lunes, 5 de enero de 2009

cantando os reis

O sábado saímos a cantar os reis por toda a parroquia.Pola mañán preparamos os tractores con ramallos e adornos de Nadal e as 4 e media da tarde estabamos preparad@s. Percorrimos toda a parroquia cantando e recollendo o aghinaldo e rematamos na Casa da Auga con festa rachada. Os pequeniños estaban agotados e nos últimos lugares xa lles costaba cantar.Para animalos dixémoslles que ían sair na "tele" de internet, e como o prometido e deuda, aquí estan, aquí estamos. E.....¡ata o ano que ben!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

outra, outra, outra!!!
de aquí ó disco de platino hai un paso...

Anónimo dijo...

moi ben rapaces

margosiña dijo...

Ola! Son estudiante de Educación Infantil e coñecín a experiencia da Unitaria de Vide antes das vacacións de Nadal a través da súa mestra nun curso ao que asistín.
Quero felicitarvos por todo o que conseguistes e darvos ánimos para seguir loitando pola educación dos vosos nenos/as.
Tamén quero agradecerlle á mestra todo o que nos transmiteu naquelas horas que compartimos. Gracias pola túa vitalidade, polo teu ben facer, polas túa entrega e por todo o que nos ensinaches...
Un biquiño.
Marga

Anónimo dijo...

Muy bueno el coro, si señor. Saludos desde Bilbao.