Hoxe, como estamos en ABRIL LIBROS MIL, decidimos comenzar a facer un libro para a Biblioteca . Un libro de seres máxicos. Uns son amigos nosos, outros non tanto. Pero é importante coñecelos a todos porque si andas por Vide ou pola escola, podes atopalos.
A Bruxa do Campanario é a máis importante, e vai ir na primeira páxina.
Fixemos moitas “fotos “ dela, pero escollimos a que fixo Iván , porque saíu moi guapa.
A Bruxa do Campanario vive no campanario da igrexa de Santa María de Vide.
É unha bruxa sabia e xenerosa. Sabe miles de feitizos, pero os mellores son os “feitizos para cuidar” e os feitizos para “resolver problemas”. Tamén están os “feizos sorpresa” que dan alegría e fan rir.
Si marcha de viaxe, a Brasil por ejemplo, deixa os feitizos pegados nas campás, e cando Edu, que é o encargado, ponse a tocar as campás, os feitizos se soltan e comenzan a funcionar.
Si as campás din:
Don, don, don….. saen os feitizos de cuidado.
Pero si din:
Talán, talán
Talán, talán…..os que saen son os feitizos para resolver problemas.
Os feitizos sorpresa saen cando as campás soan así:
Tántalan, tántalan,
Tántalan , tántalan….
O ano pasado David, que aínda era pequeño, non podía dormir porque había un monstruo no pasillo da súa casa. A Bruxa do Campanario ensinounos un feitizo e axudounos a resolver o problema.
Si un neno ou unha nena berra moi alto: ¡¡¡¡BRUXA DO CAMPANARIO!!! e logo da tres palmadas, o monstruo queda pechado no “Castelo das nubes de lonxe”, de onde non poden sair ata que se fan bos e prometen non dar sustos nunca maís.
Cando os maiores que xogaban ao fútbol romperon o freixo do patio, a Bruxa do Campanario fixo un feitizo de cuidado e tod@s poidemos ver como o freixo se recuperaba. Tamén cando imos de paseo levamos un feitizo de cuidado para que os camións da mina se aparten de nós. Este feitizo só funciona se imos pola beiriña da estrada.
E a Bruxa danos moitísimos feitizos sorpresa. O tobogán, a casiña, o xogo das pistas cando as acampadas de verán, o video…..Noemí e Lucía din que a Biblioteca A Dúas, foi un feitizo sorpresa da Bruxa do Campanario. ¿Será posible?.
2 comentarios:
Que sorte tedes en Vide por ter unha "Bruxa do campanario"! Hai que falar con Edu para que toque ben forte esas campás!
Bicos a tod@s.
felicidades por agasallarnos con esta historia....isto que fas si que ten perspectiva de futuro, é unha ledicia, é moi agradable descubrir o traballo que hai eiqui....
Publicar un comentario