lunes, 8 de marzo de 2010

Rita Levi-Montalcini

Esta semana recollemos o testigo da Biblioteca Ies Val do Tea
e adicaremos unha entrada cada día a UNHA MULLER, para acercarnos a ela, recordala e agarrar a súa man recoñecéndoa na longa fileira de mulleres que construiron, reconstruíron e inventaron a nosa identidade.

E comenzo cunha muller extraordinaria, que dentro dun mes cumplirá 101 anos. Medica neuróloga, italiana sefardí, premio Nobel de Medicina en 1986: Rita Levi-Montalcini.
Neste enlace podedes informaros da súa biografía, Biblioteca da Universidade de Cantabria e nestes outros ficaredes asombrad@s da súa lucidez .

Entrevista na BBC cando cumplíu 100 anos

Rita Levi cumple 100 anos

E de remate este video cunha entrevista realizada cando tiña 96 anos.
Unha muller miuda e XIGANTE,optimista, feminista, solidaria, activista......






"Sempre pensei que a muller estaba destruída porque o home impoñía o seu poder pola forza física e non pola mental. E coa forza física podes ser maleteiro, pero non un xenio. Sigo pensando o mesmo"
Rita Levi-Montalcini



No hay comentarios: