Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de noviembre de 2014

A Unitaria de Vide na prensa

Os nenos e nenas da escola de Vide, estaban onte en "La voz de la escuela".
Os periódicos en toda a zona desapareceron , porque todo o mundo quería ver a Diego e Samara facendo o experimento de "a torre de auga", a Ruth xogando a mariquitilla ou a Sabela contando como os nenos e nenas de Vide convértense en pequenos científicos e buscan, descubren, xogan e aprenden utilizando os recursos da súa biblioteca.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

O carballo nas botas

Dende que estivo na nosa escola, hai anos, o contacontos Anxo Moure, as botas e zapatos vellos teñen unha nova  utilidade: servir de alcoube para  landras e castañas.

 Asi que cando pensamos en facer como Xaime, o neno do conto, e sementar as landras, decidimos facelo nas  botas vellas que tiñamos gardadas do ano pasado, para que cando agromen, ter outra vez "carballos con botas"











viernes, 14 de noviembre de 2014

Castañas en almibre

E xa fixemos tamén a conserva de castañas: "CASTAÑAS EN ALMIBRE".
O que máis traballo nos deu foi pelar as castañas, menos mal que Ruth e Daniela colléronlle o xeito axiña, que senón non dabamos feito, sobre todo porque Talía e Raul non paraban de comelas.
Puxémoslle unha etiqueta co nome e un "libriño" coa receta, para que as mamás e papás tamén o fagan na casa.

E agora a esperar un mes para probar.

Conseguirémolo?




jueves, 6 de noviembre de 2014

Castañas

Xa temos a receta para facer as castañas en almibre.


lunes, 3 de noviembre de 2014

Ciencias na cociña

Estamos no mes de Novembro o  "Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas" e nós, que neste curso temos unha escola matemática, biblioteca incluída, e non paramos de contar, medir, comparar, xuntar... imos comenzar a pesar, e que mellor que si facemos

ciencias na cociña


porque na unitaria temos unha cociña, cunha placa de inducción que é unha marabilla, unha báscula, un forno pequeniño, unha nevera do século pasado pero que fuciona... en fin, que estamos preparad@s para investigar cociñando.

E imos cociñar castañas, que temos moitas.

Cando fomos apañar castañas ao castiñeiro da nosa veciña a "Argentina", collimos tantas que nos sobraron moitas despois de facer o magosto, asi que discutimos que facer con elas:

- outro magosto non que chove.
- caldo de castañas non que é moito traballo.
- castañas con leite ummmm non sei , non sei...
- castañas en almibre si, siiiii

agora só nos queda investigar como se fan castañas en almibre.

Mañán empezamos.


domingo, 8 de junio de 2014

O libro dos cientificos e científicas

Con todas as fichas, coma sempre, fixemos un libro de Unitariadevide, para compartir coas nosas familias, e recordar o traballo feito:


jueves, 5 de junio de 2014

Científic@s no Instituto de As Neves

Os científicos e científicas de Vide foron ata As Neves.

Tiñan unha cita cos científicos e científicas do Instituto de As Neves.

Visitaron á Biblioteca, onde había unha exposición de Libros de Ciencia, e o LABORATORIO.
Alí, participaron nun obrdoiro, onde @s "maiores" fixeron unha chea de experimentos asombrosos.
Unha mañán cientificamente perfecta.




lunes, 26 de mayo de 2014

Científicos na Biblioteca: A PEMENTA QUE ESCAPA

Se non te esqueces de mollar o dedo en Mistol antes de tocar o auga onde botaches pementa, deixarás a todos abraiados cando fagas este experimento.
Pensarán que eres un mago ou maga, pero ti sabes que non é maxia......é CIENCIA:










ves como escapa a pementa cando tocas o auga co dedo manchado de Mistol?

martes, 20 de mayo de 2014

Científicos na Biblioteca: TORRE DE AUGA

Este experimento é moi doado de facer, por iso gusta tanto a estes científicos e científicas:
Imos botando- con moito cuidado- líquidos de diferentes densidades e construímos unha torre de colori
nes.






viernes, 16 de mayo de 2014

Científic@s na biblioteca : Os chupaauga

Xa iniciamos o arduo camiño consultar os libros da biblioteca,  habilitar o
laboratorio e dar comenzo ás nosas investigacións.

