jueves, 10 de abril de 2008

Parabens a você

Hoxe pola tarde celebramos o cumpreanos da nosa biblioteca. A Dúas cumpríu un ano.E celebrámolo por todo o alto.Como sabíamos que lle gusta moito a maxia- ten unha amiga MEIGA para levar a conta dos libros- xogamos con ela a facer maxia, e un amigo seu, o mago Tino, fíxonos maxia "on line".
Houbo moitos regalos: cartaces feitos con patatas máxicas, libros,o CD da Señora Carmen, bizcoitos, un proxector.... As pandereteiras tocáron para ela, e sopramos a súa vela nunha ENORME tarta de chocolate.
E tod@s, nais,pequen@s e maiores cantámoslle a cantiga de aniversario que nos ensinou o pai de Yoel e Noemí:


Parabens a você,
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida.

Hoje é día de festa
cantam às nossas almas
para a menina A Dúas
uma salva de palmas

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns á Dúas e a todas as que facedes posible que nos sintamos tan preto de vós, a pesar da distancia, grazas a esta xanela pola que cada día entramos no voso marabilloso mundo.
Apertas dende Fene!!!!

Marta dijo...

¡Parabéns! ¡E que cumpla moitos máis!
Biquiños!