lunes, 28 de abril de 2008

Tocando o piano con Edorta


¡Que maravilloso xeito de comenzar a semana!
Pola mañán fumos ata As Neves porque no auditorio, esperábanos Edorta co seu piano de cola.
Os nenos e as nenas estaban nervosos, levábamos unha semana preparándonos. Escoitaramos música de piano, puxeramoslle unha letra nosa a "Baby Mine" da película Dumbo para cantala, por suposto vimos a película, buscamos en internet imaxes de pianos e escoitamos como soaban, aprendimos a escribir PIANO, pero hoxe....¡hoxe tocaron o piano! e hoxe, ¡o pianista tocou só para eles!

Pasará o tempo e o que fixemos na escola pode que se esqueza pero dificilmente esquecerán o día no que Edorta lles ensinou a buscar o Do no piano, o día que cantaron mentras Edorta os acompañaba ao piano....e non digamos o "descomunal" rok que bailaron no escenario mentras Edorta tocaba.

Gracias Edorta por regalarlles aos nenos e nenas de Vide unha mañán inolvidable. E gracias ás nais por facelo posible poñendo o voso tempo , e os vosos coches, a disposición da escola.

2 comentarios:

Marta dijo...

¡Qué ben o pasades! Qué cousas máis chulis facedes.
Bicos!!

Unitaria de Vide dijo...

Ola son Edorta:
O ledísimo e abraiado da "actuación" de onte son eu. Os nen@s non so se portarón moi ben senón que tamén me ensinaron moitas cousas. -Teño de confesar que eu tamén estaba un pouco nervoso ao principio pois nas miñas clases non teño xente tan nova, pero grazas a ele/as e a esa estupenda "directora" que estivo ahí en todo momento para axudarme con todo, penso que a cousa deu para que entre tod@s pasasemos un rato moi bonito e que servise ademais para vivir novas experiencias para todos.
GRAZAS.