O sábado pola tardiña a Biblioteca chamou aos nenos e nenas e as súas familias para celebrar o samaín nunha festa na Unitaria.
E tod@s chegaron con cabazas-cocos- e unha presa de castañas para facer tamén un magosto.
Fixemos as caveiras, comimos castañas, chourizos asados aproveitando as brasas, xogamos.... e logo, xa de noite, fomos colocar as caveiras nos balados e nos cruces.
Como dicia Elena, esta noite as ánimas non ían dar entrado en Vide.
2 comentarios:
¡Que marabillosa tarde terrorífico-festiva!
Unha mestra, unha escola, unha comunidade...¡algo para lembrar!
bicos
Pasámolo terríblemente ben!!! Sobre todo os pequenos que non pararon de brincar (que ben durmiron esa noite!)
Publicar un comentario