"Unha feliz catástrofe", de Adela Turín que ben de ser publicada en galego por Kalandra:
e un xogo: crebacabezas que nos recordan que, se se comparten as tarefas, combátese a violencia de xénero:
un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE

Pois é que non a invitaran.
- Como? Que é galega...- con ese apelido non se me pasou pola cabeza, ademáis matemática, estaba claro que tiña que ser extranxeira-
Que me dices!!!. Que naceu en Oleiros e estudiou o bachiller no Instituto Eusebio da Guarda- PÚBLICO!!!- en A Coruña?.
E que agora vive en Oleiros? - Non mo podo crer!-
En 2006, dúas profesoras de Matematicas da UDC publican un artículo no Boletín da Real Sociedade Matemática Española no que a dan a coñecer á comunidade matemática española e galega.
A partires de entón darán comenzo timidamente os recoñecementos. En 2006 o Goberno Galego creará o premio Mª Josefa Wonenburguer, un recoñecemento ao impacto social e recoñecemento da muller galega na ciencia. O concello de Oleiros dedicaralle en 2010 un parque en Montrove, a súa localidade natal, e no mesmo ano será nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidade de A Coruña . Dende xuño de 2001 conta cun monolito no Parque de Santa Margarita en A Coruña.
E no día de hoxe eu coñecín a unha muller galega de 85 anos, que de pequena lle chamaban "a sabia" porque xogaba cos números, que se licenciou en matemáticas en Madrid e se doctorou en Yale, que foi docente e investigadora en Canada e EEUU, que de maior lle chamaron "a nai da Teoría de Kac-Moody, e que en 1983 volveu á súa casa para cuidar a súa nai enferma, e aqui quedou- porque quería moito aos números pero quería máis a súa nai-
Na escola falamos de María e das científicas e decidimos solucionar un problema científico:
a 25 anos pillouna a guerra civil en Madrid de mestra e foi miliciana, ao acabar a guerra conseguíu chegar a Lugo e botouse ao monte, pero logo de sete anos collérona. Tivo a Guardia civil tres horas a tiros antes de poder con ela, pero a feriron nas pernas. Cando a colleron torturáronna e condenárona a 30 anos. Quedou mal das pernas e anda con muletas. Andivo de cárcere en cárcere ata que saíu hai dez anos, igual de republicana que cando estaba presa. Ao chegar púxose a facer ela mesma a casa , e empezou a montar follón ata que hai pouco conseguíu que a rehabilitaran como mestra. Non lle ten medo a nada!"





Poucos saben que a soberbia triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo foi, sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.
levouna a residir en distintas provincias españolas até a definitiva instalación da familia en Madrid en 1922. Ingresa na Academia de Belas Artes e empeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española. Coñece a Salvador Dalí e á poetisa Concha Méndez, que a introducen no círculo da Residencia de Estudantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta. Concha Méndez e Maruja pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares. Nestes anos, Maruja crea a súa propia linguaxe artística, atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular. Mestura todo coa súa particular interpretación.
como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra. O seu regreso a Madrid, a finais de 1932, supón un novo xiro no seu estilo. As súas novas series "Arquitecturas minerais", inspiradas en pedra, e "Arquitecturas vexetais", poboadas por estrañas froitas, son teas que aínda que manteñen a sobriedade cromática someten agora as súas formas a esquemas xeométricos. Durante esta época combina o seu traballo artístico cunha intensa actividade de compromiso coa República.