lunes, 19 de enero de 2009

O blog deles


Aquí está a primeira entrada do blog "COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE".


Naceu o xoves pasado e por fin podemos presentalo. Tardamos porque levamos unha semana na que internet "ten días", e logo porque non sabiamos pegar a pantalla... menos mal que buscando buscando, demos vía blog informático con Super Screenshot que saca fotos as páxinas web, e, subir fotos ao blog, iso SI que sabemos facelo.

Pois o xoves pasado, foi un día de nervios e improvisacións. Primeiro houbo que acordar o nome do blog, que quedara sen resolver. Menos mal que contamos con novas propostas das bolboretas da escola de Quintela en Moaña, e ao final, "Cousas das nenas e nenos de Vide" deixou fora a "Lobos" e a "Principes e Princesas".

O encargado de día era Carliños e polo tanto tocoulle escribir a primeira entrada. Proxectamos na pizarra dixital e Carlos púxose ao teclado. Xa antes nos contara do que pensaba escribir, pero... ai filla, que presión!

Toda a clase mirando expectante: de Carlos a pantalla, da pantalla a Carlos. Carlos agárrase as mans e mira a pantalla, mira ao teclado, retorce as mans...Dende as mesas empezan a darlle ideas.

- Escribe que somos moi listos.
- Pon que te chamas Carlos.
- Pon que tivemos clase de inglés.
- Escribe o nome de todos.
-.........


...e Carlos, bloqueouse.

Houbo que volver a empezar, mandar calar a tanto "freelance"e organizar un pouco o "momento de escribir"

O proceso quedou así, suxeito a modificacións nas sucesivas prácticas:

1.- A persoa encargada conta na roda do que pensa enscribir, o resto da clase opina e complementa.
2.- A persoa encargada, diante do ordenador constrúe o seu texto, e tódolos demáis, que o van lendo na pantalla da PDI colaboran axudándolle a escribilo.
3.- A profe, eu, si escribe algo, pono en outra cor para que se saiba.
4.- Si a persoa encargada se cansa de estar no teclado, pode pedir axuda á mestra, pero entón vai en verde. Isto vai sobre todo polos máis pequenos.
5.- Si alguén quere acompañar o texto con fotos, etc, pediralle axuda á mestra.


Logo de aprobar este pequeno regulamento, Carliños volveu ao teclado e, xa sin nervios comenzou a escribir, e os demáis a axudarlle coas palabras difíciles.

Quedou la mar de ben.

Tédelo neste enlace COUSAS DAS NENAS E NENOS DE VIDE, tamén no lateral de xeito permanente.

2 comentarios:

pandereteira dijo...

Estou desexando ler ese novo blog!!!

Patri dijo...

Eu tamen estouno desexando. O meu sobriño carlos habíame díto que escribira no ordenador da profe, que lle nacera unha toura. A verdade é que este neno déixame abraiada cada día máis e máis.