Diario da Veiga
Choveu tanto que a nosa veiga quedou toda asulagada.
Hoxe a terra xa se bebera case toda a auga e fomos ver como quedaran as nosas plantas.
Moitas leitugas e berenxenas estaban enterradas e algúns pementos doblaron, pero os calbacíns, os tomates e as couves resistiron todos dereitiños. Os xirasois aproveitaron tanta auga para brotar por todas partes e o augacate que plantamos o curso pasado, aínda que coas follas un pouco feridas, aguantou.
Mándámoslle aviso á Bruxa do Campanario para que vaia compoñendo un feitizo de cuidado para a veiga, que boa falta lle fai.
3 comentarios:
¡Vaia! ¡Qué peniña dá!
A ver se chega o bo tempo e seguro que as plantas recupéranse pronto.
Biquiños!
Agora van vir uns días de soliño, a ver si reviven esas plantas e podedes facer unhas ricas ensaladas.
Bicos.
Agora van vir uns días de soliño, a ver si reviven esas plantas e podedes facer unhas ricas ensaladas.
Bicos.
Publicar un comentario