Mostrando entradas con la etiqueta san xoán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san xoán. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de junio de 2014

Fogueira de San Xoán

Que fogueira a deste ano!
Vese que xa temos moita práctica e como veña unha boa noite- que veu- a fogueira arde tan lixeira que todos quedamos pasmados a mirar para ela.
Pola  tarde fixemos o meco- quedou precioso- e logo,  a pouco un grupo de "voluntarias da motoserra", colléronlle gusto ao traballo e caseque deixan o plataneiro sen polas e as xestas en perigro de extinción, pero pagou a pena....

E cando a fogueria veu a menos as pandereteiras pequenas puxéronse a cantar, non unha senón unha morea de cantigas que deixaron abraiados a doos, e aos seus pais e nais cheos de fachenda.





viernes, 13 de junio de 2014

sábado, 30 de junio de 2012

San Xoán

Non podiamos deixar de celebrar a noite de San Xoán e o sábado quedamos na escola pola tarde para facer o meco. Geni, como todos os anos, trouxonos a roupa e de Digna era a palla para enchelo. Fomos ao "Avelino" a polos petardos que sempre leva dentro e entre uns e outros armamos un bo meco que levamos ata Chan de Vide no tractor de Celestino e alí, logo de montar a fogueira coa leña e madeira que os viciños foran deixando, Bruno subíu ás escaleiras para colgar a "Delfino" ben alto.
O traballo viusenos enriba e non nos deu tempo de ir á procura das herbas de san xoán, para facer o cacho, así que é posible que a pel das nosas preciosas facianas tome nota delo. Xa veremos.

Ceamos na carballeira de A Chan e ás 12 en punto prendimos lume a fogueira.

Antes, todos os nenos e nenas, e algún que outro "infiltrado", puxeramonos en roda arredor dela para cantarlle:

Delfino vai en coche
Delfino en coche vai
Delfino vai en coche
á fogueira de San Xoán.

Despois, cando o lume chegou ata Delfino e levouse con el todo o malo que fixemos, que sentimos, que pasou neste ano, choramos e berramos pero tamén aplaudimos por estar  xuntos cantando e bailando na noite de San Xoán.




E tocamos as pandeiretas e as gaitas, e bailamos e cantamos mentras esperábamos que chegase a mañán da noite de San Xoán.





martes, 23 de junio de 2009

Herbas de San Xoán e fogueira

Onte polo serán, que hoxe estaremos moi ocupadas preparando a festa e a fogueira, quedamos para ir a procura das Herbas de San Xoán , e foi traballo doado porque nun cantiño xa tiñamos collidas sete herbas. Non dabamos atopado a herba de san xoáon, e sustituímola por xesta. Había xa poucos estralotes, pero sorprendentemente moito fento macho. O que non había por ningures era malva, Sita dixera que nas Puntaleiras, onda a ponte románica ela vira algunha , pero non nos pagou a pena ir ata alá a por ela. Fixemos unha morea de ramos, primeiro os nosos, claro, pero logo decidimos facer moitos máis para regalalos ás que non viñeron.

Ah! e cando xa tiñamos os ramos feitos, de volta á casa, apareceu a herba de san xoán. E que nesta parroquia está visto que hai de todo. E mañán pola mañán xa veredes como vai chamar a atención a frescura da nosa piel e o ben que sabemos manter á raia o mal de ollo e os feitizos traidores.

Só tivemos un problema , que quedou en nada gracias como sempre a solidariedade vidense. O Concello non nos daba permiso para facer a fogueira porque non tiñamos un Seguro de Responsabilidade Civil para cubrir a festa. Enteradas as mulleres da Comisión de Festas, que si teñen este seguro, ofrecéronse para solicitar elas o permiso e poder seguir adiante. Gracias. Se non chega a ser por vós, este ano quedabamos sen fogueira - no Concello fixéronnos pagar 18 euros de tasa, pero, será por cartos!-

sábado, 6 de junio de 2009

As herbas de San Xoán

Como en nada estamos en San Xoán, deixámosvos o noso Boletín das Herbas de San Xoán, así non tedes disculpa paro non saír o martes, 23 de xuño, á noitiña á procura delas. Logo pola mañán lavas a cara e o teu cutis, xa sabes, quedará ¡¡¡¡¡DIVINO!!!