martes, 27 de enero de 2009

Paz, y despues Gloria

¿Sabías que Gloria Fuertes aos tres anos xa sabía ler, e aos 5 escribía contos e os debuxaba?.Logo os cosía con fío para encuadernalos e facer un libriño.

¿E sabías que aló polos anos 50 organizou a primeira Biblioteca Infantil ambulante que ía polos pobos pequenos levando libros a onde non chegaban por falta de cartos ou polo analfabetismo que daquela existía en España?

Se queres saber máis de Gloria Fuertes podes premer nestes enlaces:

A súa vida

Máis sobre ela

Poemas

Máis poemas

E aínda máis...


Eu de pequena tamén fun a unha Escola Unitaria ,e a mestra, Dona Carmen, aprendeunos un poema de Gloría Fuertes, que aínda lembro:


¿Donde vas carpintero con la nevada?

Voy al monte por leña para dos tablas.

¿Donde vas carpintero con esta helada?

Voy al monte por leña mi padre aguarda.

¿Donde vas con tu amor Niño del alba?

Voy a salvar a todos los que no me aman.

¿Donde vas carpintero tan de mañana?

Yo me marcho a la guerra para pararla



E como os tempos cambiaron tanto tanto, nesta Escola Unitaria veremos un video para escoitar a voz de Gloria Fuertes recitando. Pero tamén estamos aprendendo un poema seu para recitar todos xuntos o venres.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitos de nos limos a Gloria Fuertes cando eramos pequenos e tamén de maiores cos nosos fillos. Ten moita máis miga da que se podería imaxinar en principio.
Bicos dende Arzúa