A este experimento chamámoslle :

OS CHUPAAUGAS
                                                                      AVISO: A auga tinguímola sempre para que se vexa mellor 















           









martes, 13 de mayo de 2014

Ciencias na Biblioteca: exposición e boletín

Como xa decidimos convertirnos en científicos e científicas,  o primeiro que fixemos foi ...
ir á Biblioteca, claro.
Descubrimos que os libros de Ciencias están no 5 e no 6, e escollimos todos os libros que nos gustaron, ordenámolos ben, fixemos uns cartaces e

aquí están:



e tamén levamos para casa un "Boletín de Ciencias", para  contarllo ás nosas familias.





miércoles, 7 de mayo de 2014

non é maxia...é CIENCIA!

En Vide, e en todos os lugares, o alumnado de infantil son pequenos científic@s.

Que non?
Entón que fan decotío?
Observan, manipulan, clasifican, e.... curiosos?....a rachar!!!
O que dicía, unha clase chea de pequenos científicos e científicas.
E a Biblioteca ten que ser un apoio e un instrumento máis nos seus primeiros pasos cara a formación científica, para eles e para as súas familias.

Así que hoxe cando chegaron á escola atoparon un LABORATORIO!!!



e para facerlles a boca auga, fixemos uns pouquiños experimentos moi sinxelos, que vimos nun libro da biblioteca: "Experimenta Ciencia. Esperimentos científicos para niños" de editoiral Galera
Ao principio pensaron que era maxia, pero non..


era Ciencia!!!

Fixemos flotar o aceite na auga, tapamos un vaso cun papel e ao darlle a volta o auga non caía... e convertimos cocacola nunha especie de barro noxento ao botarlle unha pinga de leite.



resultado:

en maio todos os nenos e nenas de Vide van ser científicos e científicas 






domingo, 18 de diciembre de 2011

Decembro: as árbores do quinteiro

O mes pasado decidiramos adicar un día cada mes a observar as árbores do noso quinteiro, fotografialas e comparalas co mes anterior.

Este é o resultado no mes de decembro. Comprobamos que agás o carballo americano qu ese resiste a perder as follas, todas as outras árbores caducas estan espidas.
A sobreira, como é unha árbores de folla perenne segue quentiña chea de follas.

viernes, 4 de noviembre de 2011

María Wonenburguer


Hoxe, 4 de novembro de 2011 celébrase o Día da Ciencia en Galego, que este ano homenaxea a unha matemática galega, María Wonenburguer.

María Wonenburger- 1927- é unha matemática e alxebrista de referencia para a comunidade científica internacional pero con escaso recoñecemento no seu pais. Nun Congreso Mundial de Matemáticas celebrado en Santiago na década dos 90 ao que acudieron afamados alxebristas de diferentes países, ela non estivo presente. Os asistentes preguntábanse por qué unha científica da súa categoría e coa mesma nacionalidade que os anfitrións non acudira ao congreso.

Pois é que non a invitaran.

- Como? Que é galega...- con ese apelido non se me pasou pola cabeza, ademáis matemática, estaba claro que tiña que ser extranxeira-

Que me dices!!!. Que naceu en Oleiros e estudiou o bachiller no Instituto Eusebio da Guarda- PÚBLICO!!!- en A Coruña?.

E que agora vive en Oleiros? - Non mo podo crer!-

En 2006, dúas profesoras de Matematicas da UDC publican un artículo no Boletín da Real Sociedade Matemática Española no que a dan a coñecer á comunidade matemática española e galega.

A partires de entón darán comenzo timidamente os recoñecementos. En 2006 o Goberno Galego creará o premio Mª Josefa Wonenburguer, un recoñecemento ao impacto social e recoñecemento da muller galega na ciencia. O concello de Oleiros dedicaralle en 2010 un parque en Montrove, a súa localidade natal, e no mesmo ano será nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidade de A Coruña . Dende xuño de 2001 conta cun monolito no Parque de Santa Margarita en A Coruña.

E no día de hoxe eu coñecín a unha muller galega de 85 anos, que de pequena lle chamaban "a sabia" porque xogaba cos números, que se licenciou en matemáticas en Madrid e se doctorou en Yale, que foi docente e investigadora en Canada e EEUU, que de maior lle chamaron "a nai da Teoría de Kac-Moody, e que en 1983 volveu á súa casa para cuidar a súa nai enferma, e aqui quedou- porque quería moito aos números pero quería máis a súa nai-

Na escola falamos de María e das científicas e decidimos solucionar un problema científico:

¿Cantas árbores hai no quinteiro da escola?

SIN AXUDA!!!