lunes, 23 de noviembre de 2009

Violencia de xénero

Gracias a Gracia de Trafegando Ronseis podemos achegarnos a unha moi boa recopilación de videos que denuncian a violencia contra as mulleres.

Aqui deixo un dos que máis me impresionaron:.



E unha reflexión:

Se nos achegamos aos cartaces, videos, campañas ... que enfrentan este xeito de terrorismo seguimos observando como sobre todo, van dirixidas a nós, as mulleres: DENUNCIA!, DI BASTA! APOIÁMOSTE! ,TI PODES!.....Non estou en contra pero...e que podemos denunciar, dicir basta, buscar apoio e EL aínda así nos quita a vida, por iso penso que seguen a ser poucas as campañas na que a mensaxe vai dirixida aos agresores e cando o fan, paréceme a min que lle falta "algo" de contundencia .

Dous exemplos:

Este video, cuarto premio do Concurso "-es+" promovido polo Ministerio de Educación.



Á moza, a sociedade dille:" Te apoyamos". Ben. Ao mozo dille: "Te miramos"
¿Como? SÓ MIRAMOS PARA EL???????????. O méu estómago protestou o que pudo.

Neste outro video do Ministerio de Igualdade, da campaña "ANTE EL MALTRATADOR , TOLERANCIA CERO" sinto certo desacougo. A sociedade, representada aqui polo grupo de homes , manifesta o seu rexeito do agresor co silencio e a mirada, e cando fala di: "Cada vez que maltratas a una mujer, dejas de ser un hombre"......¿ Reprentación da tolerancia cero??????. Pra min que isto é tolerancia 3 ou 4, baixa si, pero non CERO.



Non sei, non sei...igual é que me sinto abrumada pola impotencia , por tantas mortes, por tantas mortas en vida.

Neste enlace podes atopar recursos para traballar na escola e na casa: COEDUCACIÓN

4 comentarios:

Chispa dijo...

Totalmente de acordo; segue a ser moito máis ca unha asignatura pendente.
Se nos permites subiremos ao noso blog eses magníficos enlaces aos recursos para traballar na aula que tes recopilados ao final desta entrada.
Bicos desde Ferrol e, creo, ata pronto!!

Ronsel dijo...

Moita razón a túa reflexión. Terrorismo cotiá ao que semella nos esteamos acostumando de máis.
Saúdos afectusos

Anónimo dijo...

alguén de 1ºC


HAI MOITA RAZÓN NISO QUE DIS.E QUE UNHA OUSA TAN FEA NON DEBERÍA EXISTIR.

DE ALGUÉN DE 1ºc para un titor especiál animateeeeeeeee!!!!!

pandereteira dijo...

Hai moito que cambiar, por exemplo o modo de tratar este tipo de noticias nos medios de comunicación. Falan dela, nome, idade, foto, etc e EL??? Quen é, por que non sae a sua foto? Quero saber algo máis del a parte de que era un home normal, amable e bo veciño.