martes, 9 de marzo de 2010

OLIMPIA DE GOOGE

Cando era nova e estudiaba a Revolución Francesa eu imaxinaba a Olimpia de Gouge subida a unha tribuna diante da Asamblea, falando da enorme inxusticia que supoñia excluir ás mulleres dos seus dereitos sociais e da cidadanía, mesmo me parecía escoitar as risas e os berros dos "compañeiros revolucionarios" mentras Olimpia, impasible dicíalles:

"O dereito é para todos, homes , mulleres, negros e blancos. Non pode haber revolución verdadeira mentras existan seres humanos esclavizados!"

Que muller tan extraordinaria OLIMPIA DE GOUGE!

Naceu en 1745, filla dunha lavandeira e un carniceiro e casou moi noviña cun home moito maior . O seu nome era Maríe Gouze, pero ao quedar viuva aos dezaoito anos, decide nomearse a si mesma. Négase a ser a "viuva de Aubray", escolle un novo nome, Olimpia como a súa nai, e marcha a París onde vivirá dos seus precarios ingresos como escritora e participará no movemento social rovolucinario.

Ridiculizada e despreciada polo seu feminismo e os seus intentos de organizar ás mulleres, non se arreda, e publica en 1791 o manifesto titulado Declaración dos dereitos da Muller e a Cidadana, tomando como modelo a Declaración de 1789, que excluía ás mulleres.

Pagará un precio: a guillotina.
Na sentencia dise: "esqueceu os asuntos do seu sexo para misturarse nos asuntos da República".
Anos despois, sesudos doctores elaborarán profundos estudios de siquiatría sobre o comportamento "anómalo" de Olimpia .

Quero crer que hoxendía , cando se fala da Revolución Francesa e do seu sufraxio "universal", tamén se fala de Olimpia de Gouge.

1 comentario:

IRENE dijo...

POIS NON O CREAS. NO INSTITUTO DA MIÑA FILLA É MAIS O MENOS EN HISTORIA COMO CANDO ESTUDIABA A MIÑA NAI. A HISTOIRA BEN MASCULINA, AGÁS RAIÑAS.