Con Maruja Mallo e o cadro que máis nos gustou dela,"Muller con cabra" mira ti por onde,descubrimos que as palabras poden cambiar só por UNHA LETRA.
MALLO/ MILLO
CABRA/COBRA
CAN/CON
e aprendimos tamén unha letra nova, a J, que coñecíamos só por JOSÉ ÁNGEL.
Pero tamén nos gustaron outros cadros dela:
"Sorpresa do trigo", porque o trigo nace das mans da muller, e
"Cabeza de muller negra", que ten forma de corazón.
2 comentarios:
Encántame esta entrada, seguirei atentamente o voso traballo. Agardo impaciente os debuxos maruxamalleiros d@s rapac@s de Vide.
Maruxa Mallo: para min, unha referencia na arte. A primeira entrada do noso blog de Novidades é dunha biografía dela, o traballo Metade muller, metade marisco, o meu agasallo de reis deste ano.
¡Quero ver eses debuxos!
E grazas por lembrala. A ela, que sufreo o esquecemento máis deliberado.
Publicar un comentario