A SOPA QUEIMA. Texto de Pablo Albo.Ilustracións de André Letria
Editorial OQO.Pontevedra, xullo 2009.
Como a sopa

Contar este conto deu lugar a unha morea de xogos: soprar como María, como un rinoceronte, como unha formiga, como tres, como catro, como cinco.....
Levar a culler a boca e.....berrar: aaaaaaaaaaaaai!!!! !A SOPA QUEIMA!!!!
Ir facendo da mamá que sempre lle di:
- Pois sopra, María, sopra!!!
E por fin, facer que comemos a sopa: levar a culler a boca, tragar, ummmmm que rica!, repetir, ummmmm delicosa!.... e así ata que xa non queda nada.
Pero aínda quedaba o mellor:

Debuxar e pintar a María, porque María ten a cara REDONDA, o seu nariz está no centro , e por riba, os ollos, un a esquerda e outro á dereita - podes ir ao espello e comprobar que ti tamén- cunhas pestanas ben longas, e sobre cada ollo, a cella. Logo ven a boca. Aquí tes que parar e decidir si María está sorrindo, ou berrando, ou triste.
Despois hai que lle poñer as orellas, outra vez unha a cada lado, e por fin, o pelo.
¿Sabes facer rizos? ¡Pois veña rizos!
Si aínda hai ganas, podes seguir coa camisa de Maria, un cadrado con raias, e os brazos, dous rectángulos......
E que o ilustrador, André Letria, saíuse, tal parece que estaba a pensar n@s nen@s de infantil e dixo:
-¡Esta vez imonos divertir!, e abofé que o conseguíu.
Nós levamos toda a semana divertíndonos con María e a súa sopa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario