
Onte inauguramos un novo blog, O Diario da veiga e colocamos o enlace na barra lateral
Este blog escríbeno as nenas e nenos, contando o seu traballo na veiga.
E facemos asi:
Antes de sair a traballar falamos do que imos facer ese día e como o faremos.
Cando estamos traballando fora, sacamos algunha fotografía.
Logo na escola, entre tod@s construímos o texto e Sabela escríbeo nun cartaz.
As tres persoas que lle toque ese día- temos unha lista coas quendas- copian no blog o texto.
Mentras , os demáis, vemos no ordenador as fotogradías e escollemos as que imos poñer.
Sabela se encarga de subir as fotos e correxir o texto máis tarde.
O día seguinte, á entrada, nen@s e nais abrimos o blog e nos felicitamos polo ben que quedou.
2 comentarios:
Qué boa idea rapaces!!! Vaia ensaladas van sair desa veiga!!!
Bicos a todo/as.
Unha idea xenial, sen dúbida!!! Noraboa por esta iniciativa tan interesante!
Biquiños!!
Publicar un comentario