outras sen saber o que preguntaba. Que volta?
- Non facedes un serán?
Entón entendimos. Había mulleres, nenas, pandeiretas, risas, café,
bizcoito, era a hora apropiada.....só faltaba poñerse a bailar, e xa tiñamos a festa completa: un serán.
Non lle gustou nada que nos quedaramos coa festa a medias.
Aínda cando marchaba díxonos:
- Tedes que facer a volta.
Pero ela ben sabe que non tiñamos para facer a volta completa, que a volta se facía para poder "mocear", e..... onde estaban os mozos?

sábado, 26 de marzo de 2011

ERVELLAS


Onte sementamos ervellas- pisum sativum- .
Un pouco tarde, pero......

Non nos custou moito sementar, non. Eu fixen os regos,un para cada nen@. Botaron esterco nos regos. Cadaquén puxo no peto do mandilón unha presa de ervellas e .... que gusto m
e daba velos tan concentrados poñendo con cuidado as sementes no seu rego, dúas de cada vez, dúas cuartas de separación, tapar con terra......

Non sei se teremos moita colleita, pero meréceno.

jueves, 24 de marzo de 2011

Don e Dona

Rematou a semana da poesía .

O poema de Helena Vilar Janeiro e Xesús Rábade: memorizado- nuns máis quw noutros-
Os libros de poesía na Biblioteca: identificados, localizados, ordenados.
LUGO,DONA LÚA, NOITE, DON GATO, RÍO....: traballadas.
O novo libro de Unitariadevide: feito, ilustrado, titulado, ordenado, escaneado, fotocopiado, cortado, editado....... xa somos profesionais!
? e !: traballado.
Promunciación CHE- de che soubo, e F- de frío, berce fondo- :non foi doado, non.
Búsqueda de imaxes en internet de LUGO,LÚA, NOITE, FRÍO, RÍO e posibles variacións- río Lugo luna- cantidÁ!!!!
Dramatización e recitado do poema: que ben o pasamos!
Grabación das voces: perfecto!!

E aquí deixamos o traballo feito que nos corre o tempo para seguir con Van Gogh.

miércoles, 23 de marzo de 2011

Pandereteiras

A Editorial Unitariadevide ben de publicar un novo libro: O repertorio das Pandereteiras, coa letra de todas as cantigas que as Pandereteiras de Vide cantan e tocan. Así tod@s poderemos aprendernos as cantigas e cantar con elas.

lunes, 21 de marzo de 2011

Libros con Música

Na Biblioteca, na zona dos máis pequen@s, os libros de Poesía son os que chamamos "LIBROS CON MÚSICA", e polo tanto teñen o seu propio andel e a pegatina que así o indica.

Esta semana, na Biblioteca é a semana dos libros con música,polo que son estes os libros que propoñemos para:

- levar prestados no "Conto de pola noite",
- ler na "Hora de ler"

- ordenar, revisar e reparar no "Obradoiro
Biblioteca"
- Contar e cantar na hora de "Escoitando"

E hoxe, que é o Día da Poesía, fixemos un cartaz coa pegatina dos
"Libros con Música", fomos á biblioteca a escoller libros con música
para levar á escola
na cesta de "A2 viaxeira", buscamos títulos e autor@s, poemas
curtos e longos, contamos versos, inventamos palabras rimadas, e
escollimos un poema para aprender de memoria:

Señora Dona Lúa, do poemario "Don e Dona", de Helena Vilar Janeiro e Xesús Rábade, publicado por Galaxia.

- Señora dona Lúa
ponte no prato
e que te pr
obe
o gato.


Don Gato Teixo,
a que c
he sou
bo a Lúa?
- A queixo


- Señora dona Lúa
ponte n
o río
a que t
e arrole
o frío



- Don Frío, berce
fondo,
onde levas á Lúa?
- Ó lombo.

domingo, 20 de marzo de 2011

Xirasoles


Chega a primavera e a veiga ten que estar preparada para plantar nela.
Manolete, o pai de Jose Ángel xa víu fresala e como "EN MARZO PINTAMOS" e celebramos o cumpreanos de Van Gogh, pedímoslle que fresara unha tira máis para plantar os xirasoles, o noso regalo para Van Gogh.
O venres plantamos as
pipas.
Plantamos as pipas?
Fixemos dous regos mooooooooooooi longos, botamos esterco nos regos, logo botamos as pipas...., coas mans tapamos
con terra e despois....despois pisotearon os reg
os, a terra, as pipas, o esterco e todo o que se
puxo por diante.

Foi a emoción.

Eu, intentando poñ
er un pouco de orden díxenlles:
- Cuidado!!! Estades pisando todo o campo de xirasoles!!!!Que vai dicir Van Gogh???
- Que hai que poñer un c
artel-dixome Noa- para que non se pise.
Quedeime mirando para Noa, a campeona das pisoteadoras e ....que CONTESTAR?
Pois iso, que vale, que o luns faremos a cartaz.

viernes, 11 de marzo de 2011

Vide en verde

É o quinto ano que @s nen@s de Vide coas súas familias e amig@s imos plantar árbores no baldío . Así, xa comenzamos a ver como no comunal, pequenas fragas de castiñeiros, carballos, avelairas...van medrando cuns carteliños onde, nalgúns a duras penas, podemos ver o nome de quen o plantou e a data. Este ano o lugar escollido foi a explanada do comunal onda a casa do "francés". Plantamos sesenta castiñeiros , un souto, "o noso" par ir coller as castañas do magosto dentro de cinco anos?.
Seguro.



miércoles, 9 de marzo de 2011

Árbores en flor

Este mes de marzo víu un pouco revirado, e aínda que estamos en Entroido nós "En MARZO PINTAMOS" pero con tanto lío desta vez imos quedar só co noso amigo Van Gogh, pois non nos vai dar o tempo para máis.
E como a Van Gogh gustáballe pintar árbores e flores, logo
de ver os seus cadros saímos por Vide a buscar os árbores e as flores dos cadros.


E atopámolos.Igualiños igualiños.

Entroido de cegos

Os cegos cantores percorreron a parroquia o pasado venres, e non ían sós. Entre outros acompañáronnos unha cega que vendía cupóns e un "cuponaso" . Ao pé do mesón de A Chan de Vide plantaron o seu cartel e o romance do gato foi cantado unha e outra vez.
Pasamos o sombreiro e...... seis euros para galdrumadas!!!!
De volta na escola prepamos a mesa coas viandas que se trouxeran e tod@s, nais, pais, avoas, nenas e nenos fixemos unha boa festa-comida de Entroido.
Tan boa festa era que nen@s e nais dos cursos pasados tamén viñeron.
E claro, con tanta troula a comida fíxose merenda, a merenda pandeirada...... e como temos tanto repertorio...... ata a lúa víu a ver que pasaba na escola.
E deixámola pasar, que era venres e o sábado non se traballaba.