un blog para compartir, explorar, aprender...unha porta que mulleres de Vide abrimos na Escola Unitaria para escribir e ler no mundo mentras deixamos que o mundo entre na nosa "aldea total" A UNITARIA DE VIDE FOI PECHADA O 30 DE XUÑO DE 2015. ESTE BLOG QUEDA COMO RECORDO DA SÚA ACTIVIDADE
jueves, 27 de marzo de 2008
Xoves de Van Gogh
Xoves de chuvia con Van Gogh.
Cambiamos o paseo que tiñamos programado para sementar xirasoles por quedarnos con Van Gogh na Biblioteca A Dúas. Chovía, pero Á Dúas encheuse de nenas e nenos pintando, visitando o museu virtual de Van Gogh, comparando láminas, adiviñando o título dos cadros, xogando ás pistas...E os máis pequenos disfrutaron explicando TOOOODOOO o que sabían a uns maiores que miraban para eles coa boca aberta pero sen decir nin mu. É que, como dixo David:
- Estes maiores non saben nada, profe. Mándaos a ver a peli das Tres Mellizas.
E Saray, que XA ten tres anos,cando o obradoiro de pintura, dícíalles:
- A cor laranxa tedes que facela vos, e a verde tamén. Estades avisados. Si non sabedes me preguntades a min.
E houbo "unha maior" que fixo un descubremento mentras miraba o vídeo:
- AAAAAAAhhh, por iso se chama "la oreja de Van Gogh"!!!!!!!
E todos os pequenos fixeron ssssssssssssss!!
Pasou o tempo pitando. Pero cando xa marcharan todos decateime de que NINGÚN dos maiores levara prestado un libro.
En fin. Será que tiñan presa e marchaban "ahitos" de tanta sabeduría.
E eu quedeime mirando para o cadro "Noite estrelada" e ¿sabedes?. Escoitei como Neruda me dicia:
Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Escribir, por ejemplo: "La noche está estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos".
El viento de la noche gira en el cielo y canta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
E a min que de seguro que tamnen me darian unha lección eses nenos e nenas sobre vangog, que non sei nin como escribilo. Que sorte e que envexa! Queria estar alí, e de paso voltar a ser nena, e levar contos da duas, deses que se abren e se convirten en labirintos onde temos que buscar un punto, ou o numero 2, deses ou doutros.
Grazas aldeatotal por emocionarme, por facerme sorrir. É un pracer.
Publicar un comentario