" Xa verás, é unha muller que paga a pena coñecer. Foi guerrilleira e é mestra. Cando tiñ

E nisto entrou por aquela porta unha muller, xa maior, cunha boina na cabeza, ergueita, envolta nun abrigo capa e arrastrando unhas muletas como quen leva unha bandeira. Sentouse con nós e cunha voz forte e ronca comenzou a falar dos dereitos do pobo, dos dereitos das mulleres, do importante que era a cultura... eu que sei! nin me acordo do que nos dixo, pois eu estaba como nun soño, mirando para ela .
Sempre que volvía a Lugo contábanme novas de Enriqueta: que si conseguira rehabilitar varias escolas, que creou unha asociación de veciños, que montara un centro de información para mulleres, que fundou a Asociación O Carriño e ía polas aldeas e pobos.... e que morreu en 1989 sen renunciar a ningún dos seus soños.
Ao puco de chegar eu de mestra a Vide entérome que un profesor do Instituto, Anxo Rodríguez, está a escribir un libro sobre a vida de Enriqueta Otero. O libro foi publicado en 2005: Letras Armadas: As vidas de Enriqueta Otero Blanco.
Gracias Anxo, por traernos de volta a Enriqueta, a mestra guerrilleira, e facer un pouco máis dificil que poidamos esquecernos dela.
1 comentario:
Acabo de coñecer a unha gran muller. Grazas por presentarma.
Publicar un comentario