
Cando en 2003 se producíu a invasión de Irak, Alia, era a bibliotecaria da cidade de Basora. Alia, muller amante dos libros, percatouse de que a biblioteca podía ser atacada ou incendiada e todos os libros gardados se perderían, e decidíu sacalos da biblioteca. Non llo permitiron pero ela foinos sacando pola noite, en carros, e gardounos na súa casa, nas casas dos seus amigos e ata nun restaurante que quedaba ó lado da biblioteca.

A cidade foi bombardeada e a biblioteca incendiada e destruída, pero Alia xa conseguira salvar o setenta por cento dos libros
No seu momento, falouse na prensa de Saad Eskader, director da Biblioteca Nacional de Irak, pero ninguén falou de Alia ata que a unha reportera do New York Times, Shaila K. Dewan que estaba a xantar nun restaurante de Basora, perto da biblioteca,o seu intérprete contoulle unha historia incrible sobre a guerra. E así foi.

O libro “A Bibliotecaria de Basora” de Jeanette Winter, editado en Juventud , cóntanos esta historia real: a loita da bibliotecaria Alia por salvar o valioso fondo da súa biblioteca.
Un libro cunhas preciosas ilustracións para lerlle as nosas fillas ou fillos pequenos ou para que lean sós
No hay comentarios:
Publicar un comentario