Diario da veiga
Esta foi unha fin de semana intensa.
O venres pola tarde Darío, que xa vai en quinto de Primaria, inaugurou o seu blog:Dous en Vide. É un proxecto que vai levar con Adrián, o su amigo.Estiveron toda a tarde dándolle voltas e "programando".
O sábado o pai de Marta instalounos o encerado dixital na aula.Agora só falta que a mestra aprenda axiña a "funcionalo"- esta nelo, está nelo-.
Pola noite, todas as pandereteiras , mulleres e nenas, fomos ó serán de Angudes e , como sempre, pasámolo moi ben cantando tocando e bailando.Entre unha cantiga e outra falamos de Darío e Adrián e acordamos que o vindeiro "Xoves de A Dúas", haberá película para os máis pequenos e para os maiores un "obradoiro blogueiro".
Por algo din que:
....somos as de Vide
o sol do condado....
Eu mentras, collo a pandeireta e cantolles:
"Axudaime compañeiras
botademe unha axudiña
que non me podo axurade
desta miña gargantiña"
1 comentario:
Xa contaredes que tal foi o serán, eu ensineille a miña sobriña o "Pirimpimpin" e Mateo axudoume en tan importante tarefa.
Bicos
Publicar un comentario